IX ÉPOCA

12.12.07

Estupideces de Santi

As cidades deben ter día e noite. Alumearse na noitiña coas luces das farolas, das ventáns, dos nosos pasos. Os monumentos foron construídos para ter luces e sombras, distintos tonos e colores co paso das horas. Foron construídos para o bulir dos menceres, as calmas das tardes e os silenzos das noites.
O curruncho de Santiago de Vigo escurecía ben. Uns magníficos arces cóidanse de filtrar a luz e darnos a sensación, cos grandes adoquíns que rodean a igrexa, cos seus pubs e restaurantes tranquilos, de estarmos nunha cidade europea.

Pero as estupideces de Santi e a falta de ideas dos, por outra parte, activos comerciantes da zona, van moi axiña a acabar con isto. Hoxe mesmo reventaban os grandes lastros e escavaban as gavias para meter o cableado que alimentará os focos do insomnio das pedras. Non volverei alí á noite, nin haberá máis fotografías como esta: téñolle agarimo as miñas pupilas e ao meu recordo.

Mentres Santi dálle ao interruptor para encender a súa igrexa (Santiago de Vigo y olé), en Xixón, sen ir máis lonxe, empregan dende hai moitos anos os diñeiros das subvencións de excelencia turística, que aquí se consumen en derrochar watios ou en poñer máis e máis macetas, nunha estratexia intelixente de dinamización comercial e desenvolvemento urbano. Non fai falta máis que pasear por unha e por outra cidade para decatarse cal delas está, nesta e noutras moitas materias, no camiño axeitado e na percura da calidade de vida para os seus veciños.

Por certo, mentres Santi encende outro edificio, os 120.000 euros gastados hai menos dun lustro pola Consellería de Cultura en masacrar con coloríns e carísimos focos algúns "monumentos" vigueses (Casa das Artes, Biblioteca Central, Antigo Concello...) permanecen, afortunadamente para todos, e para o bo gusto, apagados.

16 comentarios:

Anónimo dixo...

Santi trata de aparentar ó que non é, vai de personaxe importante, pero non da a talla.

Anónimo dixo...

Tiramos el dinero público además de contaminar ¿qué más nos da?

Y hablando de lo público...¡¡menuda responsabilidad la del señor Rajoy!!!
Rechaza, para los debates, a la TVE porque dice que es gubernamental (parece que se olvidó de lo que era la de Aznar y su Urdaci...) y acepta debatir en algunas cadenas privadas!!!
De esa manea la televisión pública (¡¡¡de todos!!!) dejará de ingresar un montón de euros que pasarán a manos privadas...
¡¡¡Menudo negoción para otros!!!

¿Qué teme el señor Rajoy?
¿Qué se le puede preguntar en la TVE que tanto miedo tiene?
¿No controlaría el PP el desarrollo de ese debate hasta en sus más mínimos detalles?
¿Acaso los debates en las televisiones privadas pueden versar sobre temas distintos?

¿Cómo le agradecerán las televisiones privadas ese millonario regalo al señor Rajoy?

No tiene vergüenza y el asunto huele a tongo

Anónimo dixo...

En Gijón el subsuelo de la ciudad se está horadando para poder disfrutar de un trasporte público no contaminante y barato: el METRO.
¿Qué ocurre en Vigo? En Vigo también se utiliza el subsuelo pero por las concesionarias de más y más aparcamientos...
¿Adónde vamos?

Anónimo dixo...

Yo también pienso que Rajoy debería debatir en la televisión pública. En todos los paises europeos de nuestro área los debates de los candidatos se hacen en las televisiones públicas.
Parece lo más razonable y evita esas desconfianzas que tienen algunos. Con razón.

Anónimo dixo...

Chama-lle burro ao cabalo! Rajoy sabe como tiñan eles de controlados os medios públicos cando eles mandaban, e agora pensará: quen manda ten o mando.

Anónimo dixo...

dicir que o metro non é contaminante é esquecer de onde sae a enerxía que usa...

Anónimo dixo...

pero contamina bastante menos que los miles de coches que se dejan de utilizar cuando existe. Esa es la conclusión a que se ha llegado tras estudios en ciudades que lo tienen.
A mí, sin duda, me gusta más el tranvía

Anónimo dixo...

Uno que no es del PP, ni de derechas, su "ficha", está ahi, no como la de otros reciclados. Dice, echemos mano de Rajoi, que de lo malo, es lo mejor que tenemos, sino queremos ir al carallo, en los próximos cuatro años, por muchas milongas que nos cuenten, los socialistas y demás.

Anónimo dixo...

...E dalle!!

Anónimo dixo...

Vaia manía co metro! Hai posibilidades de organizar o transporte de superficie de forma non contaminante e máis agradable que andando como as toupeiras. O metro foi unha solución de compromiso co automóbil. Xa non é tempo de tal compromiso. hai que sacar os coches das cidades.

Anónimo dixo...

Pablo, anímote a fedellar neste enmerdado proxecto de todo a 100.

100 sí!!! Pero 100.000 eurazos que vai levar algún espabilado. Vénderenos o proxecto como unha bonita idea de iluminación navideña.Pero iluminación de nadal de qué ano??

Se case non empezaron as obras!! Alguén se está a levar 100.000 euros de todos nós.

Santi Santi... quérote ver o día que a igrexa quede iluminada. A ver se tes os collóns de dicir que esa puta verbena custou 100.000 euros.

Anónimo dixo...

¿100.000 euros de los ciudadanos?
Qué pasada!

Anónimo dixo...

Sí señor. 100.000 eurazos.

E digo eu: Este tipo de obras non terán que ser adxudicadas mediante concurso público? Semella que non, que o solucionaron cun convenio de colaboración cos hosteleiros.

Entón, pediránlle conta os hosteleiros logo de acabar as obras? Non creo.

Nolo venden como unha obra de exaltación da igrexa, cando realmente o que parece ser é unha fuga de cartos públicos sen control. Se tanto lle interesase a igrexa limpiarían o listado de caídos que se ve nun lateral dos muros, e todas as herbas que se ven nos campanarios ¡qué escándalo de matoxos!

Bueno aínda que para iso igual hai outra partida de 100.000 euros.

Pablo Eifonso, ti que eres como o guerreiro do antifaz do dispendio dos cartos publicos, fainos un seguimento desta barbaridade. Estaremoscho agradecidos.

Noraboa por este blog.

Anónimo dixo...

Hy que ver...¡con la cantidad de cosas realmente útiles que se podrían hacer en esta ciudad con esos cientos de miles de euros que se tiran por aquí y por allá!

Anónimo dixo...

Aproveitar para lembrar que polos arredores de Santiago de Vigo ocupábase de negocios de hostelería un dos "asesores" de Santi, un tal Pancho (supoñemos que tamén chamado "el cervecero" pola sua relación con Cruzcampo ou Heineken).

Anónimo dixo...

Vaía. Un dos asesores de Santi ten que ver coa hostalería da zona? Entón xa podemos empezar a contar unha historia que dí ...

Erase una vez un hostelero que se metió a politica y le dijo a santi, oye santi!!, por que no me das 100.000 euros para poner unas bombillas...

Me cago na hostia!!! esto é vergonzante... e non vai haber ninguén que pida contas.