IX ÉPOCA

4.4.08

Vigo Bello +



A cidade véngase coa luz, ás agachadas, cando o día esmorece. Cos compoñentes axeitados vaise desvelando, perfila a súa escala, declara e reclama contundente as formas, golpea cun sinfín de portasdaire e xunquillos ás olladas incrédulas. Por un momento é Oporto, atlántica e mariñeira. En lugar de avergoñarse das costas e esixir ascensores, proclama aos catro ventos e ao solpor a súa natureza terrea, Castro primixenio abaixo. E amosa orgullosa, como tódalas grandes cidades , a súa catedral, homenaxe en formigón á nai nutricia, ao pan noso de cada día que algúns, ignorantes e duros de corazón e de ouvido, queren demoler.
Onte mesmo.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Seica a beleza se resiste a marchar de Vigo, malia os intentos dos "ladrilleiros" por botala fóra. Bonitas fotos, tomadas desde o cariño, como alguén dixo por aí abaixo.

Anónimo dixo...

E..., qué me decides deses almacéns que hai instalados enriba do mar?...Qué carallo pintaban no peirau de reparacións unha empresa de chorro de area coma a do Rosendo ("VIGRÁN", coido que se chama, a que ardeu; alomenos antes estaba onde está o "Toys"), ou o almacén de metais de Andrade que se foi pra Tui, un de mecanizados e tantos outros?... Xa non digamos ese tremendo edificio da Zona Franca. Que vergoña! Hai que ter melindres pra manter iso enriba do mar e pedir máis recheo!!

Anónimo dixo...

Esa mensaxe de enriba non é daquí que é de Bouzas, explaiei-me sen me decatar. Despois pásoo pralí.

Bon, xa que estou....

O queu sempre digo, e que non vos pareza mal: Vigo é moi bonito dende as vistas de lonxe, a cada que te vas arrimando máis perde, agás algunha excepción coma a que nos amosa Pablo (saúdos!)

Falando desa imaxe onde se ve o castelorristorant, perfeutamante prescindivel aí no medio desas árbores, na Semana Santa viñeron uns amigos cataláns e coma con todos os de fóra que me visitan, vou-lle ensinar as maraviliosas vistas. Pois quedaron maravillados, como non podía ser menos (e iso que non chegaron a ver o solpor por mor da climatoloxía), e horrorizados co castelo ese preguntándo-se como poideron permitir unha cousa desas nesa paraxe, claro que visto dende riba con eses amendados tipo alpendre, parés máis o despropósito dos despropósitos.

Saudiños!