IX ÉPOCA

21.7.13

Debería vender Novacaixagalicia a súa colección de arte?

Contan os periódicos que na cidade de Detroit ( a motown,  cidade dos coches) non saben como sacar cartos para sanear a súa economía. E a situación é tan grave que na busca de recursos deron orde de valorar a colección de arte da Institución de Arte da cidade (DIA). Por unha vez estase a dar un debate aberto arredor dunha institución moi contradictoria. Os museos, fundacións ou coleccionistas fan intercambios comerciais exactamente iguais que moitos outros: establecen prezos, pagan
intermediarios, manobran nos mercados... Sen embargo, unha vez invertidos os cartos, públicos na maioría das institucións, aparece unha especie de propiedade difusa que abrangue territorios e xeneracións  e que é invocada cando algún sacrílego fai propostas como vender arte o pechar museos. Non sucede o mesmo cando se trata de outros patrimonios comúns como o solo das autopistas, o organismo de lotarias ou a lámina de auga.      
Deixemónos xa de hipocresias: hai algunha diferencia entre os cadros de Novacaixagalicia e os das galerías de arte? En esencia, non, e por tanto, deberían vendelos para compensar aos aforradores defraudados. Ou non?

2 comentarios:

ines dixo...

Non é tan sinxelo. O asunto é polémico. En primeiro lugar é unha colección que pertence a cidade, porque ven dos tempos cando a Caixa era municipal e por outra parte sacar toda esa obra ao mercado sería como tirala

Amando dixo...

Pues me parece una buena idea. Con rigor, que los saquen al mercado, claro que sí.