Aparece nun xardín a áncora do Serpent, o mítico buque escola británico
afundido en 1890 na Costa da Morte
-
Un home sacou da auga hai 25 anos este elemento dun dos maiores naufraxios
na historia da Costa da Morte e púxoo de decoración na súa vivenda.
IX ÉPOCA
2.3.11
Problema global, aforro local
As declaracións das asociacións de conductores, dos voceiros do PP, do mesmo Fernando Alonso e incluso, ver como se deixa arrastrar Llamazares constitúe un monumento á ignorancia. Negar un cálculo científico, ben sabido desde hai anos, que demostra un indubidable aforro a medida que baixa a velocidade media, pon a estes individuos á altura da Igrexa medieval que se matiña no inmovilismo do planeta. Poden decir, como fixeron Ecoloxistas en acción, que é unha medida moi limitada ou se o prefiren , como fixo Pons, poden defender á libertade de circulación como se fosen a Asociación do rifle de Charlton Heston. Tamén poden aproveitar para facer propaganda fraudulenta asegurando que aforraráimos máis se compraramos coches novos como fixeron os vendedores do coches. Pero negar a evidencia do aforro...
O certo é que se queremos aforrar temos desde hai anos e por mor dunha cidade mal planificada nos seus servizos, dous retos importantes. Un hospital, o do Meixoeiro, e a Universidade situados en terrenos baratos pero moi lonxe da poboación. moven tódolos dias cantidades enormes de coches particulares. Unha oferta de transporte público con frecuencias axeitadas xunto con medidas disuasorias (eliminación de aparcamentos ilegais, limitación do tempo de parking, reserva para enfermos crónicos, etc) podería axudar a cambiar a cultura de "co meu coche , a calquera sitio". Aforro seguro.
Xogo
Adiviñen que dia se fixo esta foto da Universidade
a) un domingo
b) o 16 de agosto
c) o dia 1 de xaneiro pola mañán
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Totalmente de acordo.
Grazas por continuar este blog.
Lois A.
Como que grazas por continuar? A ver...as tarefas non se deixan sen rematar, aqui resistir ou morrer...Onde ía consultar eu os problemas da cidade?
Un saúdo
Publicar un comentario