IX ÉPOCA

26.6.14

O auditorio Mar de Vigo, 9 anos despois

Era outubro de 2005: Vigoblog facía a súa primeira entrada sobre as primeiros pasos do que logo se chamará Auditorio e Pazo de Congresos Mar de Vigo. Logo fixemos moitas máis: analizamos o proxecto, propuxemos alternativas, describimos e denunciamos o escuro proceso de concesión e os incumprimentos sistemáticos das condicións recollidas nos pregos, laiámonos da cativa programación... moitas liñas escritas e sentimos, de verdade, que o tempo nos dese a razón en todo o comentado. A realidade, de feito, superou con creces as nosas piores previsións e hoxe, a mole de Beiramar é un custosísimo morto no medio da nada.

Unha nada aínda maior, pois nestes nove anos, ao abeiro da crise económica, da tremenda xestión do empresariado vigués e das destructivas medidas contidas para a zona no PXOM, vimos desaparecer primeiro o edificio de Casa Mar -primeira víctima do despropósito-, despois Cordelerías, Frigoríficos del Berbés, Pescanova, Frigodis... inormes edificios industriales, na súa maior parte de interese patrimonial, hoxe patrimonio das ratas.

Hoxe, o edificio de César Portela, que debía ser público e é completamente privado no seu uso e xestión, é unha concesión deficitaria á UTE SACYR-Caixanova (?- Gupo Puentes. Unha concesión que costou moitos millóns de euros aos vigueses na merca e compensacións á propiedade (finalmente aos sindicatos), no proceso de concesión, ao incumprírense os termos do prego de condicións repetidamente, e mesmo antonte, ao aportar novamente o Concello 5 millóns de euros de compensación e ampliar a xa esmorecente concesión. Unha concesión que o Concello de Vigo se verá na obriga de volver a equilibrar con aportacións millonarias, tendo en conta que todas as previsións de explotación da parte comercial son un absoluto fracaso e que a actividade do Auditorio-Pazo de Congresos é ridícula. Todos, agás a parte privada -blindada polo contrato de concesión- saimos e sairemos perdendo.

Un Auditorio e Pazo de Congresos que supón e suporá unha carga que nos vai semellar eterna aos cidadáns sen que, a cambio, podamos disfrutar dos seus servizos e das súas actividades (o Concello, por toda compensación, ten dereito ao uso gratuito do Auditorio 30 días ao ano). Por non extendernos máis, remitímonos tamén á lectura das clarificadoras entradas que sobre este tema publica no seu blog o ex-alcalde de Vigo Carlos Príncipe, coñecedor de primeira man de todo o proceso e que decidíu non ter pelos na lingoa ao falar e declarar sobre este tema.

Agora o alcalde pretende realugar os espazos privados instalando alí, con pagamento con cargo ao presuposto municipal correspondente ao prezo do mercado, claro, equipamentos e actividades públicas. Pagaremos por enésima vez polo mesmo, nunha operación que consideramos, polo menos, irregular.

Hoxe, coma se pasasemos casualmente por alí, voltamos a visitar a web do Auditorio. Para convencernos de que, a pesar de todo, polo menos, unha programación de interese e un uso congresual podería compensar o noso desacougo. Pois non: entre xuño e outubro de 2014, oito espectáculos, na súa maior parte de moi discutible calidade cultural, e ningún congreso.
O que comezou con Bob Esponja, continúa na mesma liña, con tendencia descendente. Aínda lembramos as primeiras discusións sobre as grandes óperas que virían e sobre se se poderían realizar sen foxo nin cuncha acústica!

Difícil solución ten este inorme embrollo no que nos meteron Corina Porro e Abel Caballero. As oportunidades de facer un equipamento público de calidade, situado nun contorno razoable e que servise como elemento impulsor da cultura e o turismo en Vigo, perdéronse o mesmo día no que os que estaban obrigados á defensa do público, puxeron por diante dos intereses xerais, os intereses privados de Caixanova e SACYR. Unha vergonzosa  e ruinosa operación (para o pobo de Vigo, non para eles) que requeríu dunha hábil imaxinación contable de oportunos informes externos e de coxunturais firmones internos.

