Hoxe toma posesión da Presidencia da Autoridade Portuaria un político ao que coñecemos desde hai tempo. Non mercería falar unha palabra do tema se non fose porque vai dirixir - sen ter acreditada a súa valía para o posto -unha institución moi importante tanto económica como urbanisticamente. No discurso que vai pronunciar non poderemos escoitar cousas como
"...e como é sabido, farei da transparencia o principio rector da miña actuación, poñendo a disposición pública todos os datos referentes a esta institución e aos organismos que dela dependen."
" ...e seguindo aquí tamén o exemplo da nosa compañeira Dores de Cospedal, farei do emprego o obxectivo primeiro garantindo a igualdade de oportunidades no acceso. Temos que acabar cos nefastos tempos donde os apelidos de coñecidos políticos e políticas locais aparecían sempre na nómina mensual."
"...debemos profesionalizar o porto e apartalo de prácticas despilfarradoras que convirten a esta venerable institución o mesmo nun plató televisivo que nun parque temático."
Ainda que o discurso que máis nos gustaría escoitar sería máis curto:
"Alberto, gracias, pero eu dimito"
Ningún comentario:
Publicar un comentario