IX ÉPOCA

14.10.09

Carta a un taxista de Vigo

Estimado taxista:
Non vaias pensar que che escribo esta carta porque ando resentido por aquel rodeo que me deches para ir a Balaidos. Nin tan sequera estou cabreado pola merda que bota esa emisora que levas sempre sintonizada. Hai tempo, tamén, que decidín non ter en conta a túas fundadas opinións sobre todo o que se move. Xa conseguín viaxar no teu coche con cara de poker para que non me amargues o día.
O que me sacou da miña poltrona pasota foi verte con outros colegas atrancando as rúas para protestar polos “vitrasas” gratis de Conxemar. Mira que puseches a parir ós do metal porque non te deixaban traballar. Se por ti fose xa tiñan que ter sacado á división acorazada para poñer unha pouca orde. E agora tí tan contento “a atrancar las calles, que no pase nadie”. Claro que ti vas en coche.
Vouche confesar que non tiña moita esperanza de atoparte entre os defensores dunha cidade limpa e sen coches pero sei que acabarás mercando un coche “híbrido” e máis tarde un eléctrico porque as cousas son como son e non terás máis remedio. Iso, desde logo, só a farás para seguir defendendo un transporte individual que xustificado en caso de urxencia non pode ser un impedimento para o desenvolvemento do transporte colectivo.Como ves non teño moito aprecio polo teu gremio: sodes un pouco mafiosos cos vosos empregados, coas licencias e nas vosas protestas.
Pero, acouga , pois con quen estou definitivamente cabreado é co Presidente da Rede de cidades polo Clima. Hai que ver a cara que se lles puxo ós seus colegas do todo o pais cando viron que se botaba para atrás no dos vitrasas gratis. Había uns dias que lles pedira, el, o Presidente, que renunciaran ó coche oficial un día á semana. E xa ves, non poido, con tódolos argumentos ó seu favor, cunha manifestación de taxistas!!!. As súas conviccións non chegan para tomar unha medida tan limitada como dispoñer buses gratis durante tres dias. Pode presidir a Rede de cidades polo Clima alguén así? Pero que estamos a facer nesta cidade polo Clima?
Para acabar hei de decirche que teño un amigo que dí que non todos sodes iguais e eu creollo, pero debe ser que ando baixo de fortuna e, mecago en tal, sempre te atopo a ti na parada.!!!
Ata a próxima carreira.

4 comentarios:

Galopin dixo...

Como no publiques este post en la Cope o en el "faro", o en último caso en ese diario deportivo que pone una foto de una chavala en la última pagina, me temo que "los ángeles del volante" no se van a enterar. ¡Total pa'qué!! Estos van a lo suyo, Zapatero dimisión y que pena que se murió Encarna.
¡¡Joo que tropa!!

Xa mo dixo teu pai dixo...

O ideal dun taximetrista non é o servicio público, é que se nos rompa a todos o coche.

Anónimo dixo...

los "pesetas", si hurgas un poquito te darás cuenta que la mayoría lleva como minimo doce horas sin parar de currar, de lunes a sabado, teniendo que aguantar conduciendo a todo lo variopinto de esta ciudad, con su conductores estresados, sus caos, sus peatones cruzando donde y como les pete, y sus clientes que no entienden como llevas la cope, que no pasa nada por escuchar radios no afines, coño ....., aunque esto no es justificación, porque trabajos hay y bastante peores, pero la fama que llevan creo que no es del todo justificada, que como en todos los lados, alguno saldrá chorizo y te intentará sacar alguna carrerita, pero veo mas generalizado estos chorizos en otros lados y eso si que son autenticas morcillotes, con buena fama y al cargo de instituciones que representan toda una ciudad.

Anónimo dixo...

Enhorabuena por esta entrada Sr Pardavila. La semana pasada hice la firme promesa de no volver a coger un taxi de Vigo. Cuando esté en el aeropuerto buscaré al de Mos o me iré en autobús.
16 EUR por ir de Peinador al IFEVI, y no se les cae la cara de vergüenza a estos mafiosillos de poca monta, profesionales de palillo en muela y protesto contra todo. Es que hay que joderse, vamos.
Aprovechando que tengo una furgoneta de 7 plazas, a partir de ahora pararé a todo aquel que vea un taxi ofreciendole transporte gratuito si me pilla de camino.
Y lo de Caballerete, para llorar