A presentación dunha "moción de censura" á xestión urbanistica do goberno do Concello por parte do PSdG fixo recordar minimamente que en toda institución normal debe haber oposición. Curiosamente a moción referíase só a "xestión" e non entraba nos contidos do PXOM ainda que si na incapacidade de xestionalo.
Pois ben, hoxe asistimos a un novo signo que na neboenta situación en que se move a política local viguesa pode presaxiar cambios. Refírome as declaracións do vicepresidente inaugurador da Xunta donde , sen forzar moito, pode entenderse unha mensaxe ó BNG local para que entre en razón e busque o consenso co PSOE na política urbanística. ¿Deixaran os Reis Magos unha nova folla de ruta para o Concello?
Tomé seguirá de alcalde e apunta ao PP como impulsor duna campaña para
desprestixialo
-
Monforte acolleu un pleno bronco que comezou coa concentración de
colectivos feministas.

1 comentario:
Xa che gustaría machiño.
Pero estes non van cambear nin a tiros.
Publicar un comentario