IX ÉPOCA

1.8.05

E Mauricio sen dimitir...

"Só hai un problema para que Vigo recupere o goberno de esquerdas que foi refrendado nas eleccións: a dimisión de Pérez Mariño" ¿Lembran vostedes esta tese? Foi repetida e amplificada mil veces nos medios de comunicación da cidade. Outra voces, pola contra, mantiñan que había un problema de fondo (¡É o urbanismo!) que impedía o acordo. Uxio Labarta publicaba en febreiro unha brillante analise da situación que o tempo vai a confirmar.
Somo moitos os que dubidamos que exista unha "poción de censura" para sanar ó Concello de Vigo. O acordo básico entre PP e BNG parece que continua agora concretado na "reestructuración" de funcionarios (eufemismo moi propio de gobernos autoritarios, por certo). Corina Porro goberna cunha oposición blanda e as trifulcas con López Peña non fan outra cousa que procurarlle apoios. Incluso a urxencia do PXOM parece ter desaparecido. A iniciativa dos promotores para unha nova exposición e as novas alegacións dos comerciantes sobre as concesións de grandes superficies parecen entrar nun xogo para dilatar a aprobación e alongar o compromiso PP-BNG.
A moitos cidadáns gustaríanos saber que pensan agora os que persoalizaron tódolos males en Castrillo e Ventura. Non nos extrañaría nada que dixeran que a culpa é de Mauricio Ruiz que, por certo, é o que fai oposición. Xa se sabe, era amigo de Ventura, non ten cintura política,... Atentos ó radiopredicador e os medios que non teñen tv dixital. Son moi capaces.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Mauricio, Mauricio, ¡ra, ra, ra! Bien por Mauricio.
Los de Vigo somos 'ansí'
-¿Tomamos otra?
- Vale; pago yo.
- Por cierto ¿qué te parecen las obras del entorno de la alameda?
- Moy bonito todo. ¡joder, que tía! ¿Has visto?
Lo dicho.