IX ÉPOCA

11.6.14

Por unha política de equipamentos culturais en Vigo

Se afirmo que seguir empregando fondos para abrir un Centro de Fotografía de Galicia no Casco Vello é un despropósito, máis de un botarase as mans á cabeza. Acalmarase algo se lle digo que tal equipamento é só unha ocurrencia dalgún concelleiro ou asesor do BNG nos tempos nos que gobernaba co PSOE en Vigo. Ocurrencia amparada no reparto naquel bipartito con Alcaldía e Tenencia de Alcaldía, dos cuantiosos fondos do Plan E e na circunstancia de corresponderlle ao BNG como "territorio" o Casco Vello.
Será máis fácil de entender a miña postura, se se pensa que a outra gran ocurrencia dese bi-goberno BNG, foi a Pinacoteca. Unha ocurrencia lucrativa para algúns coñecidos de Santiago Domínguez, que, sumando así a la brava, irá polos 4 ou 5 millóns de euros.
Nada e en ningún sitio recollía tales accións de goberno: nin no planeamento, nin en ningún estudo o estratexia previa; había diñeiro, e había que gastalo o mellor posible.
Pero, diranme vostedes, puido ser unha boa ocurrencia...
Vexamos: a Pinacoteca debilitou, se é posible facelo aínda máis, o Museo de Castrelos, trasladando a modesta, aínda que pomposamente autonomeada "Mellor colección de arte galega",  a un local inapropiado e carente dos mínimos imprescindibles para ser chamado nin tan sequera colección visitable. Despois do tempo que pasou dende a súa apertura, o seu persoal redúcese aos seguratas e a un funcionario que ostenta o fantástico posto de "Xefe do servizo da Pinacoteca": sí, créanme, un servizo sen persoal propio, pero con xefe cobrando por isto.
Poderiamos pensar que, bueno, a fin de contas, depende do centro-nai, o Museo de Castrelos que suplirá cos seus medios persoais os que lle faltan á pinacoteca. Pois non: en Castrelos o persoal repítese: outro "xefe de servizo" -o Director-, una técnica moi especializada, Mapi Egea --ben coñecida pola súa experiencia en axencias de publicidade amigas de Corina--, e un par de administrativos e... outra vez os seguratas. Non, non hai nin un mísero conservador de pintura ou de arqueoloxía, as dúas coleccións do Museo.

Dende Vigoblog crémos que é imprescindible poñer  orde ao despropósito do equipamento cultural na cidade. Estamos seguros que pouco se logrará con comisións de expertos -que, maiormente, nono son-, nin con decisións erráticas e duplicidades.
A política de equipamentos culturais, no que se refire ao seu principal referente urbano no Centro de Vigo, pasa por ordear o puzzle existente, no que son pezas importantes o MARCO e os dous Centroa culturais substraídos aos cidadans polo Banco herdeiro da Caja de Ahorros Municipal de Vigo, rescatado polo Estado e vendido ao mellor postor. Por esbozar só algunhas ideas que irmos desenvolvendo noutras entradas:
    - Integrar os fondos dos arquivos fotográficos (Pacheco, Vigovisións, Llanos...) e da colección de arte actualmente na Pinacoteca, no MARCO, formando a súa colección permanente. Os edificios da Pinacoteca e do nonnato Centro Galego de Fotografía, reformalos para vivenda social. Ampliación e dotación adecuada do Museo de Castrelos como Museo da Cidade.
    - Integrar a colección de arte galega da antiga Caja de Ahorros Municipal de Vigo no MARCO. A fin de contas: ¿quen, senon o pobo de Vigo, pagou a súa merca?.
    - Reforzo do carácter de sala de exposicións temporais institucionais da Casa das Artes
    - Devolución ao patrimonio público do Centro García Barbón e do Centro Social Caixanova (Policarpo Sanz). O primeiro, para a súa municipalización e programación cultural do Concello, escolas de música e iniciativa sociocultural. O segundo, cedéndoo, trala súa municipalización, en réxime de autoxestión, aos colectivos e iniciativas culturais de base da cidade, ao estilo de centros deste tipo existentes noutros lugares (ao estilo da Tabacalera madrileña o do desaparecido Tacheles berlinés, por poñer só un par de exemplos).
    - Dotación dunha colección permanente ao Verbum, mediante a súa reconceptualización dende a súa aburrida exposición virtual a Museo da Comunicación con obxectos reais e estructura e programación axeitada. As coleccións accesibles neste momento xa serían:
  • Colección que existía nas instalacións da ETEA, de obxectos, aparelllos e documentos  relacionados coas telecomunicacións da Armada, hoxe repartidos entre Ferrol, Museo do exército (páxina 70 do enlace) e Club Marinetea
  • Colección de máquinas de escribir de Sirvent, que así atoparía un lugar idóneo onde exhibirse permanentemente
  • Colección de máquinas de tipos dalgunhas das imprentas de Vigo que desapareceron nos últimos anos; creación dunha Imprenta clásica municipal para edicións especiais
  • Colección de El Pueblo Gallego, actualmente no arquivo municipal e do Faro de Vigo (que podería depositar esta empresa); coleccións de revistas ilustradas existentes nas hemerotecas da Fundación Penzol e Escola de Artes e Oficios
  • Répicas das pedras epigráficas (estelas e aras do Museo de Castrelos), como referencia das primeiras escrituras viguesas coñecidas
Por que non comezamos por reivindicar a xusta devolución ao pobo de Vigo dos Edificios culturais da desaparecida Caja de Ahorros Municipal de Vigo e da súa rescatada herdeira Novacaixagalicia?

