IX ÉPOCA

17.1.10

¿Tiene hora? Sí, miércoles


Como Gamela es pertinaz y ha escogido, con muy buen tino, dar la vara donde hay que darla, me di una vuelta por la blog de Santidomínguez por ver si había repuestas a anteriores preguntas. Y las hay.

Antes de nada quiero recomendar encarecidamente la lectura (tediosa pero ilustrativa) de esta iniciativa concejil, porque casi no tiene desperdicio. No haré más comentarios a lo que transcribo porque me parecen innecesarios:

Pregunta Gamela:

Santi precisaríamos unha xustificación de gasto no Casco Vello ?

196.000 € (seica era o prezo para iniciar o expedente de expropiación)

500.000 € (seica pagaron os “intermediarios financieiros” por meterse no medio)

1.575.000 € será o prezo que pagaremos tódolos vigueses por esta broma…?

¿Por qué os cartos públicos están para encher os petos privados?

Sintoo pero NUNCA o entenderei… máxime cando se fai dende o BNG…

SantiDosio S.L. (será o futuro?)

———

RESPOSTA

Aprezado Gamela:

Polo que dis penso que non estás ben informado a respecto do que proceso que se ten seguido para a adquisición dos edificios nos que se vai crear a Pinacoteca municipal na rúa Abeleira Menéndez. Cando falas de intermediarios financieros non sei a que te estás a referir. Se insinúas que alguén se levou 500.000 euros por mediar na operación o único que teño que dicir é que é absolutamente falso. O proceso que se seguiu foi en todo momento transparente e contou con todos os informes esixidos polos técnicos municipais. Se alguén ten probas de que houbo algunha irregularidade o que ten que facer é ir a denuncialo diante dun juíz, non semetar sospeitas que o único que parece é que persiguen desacreditar un proxecto que vai ser fundamental na recuperación do Casco Vello coa que o BNG está absolutamente comprometido.
O proxecto da Pinacoteca non é ningunha broma. Da resposta a unha vella demanda da cidade que contar cun espazo no que poder amosar os fondos do Museo de Castrelos que hoxe están gardados nun almacén. Vigo conta cunha das mellores coleccións de pintura galega contemporánea que están agochados. Pero como dicía antes esta dotación cultural vai ser unha peza determinante para a rexeneración do barrio antigo da cidade, especialmente da parte alta. Insisto non é unha broma, é un proxecto serio, riguroso e cunha finalidade cultural e social clara.
E por último, direiche que teño moi claro que os cartos dos vigueses e as viguesas son para reinvestir na mellora da cidade e da súa calidade de vida. Así actuei e actuarei sempre na miña actividade pública. O prezo que se ten pagado por eses tres edificios, entre eles un pazo que ten un valor patrimonial moi importante, non o puxen eu, nin o concelleiro de Patrimonio, fixáronno as tasacións de dúas das empresas tasadoras con maior reputación do Estado. A variación que existe entre a primeira e a segunda tasación feitas obecede basicamente ao tempo que pasaou entre unha e outra, pero creo lembrar que a variación era de menos dun 6% sobre a cifra inicial. ¿Ti pensas que dúas empresas diferentes e con recoñecida traxectoria no mundo da tasación poden coincidir e sobretasar unhas propiedades como alguén trata de facer crer? Insisto en que houbo absoluta transparencia nesta adquisición e que se alguén dubida de que así sexa e conta con probas que o demostres o que debe facer é denuncialo. Eu estou moi tranquilo, porque sei ben que se cumpriu escrupulosamente a legalidade.
Un saúdo.

Pero antes ya le había contestado a Erasmo, preocupado también por el precio de los inmuebles adquiridos para la Pinacoteca.

Pregunta Erasmo:

Non te parece que 1.701.000 euros é algo moito…
para gardar uns cadros que antes tíñamos no soto de Castrelos…?

Seica chegaron os Reis Magos ao Concello…?

——–

RESPOSTA

Amigo Erasmo:

A cantidade que o Concello de Vigo pagou pola adquisición de tres inmobles en Abeleira Menéndez, un deles un pazo cun valor patrimonial moi importante, non o fixou o Concello, nin o BNG, nin eu. Fixouse dacordo coas tasación de dúas empresas tasadoras, recoñecidas pola súa solvencia, que dacordo cos valores do mercado definiron cal era o prezo que había que pagar. Todo o proceso que se seguiu na adquisición deses inmobles fíxose con absoluta transparencia e con todos os informes técnicos municipais perceptivos. Sei que hai xente que non está interesada en que o proxecto da Pinacoteca vaia adiante, porque vai sr unha peza fundamental na recuperación e dinamización social do Casco Vello. Debe ser que non lles gusta que, por fin, no noso barrio histórico as cousas estean cambiando.Quero tamén aclarar que non se vai facer para gardar uns cadros que están nos sotos de Castrelos. Vaise facer para poñer en valor e darlle o lugar que se merece a un dos fondos pictoricos máis importantes que existen en Galiza e que, lamentablemente, ata o momento non se poden contemplar na súa totalidade.

