IX ÉPOCA

14.4.08

Algo falla

Pena de cámara!. Foi antonte. Na cidade abandonada dos domingos un cento de persoas, entre eles moitos nenos e nenas, celebraban algo. Ali na pista do Areal, fronte ós senlleiros edificios do ensanche fracasado, xogaban, berraban e rían . Unha mesiña protexida cun parasol, algúns globos e unha bandeira (de Ecuador ou Colombia?) marcaban a solemnidade do acto. Colgados con pinzas vinte debuxos infantís representaban esceas infantís. Nun folio grande había un escrito que comezaba " La organización de Estados Americanos y UNICEF declararon , en1952, el dia 14 de Abril como DIA DEL NIÑO...." Iso era o que celebraban, como se estiverán alá...

Zapatero inventa ministerios e pon un alcalde no de Inmigración e Traballo. Son os tempos que tocan. Inmigración e Benestar quedaría mellor pero só son forza de traballo.

Mentras tanto recolleremos bandeiras para celebrar o restrinxido espirítu olímpico da Universiada. We are ready!.
Are we ready?

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Por suposto. WE ARE READY!. Imos acadar a Universiada. Os responsables da FISU quedaran abraiados co noso Vigo Imparable.
Estades a facer un bo traballo pola nosa cidade.

Tiago Louro dixo...

Si señor. Vanse enterar os tartaristáns de Kazán e os coreáns de Wangju cómo se compite ...
pero ... ¿en qué carallo de competición estamos?:

a) Faros / focos do saber e da cultura mundial
b) Centros estratéxicos mundiais
c) Lugares con maior corrupción instalada nas institucións
d) Países raros participantes en chiste tipo "Están un galego, un tártaro e un coreano ...", por exemplo
e) Lugares que pringan poñendo un pastón para traer un gran circo, de segunda clase, a beneficio dos avispaos afíns locais

Non o teño claro
(¿Pódese poñer máis dunha opción?)

Elvis Tury dixo...

AVISO A LOS NAVEGANTES.
Chus Lago se encuentra en Jerez visitando el zoològico.
¿........?.

Voltaire-Vigo dixo...

Dicen las malas lenguas que la CHUS LAGO, podria estar praticando un "SALTO" de GRAN ALTURA en Jerez, que la pondria en mejor posición que que la Falsa del Opus.

¡¡Manda caralo!!