Resulta difícil illarse da traxedia dos familiares e
amigos das víctimas do accidente de tren en Santiago, e poder pararse a
reflexionar, ao fío desta desgracia, sen esa carga, sobre o transporte público na nosa
Comunidade e sobre o carácter que este ten neste sistema no que prima, por riba de todo, o beneficio duns poucos a costa da maioría.
A cuestión da Alta Velocidade en Galicia ocupou na última década, case en exclusiva, a reivindicación política sobre o transporte de viaxeiros en Galicia. Investimentos, prazos, trazados... foron o leit motiv da propaganda dos partidos da nosa comunidade, hexemonizando a información e a reflexión sobre este tema, de singular transcendencia para nós; unha Galicia desestructurada, con fondos desequilibrios costa/interior e fondamente desarticulada nas súas vías de comunicación, nas que a preferencia polo vehículo privado ou a construcción de desmadradas infraestructuras foron a guía da intervención pública: caras vías rápidas, corredores, autovías, desdobramentos, inormes aeroportos duplicados.
O debate sobre o AVE comeuse literalmente o imprescindible sobre o deseño e creación dunha rede ferroviaria de cercanías de calidade, que fose quen de estructurar eficientemente a mobilidade territorial. Finalmente, a implantación chapuceira do AVE para comunicar viaxeiros coa meseta, e os inormes gastos en atovías e vías rápidas de ningún sitio a ningunha parte, impediron, na práctica, e mesmo dificultaron, a necesaria planificación e investimento nas comunicacións interiores. E non só iso: a ideoloxía AVE producíu unha caótica mestura de tipos de vías e trazados, de tramos con distintos sistemas de seguridade, de proxectos incompletos, ao son das necesidades das axendas de inauguración dos políticos gobernantes de turno e das retóricas reivindacións do seu alter ego, a oposición.
Non é difícil imaxinar que unha rede ferroviaria de cercanías integrada, que comunicase con eficacia, rapidez e economía, por exemplo, a grande área formada por Vilagarcía-Pontevedra-Ourense-Vigo-Tui-Porto, movería nun mes moitísimos máis pasaxeiros ou mercadurías que o AVE a Madrid en todo un ano, e contribuiría, de xeito posiblemente decisivo, ao desenvolvemento social e económico do sur de Galicia.
Pero os nosos próceres optaron (co silenzo da Sociedade) pola velocidade, por gañarse un par de horas de viaxe para os executivos e turistas no traxecto a Madrid.
A velocidade non pode ser un valor absoluto, non pode ter ese valor de cambio que mesmo supón que che devolvan o diñeiro se perdes unha hora da túa vida por un retraso. Neste valor introducido polo capitalismo, como se dunha necesidade vital se tratase, agóchanse, realmente, intereses máis espúreos: dende os meramente electoralistas, ata os directamente relacionados con operacións corruptas, xogos de financiamentos millonarios, ou adxudicacións astronómicas ás grandes corporacións no sector da construcción e dos equipamentos.
Un investimento máis razoable, tendo en conta os intereses xerais, houbera sido apostar pola lentitude, pola planificación territorial, polos sistemas integrados de transporte, pola intermodalidade. Pero non foi así: catro carísimos aeroportos na pequena área formada polo eixo Vigo-Coruña-Porto, practicamente incomunicadas por transporte público sostible; un aloucado trazado de vías nas que rapidísimas máquinas -que teñen que reducir a súa velocidade de 200 a 80 km/hora nun pequeno tramo-, nos fagan sentir a fantasía dese deprisa-deprisa que non supón un beneficio realmente comparable ao de planificar un territorio en función das necesidade reais de mobilidade da poboación e dos bens de producción e consumo necesarios para unha bo vivir.
A imaxes do momento do descarrilamento gravadas por unha das cámaras de control -inexplicablemente difundidas a bombo e platillo só poucas horas despois da traxedia, para o noso morboso consumo-, resúltame unha dramática metáfora deste mundo entolecido no que nos fan vivir, deprisa-deprisa.
Deixemos descansar en paz ás víctimas, deixemos desenvolverse un duelo privado -atacado agora por todos os ángulos pola voracidade da infoxicación dos Medios-, e despertemos nós deste letargo. Debémosllelo.
O socialista Miguel Ángel Sotuela deixa a Alcaldía de Ribas de Sil por
xubilación
-
Xunto a el, detallou que tamén deixa o cargo polos mesmos motivos o edil de
Obras, Luís Rodríguez, quen estivo ao seu lado durante estes 26 anos na
corpora...
4 comentarios:
Deixando a un lado a planificación galega de infraestructuras, ou o debate sobre alta velocidade ou tren de proximidade, non podemos quedar simplemente co de conductor culpable, aínda que o fora, que hai que agardar, senón entender e minimizar os factores de risco que ten cada medio de transporte.
http://politikon.es/2013/07/26/de-accidentes-y-errores-humanos/
Grazas Xos polo comentario. Quixen nesta entrada fuxir da polémica coa que imos estar inundados nestes días e aproveitar para reflexionar sobre o que algúns dan como evidencia (a necesidade da alta velocidade) e as consecuencias, non só para a seguridade, senon tamén para o propio desenvolvemento racional do país. A min resúltame evidente que os tremendos investimentos en AV foron en detrimento da rede rexional, indispensable para a mobilidade de persoas nun sistema que prime o desenvolvemento local.
O enlace que nos propós, moi interesante e clarificador. Eu, dende logo, non vou subir a un tren que pode ir a 220 Km/h e a miña seguridade poida depender dun máis que posible erro humano.
En VB temos insistido ata a saciedade na necesidade de estructurar a mobilidade, nomeadamente, no tráfico de ría, axfixiado polos intereses dos que coa construcción e desdobramento de vías, fan exclusivamente o seu agosto e a nosa pobreza.
Non son un experto,pero para min está claro que a mobilidade do tren en Galicia (tamén na maioría de España) non precisaba en absoluto de alta velocidade. Si a electrificación, e dobre vía, para poder engadir servicios como os de cercanías, e disminuir tempos, que eran moi malos.
En canto a comunicación coa mesetea, coa simple mellora de dobre vía e electrificación xa baixaríamos a 4 ou 5 horas, que non está mal, o que queira máis rapidez, avión. Que por certo, a nova conexión non servirá para mercadorías, que debería ser algo estratéxico totalmente para nós.
Saúdos
De toda la "información" que nos han dado estos días, antes por cierto de abrír la caja negra, se deducen cosas MUY IMPORTANTES.
1.- Que en Galicia no puede haber AVE, ( por mi parte que ni falta nos hace)pues la vía sigue siendo nuestro modelo de ancho y no el decidido a nivel europeo.
2.- Que la estructura nueva es mixta, en cuanto a sistemas de seguridad y desarrollo posterior, que tendría que ser modificada más adelante.
3.- Que no existía ni existe una planificación y estudios rigurosos ante la prioridad de fechas y trazados, todos ellos presionados por factores políticos y no técnicos. Que bonito.
Sigo razonando sobre desarrollo antes que prisas, mercancías y red interna sin influencias locales.
Remato con alegría, dentro del dolor que todos sentimos, por la vuelta a la actividad del blog.
Saludos.
Ataturk.
Publicar un comentario