Unha aperta.

¿Qué diríais ante un diálogo como el que sigue?:

--¿Podría decirme qué hora es?
--Miércoles; ¿alguna cosa más?

Santi, Santi: que aquí parece que alguien te está acusando de algo muy grave. ¿No sería recomendable que, como atinadamente dices, acudieras presuroso al juzgado para presentar una querella por injurias o por calumnias o por lo que sea?
Porque nosotros seguimos insistiendo (con la documentación aportada hasta hoy) en que de transparencia, nada; de tasación ajustada al edificio en cuestión, nada, y de sospechas de enjuague, todo.
En todo caso, creo que no tendrás que esforzarte mucho porque ya la Fiscalía anda preparándose para aclarar judicialmente muchas de estas cosas, que lo sé yo de muy buena tinta.
Perdonen las molestias y permanezcan atentos a sus pantallas.
Estamos trabajando para ustedes.


8 comentarios:

Gamela dixo...

jajaja Pois cala que agora vaille vir enriba unha BOMBA coa posición do IGEA e Quintana contra a fusión das Caixas...

Seica agora Quintana deixa co cú ao aire a SantiDosio S.L. e dalle a razón a Abel Caballero...?

Isto ponse moi interesante... eu pagaba por verlle a cara a Paco Rodríguez...!!! auuuuuuuuuuuu...

http://www.farodevigo.es/galicia/2010/01/17/instituto-presidido-quintana-opone-fusion/403522.html

Será que está a espertar un "nacionalismo" con cabeza ?

Ou será só un efecto dos xuros pendentes de pago da campaña electoral ?

Veremos...!

E séguense admitindo apostas... Santi responderá en VB ou non responderá...?

Conste ca media de agarda no seu blog ven sendo un mes ou mes e medio para que responda... así que PACIENCIA moita PACIENCIA !!!

Saúde!

Marcos Andión dixo...

Gamela: el metal está ya, al rojo, sobre el yunque. Creo que sólo habrá que aplicarle martillo.
Lo de Santi es, cuando menos, fascinante:
En julio dice que se ha comprado el pazo de Arias Taboada por 1,85 millones de euros y lo confirma el órgano oficial del concello.
Ahora alega transparencia y, tras asegurar que el precio de la compra "non o puxen eu, nin o concelleiro de Patrimonio, fixáronno as tasacións de dúas das empresas tasadoras con maior reputación do Estado", se olvida de mencionarse a sí mismo como excelso tasador porque, con mucho menos aparato que las dos tasadoras, él ya había calculado el precio casi exacto cuatro meses antes, en julio.
Y si no fuera porque la tasación de Tinsa tiene fecha de 31 de octubre todo podría encajar.
Dice un aforismo nórdico que el diablo mora en los pequeños detalles.

Marcos Andión dixo...

Una precisión. El informe de Tinsa incluye la referencia de haberlo realizado en agosto. En este caso, habrá que rebajar la categoría premonitoria de Santi, porque sólo se habría adelantado un mes al anunciar el precio.
Como te digo una co' te digo la o'...

Anónimo dixo...

¿No podría ser que el tal SANTI tenga poderes de adivinación. y que dijera la cifra de 1.850.000€ para que la tasadora no tuviera tanto trabajo y la factura por su trabajo fuera menor?. Todo con la intención de ahorrar dinero al Ayuntamiento.
Cuando lo veo en los medios me da la impresión de que tiene una BOLA entre las manos.

NOGUEROLES dixo...

el sarampion mamá es muy contagioso.

Anónimo dixo...

O que chama a atención é que o Santi continue no cargo despois de isto. É incomprensibel que a dirección do BNG non o cese dun xeito fulminante.
Este concelleiro tivo a habilidade de desfacer o BNG de Vigo. E ainda que pasou dos oitos concelleiros que tiña o Castillo a cinco que acadou co Efecto Santi, continua na poltrona. Parece que non lle gusta o colexio.
Dende logo con esta xente que non conten cos que votamos nacionalista. A min enganoume unha vez e iso é a súa culpa, e xa non me engana máis, esta vez seria a miña culpa.

Vigoblog dixo...

Voltaire-Vigo, as normas de publicación en VB están para cumprirse. Informa e opina fundamentadamente, pero elimina as alusións meramente persoais ou seguiremos borrando os teus comentarios.

Gamela dixo...

Por se queres máis respostas evasivas... aquí te outra:

Resulta que o buque insignia do BNG en Vigo está en mans da Delega do Goberno do PP en Vigo...?

Cousas veredes...!

http://blog.santidominguez.com/opina/#comment-3924