IX ÉPOCA

31.8.09

Convirtamos os parkings en depuradoras.

O saneamento xunto coa dispoñibilidade de auga potable é unhas das condicións básicas para manter un modo de vida saúdable. Cada vez son máis frecuentes as noticias sobre a insuficiencia do tratamento das augas residuais. A nosa cidade, sen contar as emisións non contraladas, manda diariamente ó mar 166 millóns de litros de auga contaminante que produce... a propia depuradora do Lagares!
O problema é ben coñecido e pon a ría de Vigo en perigo de colapso. Ademais cada vez hai menos tempo para evitar as multas europeas.

A incompentecia e irresponsabilidade das administracións é manifesta. En primeiro lugar porque xa está claro que a Xunta de Feijoo vai empregar a construcción da nova depuradora para atacar a Elena Espinosa e tamén a Abel Caballero . Xa sabemos que o único que lle preocupa a Feijoo é colocar a Rajoy en Madrid e a Corina en Vigo. Para todo o demáis chega con falar do buraco finanacieiro do bipartito para non asumir a financiación que lle corresponde.


Pero tampouco o Concello fixo os deberes como agora llo recorda a Consellería do tedio ambiente. A vixiancia dos verquidos, competencia municipal, segue sen facerse e non coñecemos nengunha sanción nos últimos tempos. Por outro lado, o sanemento tampouco foi un gasto prioritario do Plan Zapatero. Asi que camiñaremos por beirarruas de granito pero a auga que vai por baixo seguirá sen depurar.

E para máis, do único que falamos é dunha desas solucións miragreiras que agachan a súa debilidade detrás do seu desmedido tamaño. A macrodepuradora lonxe de garantir un tratamento eficaz das augas residuais introduce unha inseguridade total ó facer depender todo o proceso dunha única instalación.

Fartos xa de tanta incompetencia e peloteo, Vigoblog ven de facer unha analise das posibles solucións de emerxencia que a cidade ten para remediar o problema. Adiantamos as principais conclusións:
1. Reparto masivo de chocolate e arroz con vistas a conseguir un retraemento xeneral da deposición fecal. Trátase dunha medida de impacto limitado (non afecta ós verquidos industriais) Contraindicado para a sáude pública.
2. Recuperación dos "pozos negros". Ainda enmarcada no título xenérico de recuperación patrimonial non pode extenderse en todo o tecido urbano.
3. Seguir como estamos. Esta é a medida escollida polas administracións pero como se sabe non soluciona nada.
4. Elaboración e difusión do vídeo "Vaia cagar de campo". Tralas últimas experiencias non é aconsellable gravar máis videos.
5. Obligar as empresas a predepurar os seus verquidos realizando o control necesario das súas emisións ós colectores xenerais. Medida altamente recomendable. As empresas alegarán que estamos en tempos de crise pero poderían ter axudas dentro das medidas de cambio do modelo productivo impulsadas polo presidente Zapatero. Reforzo das industrias especializadas en depuración.
6. Separación de augas fecais e pluviais. Medida urxente que debe ser o obxectivo do segundo Plan E.
7. Construcción dunha rede de depuradoras de formato medio. Medida a incluir dentro do segundo Plan E. Aleganse dificultades de localización pero Vigoblog suxire que se convirtan os parkings de prazas invendibles en depuradoras soterradas.

Todos sabemos o que hai que facer. Por que non se fai?

1 comentario:

Raquel Lopez dixo...

Una idea encomiable. Y si no quieren llevarla a cabo nuestros representantes políticos (gestores de lo común), entonces que construyan depuradoras debajo de las plazas: América, Porta do Sol, Estrella, Paellera...
El tratamiento de todas las aguas residuales es el mayor problema que tiene hoy nuestra ciudad, y no el ensanchamiento de aceras.