IX ÉPOCA

6.4.08

Bouzas existe

(ver reportaxe fotográfica aquí)

Abríndose paso cos cóvados para poder ser de novo do mar que a paríu, Bouzas existe. Sen que tampouco ninguén sexa quen de rexenerar como se merece o seu casco de vila mariñeira resiste e ten vida propia, intensa, rueira, apegada ao resto de mar que lle deixaron, por se tal, asediada sempre polo monstruo que ameaza sempre con aterrar ata Punto muíños ou convertir a pequena baía ata o Museo do Mar, nun porto deportivo para gañanza dalgún espabilado que andan por alí xa canso de gañar diñeiro coa nobre actividade do furtivismo e disposto a pasarse a facedor de mariñas a tanto o amarre.
Bouzas ergueu a bandeira contra os recheos e un se pregunta se non é posible trasladar todo o edificio do Consorcio, ou o campo de fútbol a outra parte e evitar así que se sigan merendando o mar a gadoupazos... se cadra ata chegar a Liméns.
Bouzas pervive aínda que a pesar de ter aprobado xa hai tres anos un Plan Especial de Protección, non se note, e o seu edificio durante moitos anos emblema e testemuño da rehabilitación, a Casa do Patín, sexa cada vez máis ruina e ata que caia.
Non sabían os boucenses en 1906 que ese Vigo que absorveu daquela á vella vila, ía ser tan desagradecido no futuro.
Así o vimos onte.

5 comentarios:

Remo dixo...

Nunca pensei, cando de rapaz ollaba bater as augas do mar ao pé do adro da igrés, que aquilo ía ser terra. E aínda menos pensei, cando xa mozo, que pra estira-las pernas e ve-lo estado da cuestión ía por queles carreiriños do recheo (cando aínda quedaba unha "lagoa" no medio), asombrándo-me de canto escombro e trapalladas diversas alí botaban a pesares das protestas, e cando ía saltando por aquelas ropchas e penedos traidos de tantos sitios, ata das canteiras de San Xosé de Prado na serra do Galiñeiro e, vixiado dende o mar, dende a chalana do vixiante (que xa me coñecía) e, cando xa urbanizado todo con aqueles viales lle ensinaba a un sobriño a andar en bicicleta, que alí naquel recheo roubado ó mar ía haber; UN CAMPO DE FUTBOL!!....


Saúdos!

Remo dixo...

E..., qué me decides deses almacéns que hai instalados enriba do mar?...Qué carallo pintaban no peirau de reparacións unha empresa de chorro de area coma a do Rosendo ("VIGRÁN", coido que se chama, a que ardeu; alomenos antes estaba onde está o "Toys"), ou o almacén de metais de Andrade que se foi pra Tui, un de mecanizados e tantos outros?... Xa non digamos ese tremendo edificio da Zona Franca. Que vergoña! Hai que ter melindres pra manter iso enriba do mar e pedir máis recheo!!

Anónimo dixo...

¿Qué seica esta o persoal de vacacios?

havi dixo...

falando de campos de futbol... haberíamos de movilizar para boicotear á "comisión" ou "delegación" que visitará Vigo para o tema da Xiada Universal.
ónde hai que apuntarse?

VOLTAIRE-VIGO dixo...

pablo, seica te puxeche malo na aldea ou que?

Marcos onde estas?

Ana, que foi de tua vitalidade?

Raquel, volta por favor!!

Esto es un sasamparo total.

¿No estareis de vacaciones cabronazos