As malas lingoas de sempre andaban a dicir que moito Auditorio Mar de Vigo e ninguén sabía que ían programar. Pois trabucábanse: para tódolos amantes da música con maiúsculas, informámoslle que Bob Esponja actuará o 8 de maio no magno edificio recén inaugurado. O resto da programación poden consultala na flamante web do Palacio de Congresos de Vigo.
Tamén poden asomarse, dende dentro, ao mellor que ten o edificio segundo a maior parte dos encuestados: o mar (si, xa sei que xa estaba aí antes... pero ¿que me din do privilexio de vé-lo a través dunha fiestra construída por Por_tela?)
E que nos queixamos de vicio! Que se queixen os de Avilés, que acaban de inaugurar o Centro Niemeyer cun concerto de Woody Allen, e os moi aburridos xa saben a programación dos próximos meses: exposicións, cine, música, teatro e danza... e caralladas polo estilo! Non ten moito máis aquel non sabelo?
Aparece nun xardín a áncora do Serpent, o mítico buque escola británico
afundido en 1890 na Costa da Morte
-
Un home sacou da auga hai 25 anos este elemento dun dos maiores naufraxios
na historia da Costa da Morte e púxoo de decoración na súa vivenda.
6 comentarios:
O Atlántico Diario comenta que unha secta de carácter seica relixioso católico (ese pleonasmo) procurará sanacións nun congreso nese auditorio. Non sei se lin ben a nova, pero aquí tedes información sobre o plan de actuacións.
http://www.atlantico.net/noticia/132573/primer/congreo/auditorio/
E resulta que no meu blog so censuro os comentarios que anuncian VIAGRA, e non é porque estea en contra, mais bien é porque non preciso polo momento
La primera actuación ya comenzó: El combate de la placa, a dos bandas, Caballero Feijoó.
Serán parrulos por pelearse por un recuerdo que el siguiente retirará como hicieron otros con los cambios políticos.
Así es imposible levantar una ciudad y menos un país. Neniños.
Saludos.
Ataturk.
Mon Dieu! que programación!!! O único claro (máis alá de -o de sempre- as típicas baralladas de promesas): o de Bob Esponja (nivelón!) e un congreso de sanadores. [Impresionante a capacidade da directora e compositora Inma Shara... vai dar ela sóa un concerto!!!]
Fóra retranca, semella que non hai forma nesta cidade de que as cousas funcionen coa mínima racionalidade esixible. A estas alturas o normal é que houbese xa un calendario pechado de actos. O normal sería tamén que estes estivesen en relación coa importancia do Auditorio e o inorme gasto que este supuxo e suporá aos vigueses e galegos. Non nos vale esa tremenda coartada de "programas para todos los públicos", que o que oculta é a chabacanería e a baixa calidade. Para tódolos públicos -sen populismo barato- debe ser unha ópera de calidade, unha gran obra de teatro dunha gran compañía, unha gran orquestra, un solista recoñecido, un bo ciclo de cine. O auditorio debe servir para rachar co acceso restrinxido á Cultura que supón o actual teatro García Barbón, convertido máis no escenario dun acto social que nun auténtico equipamento cultural. Debe servir para achegar a tódolos públicos as grandes obras da Cultura, das artes escénicas; non para rebaixar a calidade da programación, repartindo máis do mesmo para os veciños desta sufrida cidade sen bibliotecas. Ocúpense programadores de buscar o mellor, de traernos a Vigo o que en tódos estes anos nos privaron coa súa cutre política cultural. Ocúpense xestores de permitir e potenciar o acceso á Cultura de tódolos públicos; financien prezos, difundan, motiven, inviten a todos, anímenlles a estar nunha ópera e nonos enchan, por favor, o Auditorio, do circo do banal para seguir condeando a esta cidade á incultura.
Máis programación. Hoxe anunciaban un concerto de Mónica Naranjo!!!!, outro de Ana Belén,... Desde logo a programación axústase ao perfil dun "eterno promotor"...
Publicar un comentario