IX ÉPOCA

13.2.11

O novo Casco Vello

Así entende o tenente Domínguez & Cia o que é rehabilitar un pavimento. Un pavimento, ademais, que xa fora rehabilitado, sen ser arrasado, hai poucos anos.
¿Lembran vostedes as douradas pedras da rúa Oliva, a súa textura marcada polo tempo, o encontro romo entre as lousas, a continuidade do seu singular debuxo en rombos? ¿Gardan na retina as luces que producen as sutilmente abombadas pátinas antigas, a coidada disposición dos enfaixados de pedra, os reflexos da chuvia sobre a superficie gastada?

Este dafotografía é o novo Casco Vello: arrasado todo o antigo, que os pobres e brutos ignorantes confundiron con vello... e o renovaron, ben que o renovaron! As rúas Real e Oliva poden chamarse xa con propiedade e para maior gloria dos taberneiros da zona, rúa das tapas.

A bárbara actuación sobre os pavimentos do barrio histórico de Vigo por parte do bi-goberno BNG, gastandose varios millóns de euros na salvaxada, é o maior atentado perpetrado contra o patrimonio cultural do Casco Vello, só comparable ás décadas de abandono e incuria, aínda que estas, canto menos, permitiron que nos chegase un legado deteriorado, pero, ata antronte, rehabilitable.
O que non puido destruir totalmente o tempo, arrasouno Santi Domínguez, Dosio Álvarez, a absoluta ignorancia e atrevemento dalgún enxeñeiro municipal e o silenzo cómplice dos estómagos agradecidos  da asociación veciñal e de comerciantes do barrio.
Aquí os teñen vostedes: pousando para a historia:


E a outra foto para a historia: a rúa Oliva antes de ser renovada:

9 comentarios:

Anónimo dixo...

Creo que está de más este artículo. El que los materiales de una obra no sean de calidad no los hace responsables. De igual modo que una persona invierte y hace obra en su tejado y al cabo de un mes tiene goteras: no es culpa suya, aunque su mujer y sus hijos se quejen. Por ello, como responsable, tratará de resolverlos. Es cuestión de sentido común...

Anónimo dixo...

El 'sentido común' sí que tiene importantes goteras (Italia, sin ir más lejos).
Algun@s creemos que este artículo sí es necesario.
Salud

Laura

Anónimo dixo...

Las tapas. ¿Pero no ven todo Vigo lleno de tapas? de cualquier manera, muchas... debe ser que los agujeros son infinitos... sobre todo en los cerebros

Pablo Eifonso dixo...

Se quedan impunes por incumprir o PEPRI do Casco Vello, que protexe expresamente os pavimentos de lastros, lousas de pedra e chapacuña que foron levantados e cambiados por losetas de granito gris alba industrializado; se quedan impunes por gastar millóns de euros do plan-E en destruir o noso patrimonio, só por poder inaugurar rúas no territorio que lles tocou no bi-goberno, se ninguén os xulga polos pagamentos sobrevalorados de edificios dos amigos... que, polo menos, quede constancia escrita e visual da barbarie nalgún sitio. Para iso estamos.

Catalina dixo...

Hola! Esto en Barcelona también pasa! Yo no sé si con la excusa de la crisis están echando mano de materiales de menor calidad o qué. O quizás esta hecho por gente que ha realizado cursos formativos subvencionados. Sinceramente, creo que se necesita algo más que cursos de formacion para poder trabajar en determinados sectores. Pero a parte hay que ser profesional en el trabajo, y eso hay quien cree que no se debe aprender. Saludos!

tiago dixo...

Escoito ao tenente na radio hoxe dicindo que cando mirou por vez primeira a película homónima deste post, "saltáronlle as bagoas".
Non querería dicir os mocos?
Entón aos demais que nos terían que cair, as pelotas ao chan?
Non ten nin idea nin vergonza.

havi dixo...

tiago, aí falaches!!!!

Anónimo dixo...

No se trata solo de los materiales sino de INCUMPLIR con las normas que nos obligan a todos. En este caso, como en muchos otros, los concejales, Alcaldes y otras autoridades dan ejemplo de vulnerar la legalidad. ¿ Como no vá a estar la sociedad contagiada con tanto desmadre? La democracia empieza por cumplir todos igual y los políticos más pues deben dar ejemplo.
Santi que no, que así vas de cabeza aunque aguantes el sueldo de concejal, más bajo claro al no tener poder.
Saludos.
Ataturk.

cascos para moto ruby dixo...

muy bueno!