IX ÉPOCA

26.4.08

Ainda queda esperanza


Para el tribunal, la discrepancia entre los documentos aprobados y los expuestos constituye "un vicio que no puede subsanar la falta de reclamaciones o que determinados propietarios resultasen beneficiados por mayores posibilidades de edificación", ya que la información pública "atiende a intereses generales, no a los particulares de unos propietarios". (Ver El Pais)


Estas frases da sentencia do Supremo que ven de anular o PXOM de Ourense abren a esperanza de que a concelleira Caride mida, aínda máis, os seus pasos na aprobación do PXOM de Vigo. A importante modificación do documento despois do período de alegacións esixía unha nova exposición pública cousa que o bipartito vigués non levou a cabo. A inseguridade xurídica da que tanto se falou vese agora confirmada. Caride acordou co concello ourensán a elaboración dun novo PXOM. Agardemos que siga a mesma política con Vigo.


24.4.08

Incongruencia

Xa sei que é difícil de crer pero D. Abel Caballero é o presidente da Rede de Cidades polo Clima e, en calidade de tal, falou hai uns dias nos Desayunos de TVE xunto co modisto Adolfo. Facendo gala dunha esquizofrenia preocupante dixo que son as cidades as que mellor poden loitar contra o cambio climático solucionando, entre outros, os problemas de tráfico.
Pois ben, hai uns dias o seu concelleiro de Tráfico e seguridade anunciaba un estudio para construir novos parkings (si, si, ademais dos que empezan agora) aproveitando 500.00 euriños que quedaron con non sei que aforros na XER.
O medio privado de transporte incentivado como estratexia contra o cambio climático!!!!.
Este tio é un fenómeno!!!.

As veces os cargos de consolación -aspiraba á presidencia da FEMP, lembren- dan estas sorpresas. Non habería un posto para el na embaixada no Vaticano?

17.4.08

A nosa bandeira

Con motivo da visita da comisión do FIU, a comisión técnica de Vigoblog distribúe unha bandeira para que tódolos veciños e veciñas podan colgala do seu computador. Basta con facer click e copiar.

14.4.08

Algo falla

Pena de cámara!. Foi antonte. Na cidade abandonada dos domingos un cento de persoas, entre eles moitos nenos e nenas, celebraban algo. Ali na pista do Areal, fronte ós senlleiros edificios do ensanche fracasado, xogaban, berraban e rían . Unha mesiña protexida cun parasol, algúns globos e unha bandeira (de Ecuador ou Colombia?) marcaban a solemnidade do acto. Colgados con pinzas vinte debuxos infantís representaban esceas infantís. Nun folio grande había un escrito que comezaba " La organización de Estados Americanos y UNICEF declararon , en1952, el dia 14 de Abril como DIA DEL NIÑO...." Iso era o que celebraban, como se estiverán alá...

Zapatero inventa ministerios e pon un alcalde no de Inmigración e Traballo. Son os tempos que tocan. Inmigración e Benestar quedaría mellor pero só son forza de traballo.

Mentras tanto recolleremos bandeiras para celebrar o restrinxido espirítu olímpico da Universiada. We are ready!.
Are we ready?

Casi 70 años sin República


Esta Señora, nacida el 14 de abril de 1931 y que hoy cumple 75 años, sigue en el exilio desde abril de 1939, expulsada por los que entonces pensaban como los que hoy se niegan a recuperar la memoria de la historia, arrebatada a todos por la violencia de las armas y la traición de algunos que cobraban por defenderla.

Himno de Riego (clik para escuchar)

12.4.08

Vigobernos e Bigovernos caros,carisimos




Na páxina web da Xunta de Galicia só aparecen as novas das consellerias do PSOE e Vicepresidencia xa sacou a concurso outra para eles e non sei si tamén para as outras consellerías do BNG.Por outra banda,no concello de Vigo parece ser que a area do Bloque crea un chiringuito de información e...de subvencións propio,e unha pregúntase...¿todo isto terá algo que ver co principio de eficacia e eficiencia das administracións públicas e coa racionalización do gasto dos presupostos autonómicos e municipais?

6.4.08

Bouzas existe

(ver reportaxe fotográfica aquí)

Abríndose paso cos cóvados para poder ser de novo do mar que a paríu, Bouzas existe. Sen que tampouco ninguén sexa quen de rexenerar como se merece o seu casco de vila mariñeira resiste e ten vida propia, intensa, rueira, apegada ao resto de mar que lle deixaron, por se tal, asediada sempre polo monstruo que ameaza sempre con aterrar ata Punto muíños ou convertir a pequena baía ata o Museo do Mar, nun porto deportivo para gañanza dalgún espabilado que andan por alí xa canso de gañar diñeiro coa nobre actividade do furtivismo e disposto a pasarse a facedor de mariñas a tanto o amarre.
Bouzas ergueu a bandeira contra os recheos e un se pregunta se non é posible trasladar todo o edificio do Consorcio, ou o campo de fútbol a outra parte e evitar así que se sigan merendando o mar a gadoupazos... se cadra ata chegar a Liméns.
Bouzas pervive aínda que a pesar de ter aprobado xa hai tres anos un Plan Especial de Protección, non se note, e o seu edificio durante moitos anos emblema e testemuño da rehabilitación, a Casa do Patín, sexa cada vez máis ruina e ata que caia.
Non sabían os boucenses en 1906 que ese Vigo que absorveu daquela á vella vila, ía ser tan desagradecido no futuro.
Así o vimos onte.

4.4.08

Vigo Bello +



A cidade véngase coa luz, ás agachadas, cando o día esmorece. Cos compoñentes axeitados vaise desvelando, perfila a súa escala, declara e reclama contundente as formas, golpea cun sinfín de portasdaire e xunquillos ás olladas incrédulas. Por un momento é Oporto, atlántica e mariñeira. En lugar de avergoñarse das costas e esixir ascensores, proclama aos catro ventos e ao solpor a súa natureza terrea, Castro primixenio abaixo. E amosa orgullosa, como tódalas grandes cidades , a súa catedral, homenaxe en formigón á nai nutricia, ao pan noso de cada día que algúns, ignorantes e duros de corazón e de ouvido, queren demoler.
Onte mesmo.

3.4.08

Vigo Bello

Ás veces esta cidade revélase, foxe da cutredade e a ruina, encende os focos do solpor e ilumínase, caótica e espléndida. Hoxe mesmo.