IX ÉPOCA

25.10.09

En Vigo si hai metro

A extrema discreción con que a alcaldía de Vigo leva adiante proxectos de indudable trascendencia para a cidade leva a que algún medio do norte de Galicia aproveite a ocasión para ningunear a nosa cidade. Desta vez é o caso do metro. Na edición de hoxe do citado medio afirman que Vigo non ten proxecto para Metro. Bastaría repasar a hemeróteca para ver a cantidade de proxectos pagados e ben pagados que esta cidade ten arquivados. Vexan senón este que corresponde a época en que un tal Pérez Feijóo erá vicepresidente da Xunta.

Iste outro corresponde ós tempos de Porro e Touriño.

Por non sacar os de Cuiña (d.e.p.) e Príncipe ou os de Goicoechea Oriol, alias Talgo.
Pero desde que Abel Caballero está na alcadía estase a levar adiante a construcción do metro de Vigo no máximo secreto. As discretas negociacións con José Blanco auspiciadas pola concelleira virtual Carmela Silva foron claves neste proceso. O acordo con Fomento posibilita que a Miñoka e a Lebre, as tuneladoras que levan meses perdidas polas fonduras da cidade, estén perforando os túneles. Cando todos pensan que avanzan a razón de 20 ou 30 metros diarios, a realidade é que as tuneladoras teñen xa perforados varios quilómetros das liñas 1 e 2 do futuro suburbano vigués.
Por outro lado, seguindo coa política de recompra de concesións posta en práctica coa biblioteca no auditorio, a alcaldía está a punto de rematar a adquisición dos parkings vigueses. Despois da manobra de despiste escenificada coa fracasada venda de prazas de aparcamento, Vigoblog está en condicións de afirmar que o Concello adquirirá e reconvertirá a maioría dos aparcamentos en estacións de metro e intercambiadores. Esta redacción tivo acceso o informe de situación das obras onde se dan os detalles das duas primeiras liñas que se nada se torce serían inauguradas nos meses finais da lexislatura.
Esta información pode servirlle ós colegas do diario do norte para entender as enigmáticas palabras de Abel Caballero que citan na información:
«el día que se decida que Vigo tenga un metro, el alcalde lo hará saber».
Gracias, Alcalde.

4 comentarios:

Remo dixo...

Moi bo informe(coma sempre), moitas grazas!! Pro, esquencéuse-vos o máis importante: a data da inauguración. Segun-do datos infiltrados, a pesares desa "extrema discreción con que a alcaldía de Vigo leva adiante" o asunto, a data da inauguración seica está prevista pra un 30 de Febreiro po-la mañán cediño.

Saúdos!!

Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Luis Viqueira dixo...

Je,je,je muy buena la ironía. Ahora en serio ¿os parece que abramos un debate sobre el tema? Empiezo yo, lo cierto es que cuando Caride era conselleira paso algo parecido, dijo que no habia ningún estudio, cuando en realidad si habia el del metro ligero de Principe y el de Feijoo, aunque este último hecho con prisas ante la inminencia de las elecciones. Ahora ni al propio Feijoo ni a su conselleiro le valen y se vuelve a empezar de cero. Si quieres paralizar algo crea una comisión. Esta claro que Vigo necesita una alternativa para su movilidad pero yo no tengo tan claro que esta tenga que llegar a traves de un metro "clasico". Lo expertos dicen que estos deben construirse en ciudades cuya poblacion oscile en torno al millon de habitantes. Quiza habria que explorar otras alternativas como el metro ligero de Oporto, con una combinación de tramos enterrados con otros a cielo abierto.

P.d.: Anonimo a lo suyo, con la complacencia de VB que recuerdo habia dejado claro en su momento que no se permitiria el uso del blog para cuestiones personales. Menos mal.

L. Pardavila dixo...

Efectivamente, falando en serio, é necesario poñer a atención nos servizos de cercanias do tren para eliminar da cidade unha chea de coches e dar máis axilidade o transporte público. As cercanias serviran , sobre todo, para vertebrar a area metropolitana e ademais serán a solución para redimensionar os aeroportos galegos e tamén a universidade. Pero seguimos colgados do AVE e dos metros electorais.