IX ÉPOCA

18.1.06

Un pouco de educación, por favor.


A educación é un deses temas que anima ós noso politicos a poñer a voz trascendente e xurar polo maís sagrado que todo depende dela. A continuación pasan a prometer que os seus desvelos irán destinados á asegurar moita calidade e o mellor servicio posible para a súa nación, rexión, autonomía, cidade, concello (tachese o que non interese).
Tódalas solemnidades parecen virse abaixo ó dia seguinte das eleccións e , nalgúns casos, a súa práctica se encarga de negar e mesmo contradecir as anteriores proclamas. Vexan senon o recén e retrasadamente presentado presuposto do Concello de Vigo. O capítulo de Educación ven de ser alixeirado nuns 1 226 000 € , o que supón unha merma de mais do 11%. Sobran palabras.
Alguén podería pensar que o Concello non ten competencias neste aspecto e polo tanto, non é importante. O caso é que, entre outras, o Concello debe manter tódolos centros de Primaria Públicos. Den unha volta e comprobarán que o que sobran son necesidades.
Tamén é certo que o Sr López- Chaves non debe ter moitas iniciativas que levar adiante a xulgar pola cantidade de retraso que leva a actualización da súa parcela na web do concello. Nin tan sequera poidemos atopar información sobre o Consello Escolar Municipal, órgano que parece traballar na clandestinidade, aínda que, según poidemos saber, ven de celebrar un duro debate sobre se a guía de centros , publicación pagada con cartos de todos, debe incluir ós centros privados concertados. Parece que o Sr. Concelleiro, defensor da paridade Privada-pública, prefiriu deixar as cousas como estaban no que se refire á información impresa. Na rede, sen embargo, xa os inclúe de forma vergonzante (só o nome e sen información complementaria)

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Os presupostos municipais en Vigo son unha trapallada, entre o que aproban e o que executan hai un mundo cheo de modificacións, transferencias variadas, convalidaciones de gastos irregulares... O PP só presenta os presupostos para facer demagoxia utilizando a prensa para divulgar que a oposición non aproba as súas fantasías animadas, pouco importa o seu contido e coherencia real. Claro que para vestir os grandes investimentos tipo Agustín Arca nas parroquias teñen que vestir o santo para que non cante demasiado rabuñando millonciños en gastos "non productivos". PPmarketing Corina "Perly" Porro.

Anónimo dixo...

Estou de acordo con Lopez Chaves O concello debería facer publicidade dos centros privados concertados incluindo tódolos datos: tipo de concerto, cuota legal a pagar, custo do transporte, das actividae complementarias "voluntariamente obrigatorias", custo do uniforme , sistema de selección do alumnado, etc. ¡ Anímese Sr. López Chaves¡ ¡Transparencia!

Anónimo dixo...

Sen esquecer a "doazón"

Anónimo dixo...

En los presupuestos que presenta el Concello disminuyen un 11% los fondos para Educación...Por otro lado prefieren que en la ETEA no se utilice para la cidade do mar, un centro dedicado a la investigación y otros temas del mar, y también al aprovechamiento por parte de los ciudadanos (piscina,...).
Ya vemos que todo lo que no sea ladrillo en esta ciudad no tiene cavida. Así nos va a la mayoría y así les va a unos pocos....