Que pecado cometeriamos os vigueses para merecer isto!... se cadra, o noso maior pecado foi a indiferencia e un esgotado viguismo que como unha cortina de fume para agochar interes particulares amparados na suposta defensa inmanente dun Vigo que non existe, leva décadas prexudicando gravemente á nosa cidade, e que hoxe volve a ter, como renovado adalid á procura de votos inxenuos, a Abel Caballero.

Deus nos colla confesados...


21 comentarios:

Anónimo dixo...

Vaya racha: no al Centro Gallego de Fotografía, no a la Pinacoteca, no al Jonathan, no al Auditorio.... y sí a la ciudad de los gatos y de Carlos Príncipe!

Sembrados estamos

Voz en off dixo...

Noraboa a Vigoblog polos anos que cumprides e polo gran espazo de debate. Unhas veces concordo con vós e outras non tanto pero gústame moito que esteades aí, enriquecendo o debate urbano

Pablo Eifonso dixo...

Volves estar equivocado, Anónimo. Os que dixeron e din NON ao Auditorio público, son Corina Porro e Abel Caballero: á dura proba dos feitos remitímonos. Se tiveses a deferencia de pasar o mínimo esforzo de lér o noso artigo e navegar algúns dos seus enlacesasí o entenderías. Eles dixeron tamén NON á defensa do interse xeral sobre o interese privado, e, novamente remitímonos á coñecida historia da Concesión, que espero teñas tempo de lér.
Nós levamos eses 9 anos dicindo SI a un Auditorio público na súa propiedade, uso, xestión e programación, ben localizado, coa participación dos sectores culturais da cidade e non da banca e dos especuladores. SI á conservación do patrimonio e actividade industrial da cidade; foron os que apoiaron e aprobaron o PXOM os que dixeron NON ao mantemento na zona de Beiramar da actividade industrial vencellada co mar, ao recalificar de industrial a residencial unha zona industrial consolidada e que non representaba ningún problema pola súa ubicación nin impacto.

Por certo: tes algunha opinión sobre o fondo do asunto?

Pablo Eifonso dixo...

Grazas Voz en Off!: diso se trata, de poder debater en liberdade e contrastar as nosas opinións.
É difícil seguir, por que negalo. Ás veces, ollamos cara atrás, aos centos de artigos publicados e parécenos que xa só podemos repetirnos. Non depende máis que en parte de nós, pero queremos recuperar a opinión de outros e fomentar, a través dos comentarios ás entradas, ou mesmo as colaboracións, un imprescindible debate público sobre política urbana. Demasiadas veces vemos como Vigo é allea ás prácticas xa consolidadas na cultura urbana comunmente aceptada: conservación do medio ambiente e do patrimonio cultural, mobilidade sostible, participación cidadá, accións de rexeneración urbana integral de áreas degradadas, fomento da autoxestión cultural, acción pública contra a exclusión social... E un longo etcétera que se pon evidencia a pouco que un se preocupe de informarse ou de coñecer outras cidades e as súas políticas e realidades urbanas.
Grazas de novo polos teus ánimos e por pasarte por aquí.
Un saúdo cordial!

Anónimo dixo...

Que facil es hablar por hablar.... cuántos años sin auditorio? Ahora el resultado es que la ciudad tiene un auditorio... por fin.

Ah y además de la ciudad de los gatos y de Carlos Príncipe también pedimos "municipalizar" el García Barbón, el Centro Social Caixanova y oye lo que caiga.

Pero mirad como municipalizar significar pagar con dinero de todos yo os propongo una cosa, podeis abrir una cuestación popular para municipalizar lo que os parezca... ya vereis como seguro que la ciudadanía poner los cuartos en masa

Un poquiño de realidad y sentido común que falta hace en estos tiempos

Pablo Eifonso dixo...

