IX ÉPOCA

8.4.09

Reconstrucción creativa

Ven de celebrarse na nosa cidade o VI Congreso Mundial da Reconstrucción Creativa no Pazo de Congresos de Bembrive. Se a pasada edición, no 2038, xa fora un éxito de contidos e asistencia, a de iste ano superou tódalas expectativas. De novo poidemos contar con representantes de tódolos estudios de arquitectura e departamentos de urbanismo e ruralismo do mundo. Vigo confirma deste xeito a súa posición de avanzada na reconstrucción creativa.
O tema central deste pasado Congreso foi a recuperación dos espacios soterrados que serviu para que a cidade amosara as diferentes solucións aportadas nestes cinco últimos anos. Os congresistas, guiados polo Catedrático emérito Jesús Irisarri, poideron ver o Paseo de Cristal, chamado popularmente “pecera”, donde a placa que cubria a rúa Alcalde Caballero (antes Urzaiz), a rúa ViceAlcalde Domínguez (antes P- Sanz) e a Porta do Sol foi substituida por unha lámina de metacrilato de alta resistencia que permite o paseo a dous niveis habilitando un espacio peonil singular. O xogo de luces interior unha vez elimindas as columnas primitivas crea unha sensación de benestar que se multiplica nos recunchos de descanso donde non faltan plantas e mobiliario.

Os asistentes tamen admiraron o estanque da Avda. Presidente 009 (antes Castelao) donde a inundación do antigo parking coa súa prolongación ata a praia de Samil permite unha conexión mediante barco desde a Praza de América, conectando así co servicio integral de Ria e permitindo que, por exemplo, un veciño de Moaña poida chegar ó Balaidos Stadium en menos de 20 min.
No marco do Congreso, o alcalde en funcións, David Regades, inagurou unha das obras máis polémicas e innovadoras da cidade. Trátase da “Old people’s net”, un conxunto de residencias para persoas maiores situadas en lugares emblemáticos da cidade : Rúa Rosalia de Castro, Montero Rios, Pza Fernando Católico, etc. Seguindo o principio de “cada praza de garaxe, unha habitación” e cun presuposto reducido, a concesionaria Saint Joseph Constructions habilitou 3450 prazas para maiores de 50 anos que poderán ocupar habitacións individuais, dobles e triples con servicios comúns de cociña, limpeza, asistencia médica e sicolóxica, fisioterapia e perruquería. Pesía ós problemas iniciais cos defectuosos cristais polarizados que pemitian a visión no interior das habitacións desde a rúa, a rede de resisdencias vai ser ocupada na súa totalidade quedando máis de 4000 persoas en lista de espera. D. David Regades, felizmente restablecido da súa última afección reumática, quixo quitar importancia as críticas que sinalaban a prematura introducción dos vellos baixo terra e sinalou que esta obra é unha homenaxe a tódolos aqueles que pacientemente seguiron as obras na crise do 2010.
A presenza de alguns membros do colectivo de ex-vixiantes do Casco Vello que denunciaban o deterioro desta zona da cidade asi como unha pancarta da asociación “Aboféqueoutrovigoéposible” pedindo a rehabilitación dos centros comerciais, foron as únicas notas discordantes do evento.
Temos que felicitar á empresa Mapi & Sons & Curmáns pola perfecta organización do Congreso e agradecemos a sesión adicada a Vigoblog no apartado de arqueourbanismo donde os nosos compañeiros e compañeiras do ano 2009 foron destacados pola súa anticipación na solución de problemas que tiñan afogada a cidade. Para eles vai o Premio Jules Verne recollido na ceremonia de clausura por un empregado de SEUR que a penas poido reprimir as bágoas diante do aplauso unánime do Congreso posto en pé.

2 comentarios:

C.L. dixo...

E...Cando organizan outro congreso pra recuperala "Ciudade do Deporte",onde todo eran campos e bosques e agora todo é formigón e asfalto?....ou alomenos que pranten algunha árbore!...e de paso que pranten algunha tamén no "Polígono Tecnolóxico e loxístico", que dende que o fixeron (hai máis de 30 anos onde eran bosques), non prantaron nin medio, só quedaron os que xa había a veira do río da Barxa e ata os deixaron secar, o mesmo que o tal regato.

Andrea a do Outide dixo...

Ola!
E, que pasou ao final co da "Universiada", concederonlla a Vigo ou non?...é que despois de tantos anos intentándoo e tanto gasto, non sei en que quedou a cousa. E que desde que a alcaldesa Corina desaloxou de alí (de onde fixeron a "Cidade do Deporte") aos veciños que levavan toda a vida vivindo alí, o mesmo que xa estiveron os nosos antepasados, co pouco que lle deron a meu pai pola casa e o lugar non podía mercar outra casa e tivo que vir pra Canarias a traballar na hostelería. Xa non quiso saber nada máis de todo iso. Eu xa nascín aquí en Canarias, temos un hotel gañado co sudor de meus pais e gustaríame saber que foi do sitio donde estaba a nosa casa. A última nova que teño é que seica estaba todo privatizado.