IX ÉPOCA

11.10.09

Os arquitectos de Vigo son humanos !!!!

Xa sabemos que un dos espectáculos máis denigrantes da condición humana é a loita pola migallas, polo reparto da miseria. Pois ben, a crise inmobiliaría acaba de pinchar a cómoda burbulla onde se atopaban eses profesionais liberais de prestixio que viñan sendo os arquitectos. Agora, cando o movemento é mínimo e as tarifas blindadas polo seu colexio profesional non se cobran, os arquitectos vigueses intensifican a súa loita polo reparto do pastel. O acceso á obra pública - única que mantén un certo nivel- aparece como un dos detonantes pero a recén inaugurada sede colexial é tamén obxecto de confrontación. Esta obra participa dos delirios de grandeza que os poderes sociais tiveron na década pasada. A mesma leria que o Porto, a Praza do Rei ou a Cidade da Cultura. Arquitectura insostible nun tempo en que ata os grande gurús como F. Gehry falan de arquitectura verde. E non poño en dúbida que o traballo de Irisarri e Piñera non cumpla cos cánones da arquitectura sostible, o problema esta na financiación.


Teño que confesar que me deixo levar pola envexa que sempre lle tiven a este gremio cando disfroito con este intercambio público de "golpes". Que si a ti te contrata máis o Concello, que por que non pode un arquitecto local facer a estación do AVE, que tiñas que ser máis crítico co poder , ....


Pero o que produce máis ledicia é ler unha de aquelas reinvindicacións dos tempos de transición,:


"Sería más lógico un sindicato para defender nuestros derechos en lugar de estas estructuras tan arcaicas"


Entrañable. Totalmente de acordo, pero cantos afiliados ía ter o tal sindicato? En fín, penso que teremos que agardar algunhas décadas para que institucións clasistas e obsoletas como os Colexios Profesionais ou a Sociedade General de Autores queden no vertedeiro da historia.

1 comentario:

Galopin dixo...

¡Pobriños!! Danme una pena... 350 euros al año de cuota es una pasta, si señor. Aunque algunos se los gasten en una cena y las correspondientes copas una noche de viernes cualquiera.
Lo del sindicato es buena idea, aunque tenga reminiscencias "franquistas". Por-tela de secretario general ¿nonsí? Y el parking de la sede sindical lleno de Porsches 911, Audis y BMW's. Precioso.
¡¡Otra tropa mais!!