Anónimo, volves estar trabucado: NON temos un Auditorio, temos un costosísimo problema polo que estamos (je je, sen cuestación voluntaria, amigo) pagando e pagamos os cidadáns cantidades millonarias... Sen que a administración pública poida utilizalo gratuitamente máis ca uns poucos días ao año. Se a ti che abonda con pasmar dianta da mole de Beiramar repetíndoche "tenemos Auditorio", a nós non: nós queremos un equipamento público (como foi a súa propiedade, iniciativa e financiamento -por concesión-), sostible, cunha programación continua e de calidade. Non queremos seguir pagando, vía equilibro da concesión ou alugueres de "rescate", a irresponsabilidade e malgoberno de quen nos meteu neste embrollo.
Sí, e queremos a devolución do patrimonio que foi da antiga Caja de Ahorros Municipal de Vigo, porque foi adquirido a nosa conta cos nosos aforros. Esa tonta cuestación da que falas xa se fixo durante algunhas décadas e foi utilizada . Unha vez rescatada a Caixanova esa, cos nosos propios recursos, nunha inorme cuestación pública obrigatoria chamada "rescate", queremos que se devolva o que nos corresponde, pero, a diferencia deles, nono queremos para o noso uso privado, senon para cumprir un necesario servizo público.
Mira anónimo: falar por falar é outra cousa, ouh. Nós facemos un esforzo, mesmo responstándoche xenerosamente, a pesar da túa dubidosa retranca (gatos, Príncipe...) por argumentar as nosas posicións.
Unha boa parte dos problemas que hoxe Vigo ten son consecuencia de posicións tan conformistas e acríticas como as que ti semellas manifestar e que crés que teñen que ver máis co sentido común e a realidade que coa sumisión.

Grazas por pasarte por aquí e comentar.

Anónimo dixo...

Anónimo acaba de poner los puntos sobre las íes: después de bastante tiempo sin entrada alguna le tiramos a todo lo que se mueve... con Carlos Príncipe como fuente, jojo!!! Para esgotado viguismo el vuestro.

Anónimo dixo...

Carlos Príncipe y La Voz de Galicia, de la mano de Vigoblog como fuente y brazo mediático respectivamente, jojo, qué nivel!!! Solo falta la ingrata chica de fuera pidiendo el cierre de Peinador para completar el cuadro, dónde andará, purga, cisma...? Una reflexión sobre el tema en particular? Vamos con dos: además de ser el mejor auditorio de Galicia con diferencia es el único que no recibe una subvención directa. Crisis, ni polígono de Matamá para trasladar las empresas, ni préstamos para desarrollar residencial, ni túnel de Beiramar para urbanizar el entorno. La dura realidad no va con vosotros, os estropea el cuento chino (...) que os traéis.

Anónimo dixo...

Un par de cosas más, vos queredes un auditorio que no existe en ningún sitio, o sí...? Público y que no cueste un euro, como cuál, ummmm, no me suena, o es una utopía para largar por largar... Abel Caballero, además de ser el mejor alcalde que ha tenido nunca esta ciudad, es honrado mientras no se demuestre lo contrario por mucho que os rompa los esquemas, cogió una ciudad que daba asco verla en muchos sentidos, también en los intangibles como la autoestima, y la tiene como algunos jamás soñamos ver, y en plena crisis, también espiritual. Puede que esto os tenga tensos, os haga echar mano de cualquier cosa que carlosprincipesca que sea, me hago cargo, así que tomadlo con tranquilidad, y no hagáis afirmaciones gratuita sobre el viguismo que algunos profesamos con mayor ímpetu que nunca. Mal que os pese.

carlos l- anonimo 1- dixo...

Ayer siguiendo las ideas de los "gatunos" pro Carlos Príncipe me puse a "pasmar diante da mole de Beiramar", y haciendo ese ejercicio de fe me puse a decir tenemos auditorio tenemos auditorio... y oh sorpresa había más de 1.000 personas agolpándose en la mole, dije yo no puede ser: la ciudad de "Charly y los gatos" se viene abajo.... y me fui con el pueblo ignorante dentro de la mole , allí estuve 4 horas pasándolo estupendamente en un gran espectáculo de presentación de Vigópolis.... en un marco impresionante... pero me dije yo cuanto ignorante que se piensa que en está en un gran auditorio de una gran ciudad en lugar de preocuparse de los gatos

carlos l dixo...

Y añado... todo lo que escucho son prejuicios ideológicos y de presuntas "élites"... tenemos un magnífico Auditorio con espectáculos para la gente no para cuatro iluminados... y yo también estoy orgulloso de mi ciudad, que está mejor que nunca, renovada, orgullosa de sí misma.... ahora bien desde aquí seguid en la demagogía creyéndoos los oráculos del pueblo eso sí sin tener en cuenta lo que opina -ayer llenazo en el Auditorio- y hablando de nacionalizaciones/municipalizaciony demás quimeras.