6 comentarios:

Anónimo dixo...

D.Pablo.¿que hará Ud cuando los del bng ya no se aposenten en el concello?
¿le tocará a los de Podemos o a los de AGE?
Que disgusto se va a llevar cuando el sr. Caballero,elegido por dios y por españa y por el susodicho bng, no vuelva a recuncar...

Pablo Eifonso dixo...

A nugalla é mala compañeira; para tranquilizar a súa preocupación: no marco da dereita de Vigoblog, sección etiquetas, elixa a do político ou grupo muncipal que máis raiba lle dea. Lea algo. Daquela levará unha gran alegría ao comprobar que o seu extemporáneo comentario é unha tontería.
Por certo: en que parte discrepa do fondo do asunto que trata esta entrada?

Alicerces dixo...

Subscribo ao 100% as túas teses... Dende o meu punto de vista, o problema de Vigo é que ningún dirixente creu nunca nos beneficios (e non me refiro só a económicos) dun patrimonio cultural ben xestionado: unha cidadanía máis formada, un entorno máis amable,... Sempre foi percibido como un problema e non como unha oportunidade, e mentres non se de este cambio mental, non hai nada que facer. Aquí fixéronse as cousas a golpe de "inspiración" dos políticos ("...estaría ben facer isto...", "...fun a tal cidade e vin isto...",..), cando o que é necesario e un plan director da cultura da cidade: saber dende onde partimos, e ata onde queremos chegar, cunha planificación que vaia máis alá de catro anos vista. De todos xeitos, na túa proposta de rede museística, boto en falta a presenza dun museo arqueolóxico con posibilidades expositivas, dotacións, e evidentemente persoal. O do Museo de Castrelos sen técnicos non sei se é para rir ou chorar. Novamente parabéns polas túa reflexións, comparto nas miñas redes sociais.

Pablo Eifonso dixo...

Alicerce, grazas pola túa reflexión e comentario. Non toquei máis que de esguello o Museo de Castrelos pois quería centrarme especialmente no Centro da cidade e nese sensenso que é o Verbum. Penso que o mellor para as coleccións arqueolóxicas viguesas é un Museo de Castrelos ben pllanificado como Museo da Cidade. Dentro desa planificación debería incluirse a ampliación das súas instalacións, especialmente para albergar arqueoloxía. Esta ampliación sería perfectamente viable cun proxecto singular, ben na zona que hoxe ocupa a rotonda de entrada extramuros (a que esperan para eliminar o tráfico interior do parque de Castrelos?), ben soterrada baixo a gran pradeira que está a unha cota superior, tralos restos do pazo de Concepción Arenal.
Un saúdo

Ataturk dixo...

Unas líneas para apoyar el artículo y proponeros presión sobre la municipalización de los edificios García Barbón y Casa de Arines. La nueva Abanca, antes o despues, no tiene ninguna vocación cultural y en Vigo hace mucha falta retomar las líoneas de actuación, solo en esto, de la antñígua Caja de Ahorros MUNICIPAL de Vigo. Y digo bien claro y alto lo de la dependencia del Concello.
Saludos.
Ataturk.

Anónimo dixo...

Perfecto ,para ahondar más , a veces pienso que con mas voluntad politica ganar para la ciudadania el teatro Fraga , seria genial