Ia facer balanzo do 2007 pero como vai sair deficitario polo número de asesores deixeino. Total o Tribunal de Contas non se enteirará ata dentro de tres ou catro anos. Ademais xa virán outros e pagarán as débedas.
Ía poñerme a facer plans pero como xa está aprobado o PXOM e Caride vai ter que ir a pasantías de funambulismo cos okupas do Areal mellor deixóo.
Pensei en redactar un manifesto pero como xa están aí as eleccións e todos pagan pola publicidade seguro que non lle ían facer caso.
Decidín alienarme co fútbol aínda que xa sei que sendo o equipo nacional galego lonxe de alienarme entraría nunha comunión identitaria pero como tardaron tanto en comezar acabei na premier league.
Agarrei o tabardo e a gorra e saín dar unha volta para vivir o ambiente de Nadal e atopei unha charanga desas da axencia que contratou Santi, que facia música de.. ¡carnaval! así que voltei para casa correndo.
Busquei unha becaria que me fixera este post pero como todas as nosas son do erasmus resulta que marcharan para Bielorrusia a pasar as festas.
O cabreo subiu cando quixen apostatar por internet e non atopei portal nengún donde facelo.
Asi que tras ter unha pesadelo donde Quintana chamaba a celebrar o fin de ano pola hora galega e Touriño lle daba un cachete agarimoso, decidín celebrar que 2008 xa está aquí para enchelo de historias e con tal motivo levanto as miñas copas cos incríbles, cos in... incalificables lectores deste blog. Saúde!!!
O BNG non descarta negociar co PP para aprobar os orzamentos do Concello de
Ponteverda
-
Presentan unhas contas que soben a 98 millóns, un 3,6% máis, e apostará
pola transición ecolóxica.
3 comentarios:
Saúde, meu amigo Lorenzo!!
O ano que vén traeranos aos de Vigoblog moito choio e moita "visualización"... pero esta vez dos seus chanchullos e desvergonzas.
Feliz ano a ti, á redacción e a toda a peña que nos lé!!!!!
[tal e como fago durante todo o ano, esta noite levarei algo vermello posto, que escasea]
Transparencia, seria informar xq no Concello, dempois da tecnolixia actual, con todo informatizado, menos papeis, etc. -entendedes nón- pois cada dia hai mais funcionarios, asesores, etc., sempre enchufados a dedo, oú da mán dos governantes de turno. Transparencia igoal, cos funcionarios na autoridade portuaria.
20 dìas sin tocar el ordenador.
O sea, desintoxicado.
Empezamos otra vez.
¡Feliz Año Nuevo y pròspero IPC!.
Con el PSOE se vive mejor.
Bicos.
Publicar un comentario