Houbo unha dictadura que mantivo ao seu pais reprimido durante moitos anos. As democracias afastáronse dela por considerala fascista pero a penas axudaron aos resistentes que trataban de derrubala. Pasado o tempo, descubriron que podía colaborar na loita contra o grande enemigo mundial, comunismo ou terrorismo, tanto ten. Tamén descubriron que podía subministrar recursos económicos, man de obra barata emigrante ou petróleo, tanto ten. Decidiron que xa podían facerse fotos co dictador e non fixeron nada cando matou obreiros nas rúas ou presos no paredón, tanto lle tiña. Deixaron a solidariedade en mans dos de sempre: brigadistas, traballadores, artistas comprometidos, estudantes, ONGs... O dictador tardou corenta anos en morrer... na cama.
Sae na tele un estudante reconvertido en miliciano. Di que quere ter máis libertade. É posible que acabe seguindo a un señor da guerra que aspira a controlar varios pozos de petróleo ou acaso teña que aceptar a reinstauración da monarquía. Está contento subido nos restos dun tanque que xa non poderá matalo.
Non chega con decir NON Á GUERRA. A cuestión é como sermos solidarios co estudante loitador.
Núñez Seixas, historiador: "A memoria tamén se constrúe cos lugares
esquecidos que cómpre recuperar"
-
O coordinador científico do proxecto 'Lugares de memoria de Galicia'
insiste en que "non se trata de reconstruír a historia única, senón de
entender a plur...
Ningún comentario:
Publicar un comentario