(Parte I) O cambio climático débese só á acción humana? "Hai intereses
políticos e económicos detrás deste 'dogma'"
-
O investigador e profesor da Universidade da Coruña (UDC) Alejandro
Martínez Abraín asegura que "a cuestión do cambio climático está
completamente mediatiz...
IX ÉPOCA
28.12.05
Conmoción electoral
Como sempre a noticia xurdiu arredor dunhas copas. Esta vez foi na discoteca que o ex-cletico Mostovoi ven de inaugurar na rúa Julian Estévez. Valeri Karpin encabezará unha lista nas próximas eleccións municipais. Contaría co apoio de varios ex-xogadores (Michel Salgado, o propio Mostovoi e algúns máis do clan valenciano como Juan Fran) asi como con directivos e ex-directivos dos clubes da cidade. Karpin tería o compromiso de Touza (Voleibol Vigo) e estarían moi avanzadas as negociacións con Enrique Urdiales (figura destacada no hoquei local que abandonaría a secretaria xeral da Consellería de Vivenda). Horacio Gómez, canso da dirección celeste, tamén está interesado na iniciativa e fixo chegar a súa dispoñibilidade. Como é sabido as relacións con Karpín nunca foron boas pero un novo proxecto de estadio-complexo hosteleiro axudaría a superar as diferencias. A experiencia das candidaturs de Leri faríanse notar na organización dunha rede de apoio nas peñas celtistas que recibirán a partir de agora financiación extra do grupo.
O apoio financieiro da iniciativa correría a cargo, fundamentalmente, de ING Real que , como paso previo, ven de adquirir unha parte considerable do proxecto do Barrio de Cura. Os asistentes á reunión da discoteca valoraban moito a presenza deste grupo. A compañia holandesa ten moita experiencia na política local despois de ter sacado adiante a urbanización da Finca do Conde e apoiar a campaña da VOR.
Nas enquisas previas encargadas pola oficina de Karpin (que contaría como xefe de prensa co despedido Eiroa) o resultado mínimo aseguraría a chave do goberno pero o obxectivo de situar a Karpín na alcadía sería factible dado o tirón electoral do cabeza de lista.
Os apoios mediáticos estarían ainda difusos. Faro inclínase por continuar co seu pacto con Corina ainda que as presións desde Santiago son enormes. La Voz está nun compás de espera. O Grupo Radio Vigo apoiaría discretamente. Sen embargo, o grupo ourensan Región-Atlántico ten moito interés na operación como medio de consolidación da súa presenza en Vigo. Karpín só tería asegurado o apoio do gratuito 20 minutos e de Radio Noroeste.
Vigloblog xa comentara a posibilidade dunha nova lista dada a incompetencia de xestión do goberno de Corina e a inexistencia de oposición no Concello. E aquí está o resultado: unha candidatura mediterránea, deporte+ladrillo. Ver para crer.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
6 comentarios:
¡Goooooooooooooooooooooooooool!
Pois eu oín tamén o comentario que, co aval de Urdiales, taméConsultora Galega ía investir na operación; a única condición era que Karpin aumentase o seu galego nun mínimo de 50 vocablos (cantidade que se considera aceptable para gañarse a un sector indeciso do nacionalismo farto das garabatas de Toba).
Polo que contas, a operación parece de calado.
INOCENTE INOCENTE NANANANANA
cuando vi lo de la incompetencia de corina ya supe q era mentira jeje
Está bien visto que EL LADRILLO pega CON TODO. Y lo más 'jodío' es cuando topa con la arrogancia.
Con esto de la mundialización/globalización, esta ciudad se parece, pelo por pelo, a todas las ciudades que tienen mar.
¿Viva la prensa gratuita!
Si Don Pablo Iglesias -salvando las insoslayables distancias- levantara a cabeza mequetrefes....
Ou, sen ir máis lonxe, D. Carlos Marx, Dna. Rosa Luxemburg ou o mesmo Leon Trotski, ¿non si?
Publicar un comentario