IX ÉPOCA

17.4.06

Illas e bicis.

A dificultade de establecer zonas de alta protección en entornos naturais é ben coñecida. A instauración de Parques Nacionais ou zonas protexidas sempre acarrea unha loita entre os beneficiarios tradicionais e a administración representante , neste caso, das xeneracións futuras. No Parque Nacional das Illas Cies o enfrontamento chegou no momento de ordenar(que non impedir) o acceso das embarcacións privadas. A singularidade do caso é que , en vez de mariñeiros, agricultores ou gandeiros, atopámonos con comerciantes e propietarios de barcos. Para decatarse do ridículo da situación imaxinen que os concesionarios de coches, cazadores e conductores deportivos esixiran o libre acceso dos seus vehículos a Doñana ou Ordesa. Pero ainda máis, o esperpento chega ó extremo de ver encabezando a rebelión ó representante provincial dos empresarios (comerciante de coches, por certo) e atopar como eximio teorizador do libre acceso a Miguel Font, o mesmo que nos ten deleitado coas suas desinteresadas defensas do PXOM. Curiosamente o ilustre representante dos promotores ten que botar man do diccionario para atoparlle significado á democracia e despois de concluir que el e o concelleiro Julio Alonso son os máis progresistas e ecoloxistas do mundo, acaba argumentando de forma infantil que antes de nada terian que eliminar os residuos e mellorar o transporte de alimentos as illas. Ou sexa, que xa que hai cousas mal feitas o mellor é seguir así.
As cousas son moito máis claras: o acceso regulado ás illas vai supoñer un descenso de ventas de barquiños e amarres ben difícil de cuantificar e que afectarán a un grupo ben reducido de persoas pero terá beneficios a longo prazo para moitos propietarios e non propietarios de barquiños. Consulte, señor Font, o diccionario e vexa se esta acepción de democracia está no seu exemplar non vaia ser que se poña a exterminar cucos por votación cualificada.

.
En fin , menos mal que para compensar chegan boas noticias en bici. Temos xa convocatoria de masa crítica ,unha iniciativa mundial de promoción da bici e unha marcha en Navia. Anímense a navegar en bici!.

2 comentarios:

Tiago Louro dixo...

Con respecto ao que ten toda a pinta de pasar, probablemente o máis axeitado sexa quitarlle a ese espazo a calificación de Parque Nacional, demasiada figura de protección para un lugar, e unha xente, que non ten intención -semella que nin vocación- de se constituír en referente destacado na conservación dos valores naturais.
A ocasión perdéuse por non facer unha aposta máis decidida (e agresiva), incluíndo a Costa da Vela e os areais de Barra e Nerga (e a ría de Aldán como preparque), revalorizando os seus productos e entornos naturais. Eso sería poñer en marcha políticas de desenvolvemento sustentable reais e de futuro, que por aquí non se estilan moito.
O do cagasentencias de Miguel Font, simplemente non ten nome.

Anónimo dixo...

Impresentable el asunto de Pescanova con lo del Cabo Touriñan. Son como aves de rapiña, quieren todo. Si prefieren irse fuera que se vayan. tampoco van a crear tantos puestos de trabajo en esas granjas de cría. La ley es para todos