IX ÉPOCA

24.10.13

Isto ocorre aqui, ao lado: razóns para unha folga


De pequenos son moitos os que sen preguntar nen respectar a súa libertade inscríbenos no clube deixandose levar por un forofismo irracional. Non pasa nada porque a moita xente faille gracia e os dirixentes do clube están encantados; mesmo utilizan o número de inscritos para facer valer a súa posición.
 Obligatoriamente, chegados á súa escolarización, vense violentados e obrigados -eles ou os seus pais e nais- a declarar as súas conviccións máis persoais. 
Violentando a súa privacidade o estado e institucións privadas son coñecedores de datos que quedan almacenados e incluso son publicitados. 
Son separados durante certo tempo en grupos según as súas decisións facéndose público deste xeito as súas conviccións. Un grupo é atendido por funcionarios do estado que deben manter unha neutralidade exquisita.
  Un corpo de contratados dependentes dunha institución privada con sede central nun pais estranxeiro fai un labor de reforzamento das particulares conviccións do outro grupo. Curiosamente os gastos orixinados por este grupo son financiados por todos tal que si fose un servizo público. Sen embargo, os que pagan non regulan o traballo dos pagados. 
 As horas empregadas no labor de adoctrinamento deste privilexiado grupo van ter un recoñecemento no curriculo dos seus membros  que así poderán competir coas súas liturxias fronte aos coñecementos dos outros.
Nalgúns casos o fundamentalismo leva a separar ás persoas  polas súas creenzas en institucións que definen un caracter propio excluinte pesía estar, de novo, financiados polos cartos de todos. Os militantes máis radicais aproveitan para separar tamén ás persoas polo xénero e o estado acaba de legalizar  esta situación permitindo incluso a financiación pública dunha discriminación manifesta.

Isto non é un sucedido nunha república soviética  ou nun pais fundamentalista islámico. Isto ocorre no noso pais coa relixión católica no sistema educativo. Asi que non sei a que ven esa cara de suficiencia cando falan de democracia.
Moitas razóns para unha folga: ensino laico!!!

1 comentario:

Marcos Andión dixo...

Yo, querido Lorenzo, que he puesto más de un reparo a huelgas en la enseñanza por un quítame allá esas pajas, convencido de que en según qué sectores habría que ir buscando formas más imaginativas de presionar a la Administración sin perjudicar al alumnado, creo que tus razones son más de suficientes como para hacer esta huelga. En todo caso, tal y como pretenden enseñar estos asaltaescaños de confesión, comunión y propósito de la enmienda, los chavales saldrán ganando con lo que esos días se queden sin "aprender".

Insisto en lo ya dicho: observando lo que se está haciendo en cultura, enseñanza, sanidad y empleo, queda claro que nos pretenden INCULTOS(para no ponerlos en evidencia), IGNORANTES(para poder colarnos cualquier cosa), muertos por no poder pagar la curación ni llegar a JUBILADOS, y desesperados por aceptar cualquier empleo (aunque sea por el bocadillo y sin preguntar qué lleva dentro) o cualquier horario o cualquier salario, con el inequívoco fin de "reinventar" la esclavitud y regresar a los albores del capitalismo. ¡Socialdemocracia, socialdemocracia! ¿Que has logrado tratando de "humanizar" y comprender este perverso sistema? Yo te lo diré, apuntalarlo hasta que, sintiéndose suficientemente fuerte y respaldado, pueda permitirse lo que estamos viendo.