IX ÉPOCA

10.12.07

Dia internacional dos dereitos dos animais

Cando vemos aos chimpancés resolvendo exercizos de memoria numérica máis rápido cós humanos, se cadra é un bo momento para cuestionarse o vello desprezo da esquerda tradicional polos defensores dos animais.

Hoxe é o seu día. E estas, algunhas das súas razóns.
Un bo día para coñecer a algúns dos que loitan polos animais da rúa en Vigo, aí mesmo, por exemplo, o Proxecto Gato.

10 comentarios:

Anónimo dixo...

Feliz dia dos animais, eu como sou da aldea teño mais apego os mesmos, dada convivencia común, sin que chegaramos a vivir na misma habitación. Sempre hai algún enterado. Pero levo tempo dandolle voltas o que dixo o pdte. económico do Celta, dono da empresa Monbus, entre outras, que por certo, sempre estan en folga. Que come as troitas, que pesca o seu fillo sin matalas. ¿Alguen pode explicarme o tema? Grazas.

Anónimo dixo...

Cómeas sen matalas ou péscaas o seu fillo sen matalas?

Saúdos!

Desesperada dixo...

no creo que la gente de la aldea trate mejor en líneas generales a sus animales, as muradiñas. creo que la gente trata bien o mal a sus animales en cualquier sitio. yo, por desgracia, vivo en una aldea en la que la gente tiene a sus perros atados todo el día, mata a los cachorros sin piedad y otras cosas. el problema no es de ciudad o de aldea, sino de falta de educación. un país puede juzgarse por su forma de tratar a los animales, decía gandhi. imaginad lo que piensan de España con nuestras fiestas populares, las viles matanzas de galgos, los abandonos...

Amando dixo...

Algunos (bastantes) influyentes bravucones mientras acariciaban a sus perros, caballos..., literalmente, chamuscaban a sus congéneres (se habla de unos 70 millones de caídos en guerras en el pasado siglo). Hay algunos (bastantes, sí, bastantes) animales que se devora entre sí.
Por supuesto que no hay que martirizar a los animales, más aún, se les debe respetar su ámbito, pero de ahí a tener al gato entre cojines y no preocuparse del vecino...

Anónimo dixo...

Estou de acordo con viaxeiro, pero desesperada, a xente que di non naceu na aldea,son os novos millonarios que foron a invadir o noso medio i escarallalo.

Anónimo dixo...

A xente da aldea, en xeral, ten unha visión absolutamente utilitaria dos animais, como ten unha visión absolutamente utilitaria dos propios veciños. A xente de aldea non existe: maiormente sonche unha espantosa mestura entre unha cultura tradicional que morre e unha subcultura urbana inasimilable. Os animais na aldea son moitísimas veces brutalmente maltratados da mesma maneira que á vez (mentres non acariñan nin aos seus gatos nin aos seus cans) desprezan aos veciños, especialmente se os veciños non comparten os mesmos gustos ou as mesmas miserias cá eles. Na aldea os cans átanse en curto durante toda a súa vida polo mero feito de seren cans e tal crueldade vese como normal. Eles non son crueles, son, sinxelamente, así.
En todo o mundo hai seres ruíns, con dobre moral que aman aos animais e odian ás persoas, seres que respectan o de casa e maltratan ao de fóra, pero nada diso ten que ver coa vida dos dous gatiños da fotografía, compartindo espacio con outros seres (disque racionais) do mundo animal.
O maltrato aos animais non está en ningún caso xustificado: o seu coidado e agarimo, si. Por máis que haxa seres humanos malvados que acariñan un cabalo cunha man mentres coa outra degolan a tiernos infantes.

Desesperada dixo...

pois suscribo totalmente o comentario de Gea. síntoo, as muradiñas, pero a miña familia é de aldea, e de sempre, e asegúroche que vin cada cousa... eso si, os novos ricos andan o mesmo nivel, certo é.

Anónimo dixo...

Non quisera irme atrás nos tempos, ¿O animal que é pra a xente? Unha axuda, compañia e modo de alimento,non vamos ser mais papista que ó papa. Isto é asi, si en certas aldeas, tratan mal os animais, é por falla de sensibilidade, igoal, que hai xente boa e mala, que asesiña, rouba -os políticos fano todos- ó que é certo que teñen que cumprir unha función. Que ocurre agora, que o mellor mentras algún rapaz, morre de fame no barrio, hai novas señoritas, que visten os animais, gastan fortunas en comidad "inventadas", creouse un mercado de veterinarios, etc. etc., soio para que a xente "consuma" mais, na sociedade, que estamos a facer, cosumista. Podria abundar. Perdón si alguén se molesta, pero a realidade é asi de cruda.

Anónimo dixo...

Muradiñas, e mentras os nosos nenos comen, no Chad morren de fame. Mentres algúns viaxamos de Vigo a Cangas nun máis ou menos cómodo barco para darnos un chapuzón no Morrazo, miles de persoas navegan en Cayuco intentando non darse o definitivo chapuzón. Se cadra debemos comezar a pensar en que deben pasar unha pouca de fame os nenos e nós probar ir a nado ao outro lado da ría e afogarnos de cando en vez.
Etc, etc. Sempre é conveniente non mesturar allos con cangallos.

Anónimo dixo...

Non ten nada que mirar o touciño coa velocidade.Non podemos renegar da natureza, asi nos vai.