A mi no me importa quien lo gestiona sino que tengamos Auditorio y funcione para disfrute de todos los vigueses.

Pero en fin viva la demagogía y ánimo


P.D.: Ya puestos también podíamos municipalizar los edificios del tío Charly (Torres Ifer, Piricoto, Edificio Jacinto Benavente, edificios de Rosalía de Castro, Apartahotes de Samil y un largo etc...

ines dixo...

Ahhh, voy a escribir en castellano, para que anonimo entiendo mejor...LA DE LOS GATOS SOY YO

ines dixo...

Uf, no había leído todos los comentarios.. Creo que ser GATUNA se enlaza con Carlos Príncipe. Aclaro que si, soy GATUNA, "animaluna", en general, pero no soy de Carlos Principe, ni de nadie. Un biquiño para todos y todas.

Nota- Esto de las letras del ROBOT es un suplicio...¿Será para que compremos lupas?

Pablo Eifonso dixo...

Anónimo reiterativo: non necesitas darte tantos ánimos, de verdade. Afórranos, se tes a ben, o autobombo, que só a ti debe interesar e facilítanos o labor entrando só nos temas que tratamos.
Sinto defraudarche, pero non resultas nin simpático, nin gracioso, nin tan sequera ocorrente repetíndo(te) o dos gatos e C. Príncipe. Con iso non aportas nada e só xeras un ruido que impide, a pesar de poñer toda a boa intención, debatir con argumentos o que ti só tentas (só tentas) rebatir con tontunas descalificacións.
Cando te poñas serio (ou, polo menos, verdadeiramente simpático, retranqueiro ou ocorrente) e á altura (non, non fai falta da élite -je je-, senon dun/ha común cidadán/á desconectando o chip propagandístico), adicaremos, de verdade, tempo aos argumentos que expoñas. Co que nos das nonos das nin para aproveitar as túas intervencións para continuar co tema.
Mentres tanto, só queda informarche que, nesta casa, temos a tradición de dar de comer aos trolls só un pouquiño, pero non sempre.
Saúde!

Pablo Eifonso dixo...

Por certo, Anónimo da "autoestima". Hai moitos auditorios públicos en España e en Galicia: constuidos con diñeiro público, xestionados e explotados por unha administración pública ou un organismo autónomo público.
O Auditorio Mar de Vigo é unha concesión privada dun servizo que debera ser completamente público; explotada (é un dicir, á vista dos datos de rendemento) economicamente por empresas privadas, sen contro público e cuxo retorno para a administración é o só seu suposto uso gratuito (relativamente, pois a administración ten que pagar un sinfin de gastos extra en cada uso) 30 días dos 365 que ten o ano. O resto é pura e simplemente privado e, ademais, unha auténtica ruina ao non ser quen a concesionaria de explotar economicamente os espazos previstos para isto no prego de condicións. Do hotel penso que non fai falta informarche, despois da fuxida de Carrís.
Podes consultar os periódicos sobre as reclamacións millonarias da UTE "propietaria" para que o Concello "equilibre a concesión".

A súa programación cultural non só é que sexa pobre (non hai unha programación de calidade para elites e outra máis dixerible para o pobo, ¡clasista!), senon que é ridícula, cun índice de ocupación ruinoso (isto non é opinable, síntoo, tes na xúa web oficial os datos); unha parte importante de eventos de certa envergadura vanse ao IFEVI!.
Máis ruinoso aínda é a ocupación con actividade congresual (remítoche de novo á información oficial).
Aledámonos que a túa sensibilidade quedase satisfeita con acudir un día a un acto nunha parte do edificio (A sala). Ti confórmaste con pouco ou nada: nós, os que pagamos cos nosos impostos as cargas actuais e futuras derivadas do desastre da construcción, concesión e política municipal de antes e de agora, non.

Sabemos que o sabes de xeito directo, pero aconsellámoste seguir a nosa etiqueta "Abel Caballero", por aquilo de ampliar os horizontes sobre o perfil do personaxe, que sempre che resultará un exercizo saudable.

Teu,

Anónimo dixo...

Uno: resulta que el anónimo no es una única persona desconcertada, son al menos 3...

Dos: dígame un solo auditorio público de características similares a Mar de Vigo que no sea deficitario/no reciba subvención anual alguna. El resto, palabrería.

