Hace algunos años, en un bar de Donón, vi un mapa aparentemente antiguo en el que el monte que normativamente conocemos hoy como Xaxán (antes Jaján) venía citado como Gagán. Y se me ocurrió pensar que, efectivamente, esa era la forma de escribir correctamente el vocablo "ghaghán", pronunciado con la peculiar "gheada" morracense.
Probablemente, los normalizadores de topónimos tiraron por la calle de enmedio y sustituyeron las dos jotas del topónimo (que se suponía castellanizado) por sendas "xiz", dando lugar a una palabra no exenta de dificultades fonéticas: Xaxán.
Pues, recientemente, me he enterado por el Faro de Vigo (que ya es mérito enterarse de algo por él) de que hay una sociedad que se llama "Monte Gagán". ¿Podría ser que mi intuición resultase correcta?, ¿y que los fundadores de aquella sociedad estén reivindicando esa característica dialectal del gallego que conocemos como "geada"?
Si así fuese, no estaría de más impulsar una campaña de rectificación en las instancias normalizadoras del gallego, recordándoles que no todas las palabras que incluyen el sonido "j", cuando va seguida de vocal fuerte (a, o), o "g", si es débil (e, i) son castellanización de lo que en gallego se escribe con "x". Algunas, si, otras, no.
No encontrarán a nadie en O Morrazo que, de forma natural, diga Vigo; allí dicen "Vijo". Siguiéndo la mecánica normalizadora, para citar a nuestra ciudad en gallego habría que escribir "Vixo", ¿no?
Claro que, a lo mejor, no. Pero a mí me gusta pensar que sí.
Pues eso.
Critican á Xunta por non multar aos Franco por inpedir entrar na Casa
Cornide
-
Comisión da Memoria Histórica denuncia "pasividade" ante os Franco.
8 comentarios:
Interesante reivindicación, pero hai que entender que os procesos de normalización escrita para facer unha norma culta da lingua nunca acertarán ben, e cando son rápidos como no galego, conlevan erros e distancia cos falantes. Unha distancia un pouco irreal, pois toda lingua estándar está afastada da real en maior ou menor medida. Moitos falan con desprecio do "galego normativo", pero o "castelán normativo" está tan afastado do castelán real da rúa en moitos sitios como o galego normativo o está da gheada. Outro exemplo é o inglés estándar que aprendemos na escola, logo chegas a países que falan inglés, e daste conta de que a xente da rúa non fala como na BBC.
Para min o problema non é a normativa (máis alá do debate reintegracionista), senón que a súa "imposición" coincidiu coa posta en marcha, por exemplo, da TVG, onde non sempre puxeron de locutores a xente coa fonética ou acento adecuado, cos que os falantes se puideran identificar. Ou que non se deu cabida suficiente ás variantes dialectais do galego.
Pero repito, unha norma culta para a escola, sempre será un erro en calquera lingua, pero un erro necesario. Sen dúbida, claro, podería terse feito moito mellor. E non quita que neste caso, o topónimo poida estar mal, algo que descoñezo
E xa que estamos co "ghaghán", ¿non pensarán darlle un tratamento paisaxístico a eses furados que quedaron no monte por mor da vía rápida, verdade?, que sei eu, unhas herbas para que polo menos os desmontes non se noten tanto,... non vai ser, claro
Querido Xos, mucho me temo que, más que zurcir los "furados" de la vía rápida (que ni es rápida ni tiene de vía más de lo que tiene una de esas quirúrgicas para inyectar sueros), están pensando en abrir otros, por aquello de que la vía ya resulta insuficiente (como sabíamos todos y sabían ellos, antes de abrirla).
Y como hemos repetido aquí hasta casi la saciedad, la política de vías rápidas en las penínsulas de las rías gallegas, además de una atrocidad es una estupidez. Sólo sirve para justificar más "inversiones" multimillonarias para "dar de comer" a constructoras "amigas", que algo se quedará en el camino.
Pero de recurrir al desarrollo sostenible a base de potenciar el transporte marítimo, nada, que eso no deja margen alguno y sale por cuatro duros.
