IX ÉPOCA

28.2.12

ETEA: estamos xa en campaña?

Como saben a ETEA destaca por ter sido empregada en reiteradas ocasións como reclamo propagandístico por todos cantos partidos toaron poder nesta terra nosa. Ao parecer volve tocar sacar o santo á rúa para reclamar votos e o desaparecido Feijoo ven de aprobar o enésimo plan sectorial  dos terreos da antiga ETEA.
Unha vez máis a gran imaxinación dos gobernantes do PP ponse de manifesto con descubrimento da promoción de vivendas como medio de financiación. Están abonados a dogmas  que repiten unha e outra vez mentras que os cidadáns vemos como os cartos púbicos -os nosos cartos- deben acudir unha e outra vez a salvar a iniciativa privada( ou sexa a que privatiza os beneficios) Sucede nos asteleiros, nas caixas,no auditorio,  nos parkings e sucederá na ETEA se isto resulta algo máis que unha manobra electoral. Por de pronto terán como excusa a presencia de Caballero que -co infatigable e ben pagado  traballo de La Voz-
sempre pode aparecer como Abel I, o obstaculizador.
Pola nosa parte, no ano 2005 xa pedíamos que sacaran as súas suxas mans  e, máis adiante no 2006 escribiamos:
"Quen coñece a ETEA sabe que o pior que se podería facer con este espacio sería rachar co seu carácter unitario, con edificios perfectamente conectados e conectables entre si, cun espacio axardinado de gran calidade, perfectamente compatible co uso restrinxido e aberto que Teis e Vigo necesitan e potencialmente -a pouco que se faga un esforzo de xestión e deseño- unible á gran zona verde da Guía por un lado e, á súa zona litoral, por outro." 

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Y por qué no vender todo el complejo a un grupo inversor serio, y que lo convierta en un casino?
Así la Xunta ganaría dinero, y en Vigo tendríamos un nuevo reclamo turístico y único en Galicia. ¡Y estables puestos de trabajo!

Anónimo dixo...

las viviendas ya no se venden, eso no es financiación
,eso se llama no adaptarse a los tiempos y crear barrios fantasmas, hagan bien las cosas que esta ciudad sigue siendo un gran dulce, y esta apuesta es inmejorable. Abel me sigue pareciendo un buen alcalde, aun con sus múltiples defectos, y visto que ahora se lleva bien con el presidente del puerto y visto que el náutico no puede abordar el puerto deportivo, podrían estudiar hace en esa parte de la ciudad para el pueblo y aprovechando esa lamina de agua una piscina marina en pleno centro de vigo, solamente sería necesario adaptar es parte para y con el césped de montero ríos ya sería suficiente para darte un chapuzón en pleno centro.