Levamos anos informando dende estas páxinas sobre as evidentes irregularidades que rodearon a construcción e concesión a Sacyr-Caixanova do Auditorio-Palacio de Congresos de Vigo. Se facemos caso á información publicada hoxe por Carlos Punzón na Voz de Galicia, o pesadelo só acaba de comezar (por se fose pouco o da programación): o novo estudo económico financeiro do concesionario conlevará que os vigueses paguemos outra vez, en millóns de euros contantes e sonante, a cota correspondente polas alegrías dos nosos gobernantes: teremos que "compensar el descenso en la rentabilidad que el concesionario sufrirá por ver reducido el espacio comercial del complejo y haber desaparecido decenas de plazas". Total nada, pagar aos concesionarios 5 millónes de euros e regalarlles 20 anos máis de concesión.
A operación trileira de Caixanova quedaría agora pechada. Consiguen a concesión cun proxecto, rebáixano eles (coa connivencia do Concello) porque non lles resulta xa rendable e, finalmente, fannos pagar a nós polo que eles mesmos propuxeron.
De aqueles polvos veñen estes lodos. A concesión para a construcción e explotación do Auditorio (aínda hai quen pensa que estamos falando dunha entidade pública: nada máis lonxe da realidade) estivo rodeada de graves irregularidades no período no que Corina Porro foi alcaldesa. No procedemento -como sempre que no Concello de Vigo se pretende un gran pelotazo- obviouse escandalosamente o principio de legalidade, acudíuse a firmóns para apoiar as pretensións dos grupos interesados, marxinouse a funcionarios que cumprían co seu deber e, finalmente, atendeuse aos intereses particulares de Caixanova en lugar de defender os intereses de tódolos cidadáns.
Na mellor tradición municipal viguesa, Abel Caballero continou pola senda da Porro e permitíu -por intereses puramente persoais- un cambio irregular do proxecto inicial do Auditorio, admitindo finalmente a execución de un significativamente distinto ao aprobado para a concesión. Un escándalo cuxas consecuencias non foron maiores para os implicados gracias a que ningunha das entidades que concorreron ao concurso reclamaron.
¿A que finalmente, na práctica, non haberá Auditorio de Vigo, tal e como pronosticabamos en Vigoblog alá polo ano 2008?. Se atendemos ao programado e ás perspectivas do que se programará e aos prezos das entradas, podemos pensar que haberá continente, pero non contido.
Xa pouco sangue queda por vampirizar nesta maltratada cidade. Se pensabamos que Finca do Conde ou Miraflores eran as últimas, estabamos trabucados. Vigo aínda atura unhas cantas estafas máis, anestesiado entre xardineiras, macetas, bancos e flores.
Para seguir dende o seu inicio o affaire Auditorio, pincha aquí.
Anita Mateu, a 'influencer' que grazas ás redes puido saír de Cuba para
vivir nunha Galicia que a namorou
-
Con máis dun millón de seguidores sumando a súa canle de Youtube e as súas
contas de Instagram e Tik Tok, Anita logrou forxarse un futuro nas redes
sociais...
3 comentarios:
Creo que estais en la lñinea de denuncia informada y con datos que, o se es muy ignorante a propósito, tiene que escandalizar a cualquier ciudadano.
Lo trágico es saber que el 22 de Mayo esta "pandilla" de ignorantes y aprovechados estarán en el Concello seguro, pues los partidos excluyentes así lo han decidido.
Y encima nos hablarán de democracia y que nosotros, los vigueses, los hemos elegido. Canallas.
Saludos.
Ataturk.
Me gustaría conocer vuestro email para enviaros otras informaciones y, entre todos, desmontar tanta mangancia y corrupción vestida de democracia y elecciones dirigidas por unos pocos.
Mi email: claudio.ataturk.sanchez@gmail.com
Saludos.
Ataturk.
O noso e-mail figura no marco da dereita, baixo o epígrafe "Contactar", clicando sobre a imaxe "transparencia".
Publicar un comentario