En cuanto a la normalización lingüística, tienes razón en eso de que cualquier idioma coloquial acaba por distanciarse del normativo y oficial. Pero aquí estamos hablando de un topónimo que, según lo expuesto, no debería codificarse con "x" en su forma escrita. Sinceramente, creo que, como dices, hay mucho de precipitación y de "ingenio" de andar por casa a la hora de galleguizar la forma escrita de algunos vocablos.
Está claro que debe escribirse Monte Gagán. A xente pronuncia Monte Ghaghán por gheada, algo que é absolutamente normal no Morrazo, e non por castelanización dun inexistente Xaxán. No Morrazo loitouse bastante por eliminar da escrita a forma hipergaleguizada Xaxán e hoxe, nesa península, xa case ninguén escribe -nin di- Xaxán.
Ademais, o Concello de Moaña participou no Proxecto Toponimia de Galicia, e recolléronse todos os seus microtopónimos, que foron revisados pola Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia para aprovarse unha forma escrita correcta e OFICIAL para cada un deles. Pois resulta que aprobaron a forma Gagán, que conta, xa que logo, con rango de oficialidade e é, polo tanto, a única forma correcta e oficial. E a elección foi correcta, pois Gagán é a forma etimolóxica e ademais a única usada polo pobo, tanto antes (documentación) como agora (fala viva). A xente pronúnciaa con gheada, non por castelanismo. E así como din ghato pero escríbese gato, din Ghaghán e escríbese Gagán. Nada máis natural e lóxico, feito que se dá en innúmeros topónimos, por iso extraña que durante anos se vivise esa absurda polémica, por parte, todo sexa dito, de grupos nacionalistas que querían ser máis galegos que ninguén, e no fondo caían no extremo oposto: ver influencias castelás onde non as hai: paranoia.
Ben é certo que en Lalín hai unha parroquia chamada Xaxán, pero o Gagán de Domaio, por moi parecido que sexa, non ten nada que ver etimolóxicamente.
Repito:
-A xente, os falantes que conservaron viva a nosa toponimia din Gagán /ghaghán/.
-Historicamente aparecía sempre como Gagán (ou Gagao, na Idade Media).
-Etimoloxicamente provén dun étimo tamén con G-.
-E a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia determinou hai tres que a única forma oficial do topónimo é Gagán, de acordo cos puntos anteriores.
As cousas son como son e non como lles gustaría a algúns que fosen. ¿Ou acaso é menos galego Gagán que Xaxán? Non caiamos no extremo da famosa Xandriña, que é unha barbara hipergaleguización de A Ghandriña, de Gandariña...
Saúde.
Gracias, Odoario, pola precisión. O meu foi únicamente un achegamento intuitivo e non me detive na procura de documentación.
Sen máis información que a deductiva supuxen que Gagán era máis correcto, e ca "galeguización" do topónimo, facendo "x" do que era unha gheada típica do Morrazo, non era máis ca unha traslación automática de "J" por "X".
O que eu tampouco sei é por qué se segue a chamar (na fala e na escrita) Xaxán ó monte Gagán (con gheada, of course).
Gracias, de novo, pola puntualización. Tomo nota e insto á célula de topónimos enxebres de VB a que, en adiante, fale como é debido e o escriba correctamente.
Gran aclaración, certamente. Pois Gagán.
Un dos casos máis chamativos que vin de hipercorrección foi preto da Estrada, na pontella sobre o río Gallo. Durante moito tempo, un sprai "normalizador" emperrouse en colocar "Río Galo": ata tal punto foi convincente o do sprai, que cheguei a ver, tempo despois, o sinal xa oficialmente reformado co suposto topónimo correcto "Rio Galo". Claro que o correcto era rio Gallo (que se galla, cunha forma de forquita). Afortunadamente, o sinal volveu ao seu lugar lingüístico axeitado.
Que carallo puido pensar o que pensou que un rio pode ter o nome dun quirico!
Aínda lembro ó finado de Lodeiro, que se reivindicaba non como español nin como galego, senon como "dos pobos do estado español", dicindo "Xitler" cando falaba do Fürer.
Publicar un comentario