IX ÉPOCA

9.11.08

Metal

A pancarta negro e vermello sobre saba branca. Sprai. Nada de finuras de lona de empresa de publicidade amiga con letras de plóter. Ningunha bandeira, ningún oco para aparentar ser máis. Ningún liberado encabezando a marcha. Metal ondulado sobre o asfalto.
Se cadra esta crise permita limpar algo o aire viciado das nosas rúas: tal vez alguén escoite o serio aviso de que non son tempos para o derroche, a incompetencia e a ostentación.
Tal vez sexa o momento da política, dos intereses xerais, do final dos oportunistas corruptos parasitando as institucións, os partidos, os sindicatos.
En todo caso, agora e mañán, será o tempo para xerar conciencia. Sen ela, todo se resumirá en contenedores queimados e dór sen esperanza.

5 comentarios:

Ana Pintens dixo...

caro amico eifonso : a primeira fila esta chea de "liberados",meu rei!

Anónimo dixo...

e de paso a ver si aprendemos que as reivindicacións laborais son unha cousa e o vandalismo é outra moi distinta. As reivindincacións son xustas e lexitimas. O vandalismo é un delito e como tal debe perseguirse. E isto é o que sucede en calqueira pais civilizado. ¿Ou facemos da impunidade o novo valor fundamental?

Anónimo dixo...

Querido voltaire,

debo entender de tus palabras que justificas el vandalismo, los contenedores quemados y demás. Sin duda es una gran manera de combatir de todo lo que apuntas. Pues ya sabes, a quemar contenedores. Seguramente asi los politicos de este pais dejarán de derrochar nuestro dinero y las empresas dejarán de explotarnos.
Querido voltaire, estoy de acuerdo en el fondo de la cuestión tal com apuntas pero no en los medios.
Puedes empezar quemando el contenedor que tienes al lado de tu casa.

Pablo Eifonso dixo...

Ana querida: ¡como sempre controlando ao persoal! ;-)... non teño nin idea quen vai na primeira fila nin importa, penso, para o sentido do meu comentario. Non vai haber liberados encabezando as marchas, xa verás, a pouco que a cousa siga como semella que vai seguir.
Voltaire, a violencia é a parteira da Historia, pero moito me temo que só con colectores queimados todo pode seguir igoal con máis cheiro a fume e máis dór. Interesábame neste pé de foto, salientar os dous derradeiros parágrafos, polo que poida vir.

Anónimo dixo...

Ah, que feliz articulo estimado Pablo, que sencillez; y a partir de ahí quizá podamos llegar al descubrimiento de la sensibilidad.
Dice el gran druida: cuando hay libertad de creencias hay sencillez.
Bueno, muy bueno.