Levamos tempo con pouca actividade no Blog. Foi un esforzo de moitos anos tentando levar un pensamento crítico e diverso aos nosos lectores. Polas nosas páxinas, dende que iniciamos esta aventura hai xa máis de 10 anos, debullamos a actualidade viguesa dende un posicionamento nunca cómodo para os que manexan conforme aos seus esrictos intereses particulares esta cidade.
Pero, dende aquela ata hoxe, novas formas de comunicación en rede teñen xurdido con forza mentras mantiñamos o Blog. Este post é para dicir aos nosos lectores que continuamos esporadicamente por aquí, pero que tentaremos estar cunha presenza maior en Facebook e Twitter. Alí esperámosvos tamén.
Vigoblog en Facebook
Vigoblog en Twitter
A nosa máis recente entrada en Facebook é sobre a anulación do Plan Xeral de Vigo:
Isto deciamos en 2006 en Vigoblog sobre a obriga da Avaliación
ambiental estratéxica. Aquel post do 2 de agosto de 2006 titulabámolo "O PXOM non se aprobará nesta lexislatura. Ou tal vez nunca":
Pero non só é cuestión de formalidades relacionadas co tempo de
tramitación. O Estudio de sostibilidade que recolle o PXOM aprobado
provisionalmente (por certo o que se expuso ao público foi case por
completo modificado para enviarllo á Xunta de Galicia) non abondará para
servir de base ao Estudio de Impacto Ambiental. Graves problemas van
ter agora os defensores desta chapuza de Plan, pois o procedemento de
E.I.A. obriga, ademais de a elaborar outra documentación importante, a
facer unha comparativa rigorosa, clara, expresa e xustificada entre as
calificacións do terreo no Plan anterior e no novo, cuestión que no
documento do PXOM aprobado provisionalmente "sorprendentemente" non
aparece.
Cantarán por soleares, e se situarán sobre o mapa
claramente, agora sí, as recalificacións urbanísticas. Porase así de
manifesto, se é o caso, se existiron transacións "casuais" de terreos
feitas con anterioridade a que o Plan os recalificase e se multiplicase o
seu valor económico por moitos díxitos.
¿Que pasará agora cando todo o peixe estaba xa vendido?. Menudo lío para Chema, Corina e Toba.
Parece que, visto en perspectiva, os tres zafaron, e lle tocou a
Caballero e a Caride apandar coas consecuencias. Ningún dos dous son
inocentes: pese á oposición inicial á barbaridade do documento aprobado
polo BNG-PP -especialmente por parte do socialista Mauricio Ruiz, do
equipo de Ventura Pérez- o actual alcalde e a actual concelleira de
Urbanismo (daquela Conselleira de Politica territorial) preferiron
seguir adiante con aquel insostible Plan, en lugar de reformalo en
profundidade.
Fixérono, ademais, da pior maneira: tratando
torticeiramente de evitar o sometemento á avaliacion ambiental
estratéxica do Plan. Unha avaliación que, de seguro, sería imposible de
realizar sen modificar a fondo cuestións básicas dese Planeamento: as
infladas estimacions de crecemento demográfico (Vigo, a estas alturas,
se seguimos a prospectiva do Plan de Consultora Galega, tería a estas
alturas case 400.000 habitantes); a operación especulativa de Beiramar a
costa de facer unha zona industrial nas abas dun monte, o tremendo
impacto da famosa Ronda; a xustificación dos informes negativos dos
técnicos municipais ("demoledores" en palabras de Toba, sempre disposto a
ningunealos), a legalización vía Plan xeral de instalacions ilegais
como eran as tristemente famosas 5Jotas en Candeán...
O desproporcinado cinismo dos protagonistas desta desfeita onte e hoxe, amparados na desmemoria desta cidade, produce rubor.
Esperemos que esta situacion se transforme nunha oportunidade de
elaborar un planeamento de calidade, non desarrollista, non especulativo
e respectuoso cos valores culturais, economicos e ambientais da nosa
maltratada cidade.
Entroidos que volven á vida: Budián, en Pantón, cos seus Brancos e o seu
Farranquín
-
O GC comeza a semana grande do Entroido coñecendo as curiosidades do
Entroido de Budián da man de Lucas, unha das persoas implicada na
recuperación desta f...
Ningún comentario:
Publicar un comentario