Tres: no pretendo ser simpático (¿?), los temas tratados me parecen muy serios.

Anónimo dixo...

Otra cosa más, me importa bien poco la etiqueta sobre Abel Caballero a la que "casualmente" se une otra que habla de corrupción (¡!) lo que está claro es que hay gente que se dedica a trabajar y hay otra que solo habla y habla y habla y que -a pesar de tener un bagaje intelectual- cree que cuanto más simplifique mejor le irá. renovar la concesión de Jonathan significa paralizar el proyecto de tirar el muro de Samil que el mismo alcalde aprobó, jojo, pero usted a quién quiere engañar...? Lo que hace falta es que medioambiente ponga la pasta que prometió poner, y si no lo hacen qué, cómo les obligamos...? Mientras tanto habrá que ir tirando, no se pongan nerviosos...

Anónimo dixo...

Última, tal vez ustedes crean que la gente se chupa el dedo. Están en su derecho de apoyar a quien quieran, no hace flata tirarle al contrario, así que se pongan nerviosos por Podemos, AGE, BNG, ANOVA... No sé cuantos hay ya, me pierdo, y me da lo mismo porque pienso votar a Abel Caballero, el mejor alcalde que ha tenido y tendrá esta ciudad por mucho que les moleste.

Pablo Eifonso dixo...

Anónimo triple
Non, non coñecemos ningún auditorio que funcione gratis e que non fora financiado por ninguén. Todos son "deficitarios", se se entende que a cultura debe xerar beneficios económicos, cousa que nós non pensamos.
Uns, moitos, son financiados, explotados e xestionados polas administracións públicas directa ou a través de órganos especializados; outros, o de Vigo, explotado a través dunha concesión chea de irregularidades, por unha empresa (unha UTE) privada á que lle pagamos, e desgraciadamente, se non se remedia, seguiremos pagando a súa incompetencia manifesta para xestionalo e explotalo. Non se subvenciona: se lle "indemniza" para equilibrar a concesión e evitar a denuncia dun contrato que nunca se debeu realizar. Se lle amplía o período de concesión sen xustificación suficiente, se lle pretende compensar utilizando con usos de servizos públicos espazos que obrigatoriamente tiñan que ser financiados con recursos de empresas privadas que deberían ter conseguido...

Por último, téñao claro: por definición, o noso, aquí en Vigoblog, é traballar coa palabra (coa escritura), cos argumentos, a crítica e a información. Esa información que non sae nos medios de comunicación local, irregularmente subvencionados por este e polos anteriores gobernos municipais, como temos demostrado en múltiples ocasións en VB -busque na etiqueta "publicidade" no marco dereito de VB-. Pregúntelle ao sr. Caballero pola axencia de publicidade Ecovigo, pola subvención dos programas de autobombo en Localia e Televigo, polos "convenios" de miles de euros co Faro de Vigo...

Outros, vostede parece, pensan que a palabra é un perigo para os seus intereses e que é mellor estar calados. Pero nós non.
Non teña dúbida de que a xente non "se chupa el dedo": terá ocasión de comprobalo.

Grazas por poñerse serio, aínda que non se esforce demasiado por argumentar, e grazas por pasar por aquí, comentar e debatir.

Ataturk dixo...

Que el Auditorio es una chapuza desde el primer momento ya nadie lo duda. Y sería muy inquietante lo que está detras de toda la trtamitación hasta su adjudicación.
Que ahora ya tenemos un Auditorio nadie lo duda, el problema es que con ese costo, esa dirección intervenida politicamente por D.Abel, y esa falta de línea de actividad no tiene posibilidad de subsistencia.
Es obligado un estudio a fondo del problema, sobre todo económico, que nos ha venido encima y solucionarlo.
Vigo necesita sentarse, los que lo representan y los que se preocupan por la ciudad, y debatír sin condiciones de ningún tipo más que el interés general.
^Para ello muchos estamos dispuestos.
Saludos.
Ataturk.

ines dixo...

Ben, aqui xa temos o comenzo "dos nosos problemas"
La adjudicataria del Mar de Vigo entra en preconcurso tras sus pérdidas millonarias

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2016/10/07/adjudicataria-mar-vigo-entra-preconcurso/1546697.html