IX ÉPOCA

13.10.14

Sobre mareas, coalicións e asambleas.


Estamos nunha desas etapas en que semella cumprirse o principio de que "o vello non sirve e o novo non acaba de chegar". Son tempos fluídos donde están a piques de pasar moitas cousas pero non acabamos de ver o xeito de empuxar cara adiante.
Na nosa cidade grupos de persoas de diferentes procedencias tratan de por en pé o instrumento que permita participar na política local coa vista posta nun funcionamento transparente, sen corrupcións e aberto. Sen embargo, o punto de partida é unha cidade desmovilizada, sen movementos sociais independentes e cunha grande cantidade de asociacións e grupos presos na rede clientelar do goberno do concello ou da deputación ou mesmo dos grupos na oposición. 
Asi as asambleas cidadás abertas do BNG contan coa participación das súas correas de transmisión (o sindicato, o movemento veciñal,..) polo que, lonxe de ter un efecto multiplicador, aparece como unha manobra publicitaria do mesmo estilo das plataformas sectoriais que veñen marcadas por fronteiras ideolóxicas tan estreitas que duplican as estructuras partidarias.
Por outro lado, e animados por exemplos de outras cidades, aparecen duas iniciativas que copian o resultado organizativo sen ter feito o proceso de mobilización previo. A Marea de Vigo e , en menor medida, Gañemos Vigo, tratan de por en pe unha candidatura que incorpora algunhas características dos exemplos alleos (asambleas abertas, primarias(?)) pero que parten dun acordo de grupos que non renuncian a dotar de programa a ditas candidaturas. 
 Chama a atención a debilidade das críticas ao goberno local -as escaleiras mecánicas é o gran erro- e tamén a falla de debate e mobilización. A cidade debería estar atravesada de actos donde se explicaran as experiencias alleas, donde se debatira sobre alternativas sectoriais (urbanismo, medio ambiente, cultura, débeda, etc) e a partir de aí, ir construindo o programa que aglutinara a esa maioría que agarda unha referencia que apoiar.
Produce desánimo ver como a Marea de Vigo proponse recoller 3000 firmas de apoio como test para comprobar a súa viabilidad. Con tres mil votos non se acada nin un concelleiro. Un movemento que pretenda ser de verdade transformador debe aspirar a lograr unha maioria e  se non  se cristaliza nestas próximas eleccións xa será para as seguintes.

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Chegaremos ás eleccións municipais con media ducia de "plataformas unitarias" distintas, facendo campaña pola súa conta, e con unha única mensaxe común... "temos que xuntarnos TODOS". E así andamos, con iniciativas que pretenden xuntar a todos, na teoría, pero na práctica se traducen en "todos... excepto estes e aqueles pero sin eses outros e non cos de alí e nin de broma cos de alá... eso sí... temos que xuntarnos TODOS". Con estas alternativas vexo unha longa vida para PP+PSOE (e BNG).

Ataturk dixo...

Más claro imposible. Muchas opciones populistas y sin contenido y preparación hacen seguír a los de siempre que estarán felices.
Animo Pardavila y seguír, recuperando a Raquel.
Saludos.
Ataturk

Pablo Eifonso dixo...

Preocupante tamén que algúns liberados sindicais tenten encabezar, a estas alturas, alternativas políticas ás municipais: non entenderon ben o que abrangue o termo "casta".

Pablo Eifonso dixo...

E para ver as diferencias entre o "movemento veciñal" de Vigo (coas súas respectabilísimas aínda que escasas excepcións) e o de Madrid: La Tuerka, agora mesmo http://www.publico.es/publico-tv/program/live/59/latuerka?src=home

ines dixo...

E ¿Que pasou con Raquel? Como é o asunto..¿A río revolto...? Eu tamén fiquei abraiada cando mirei "ao liberado sindical" protagonizando...A ver que a cousa non é doada. Estamos noqueados, o que máis e o que menos intenta tirar para diante, pero xa non queda fe.. ¿Ainda non tocamos bastante fondo para unha revolución? Que ninguén se moleste en chamarme utópica xa o sei

Pallaso Tururú dixo...

Fai falla unha revolución en todos os aspectos, incluída unha revolución de crenzas e valores. Debemos confiar e continuar, axudarnos e darnos, algo de fe, esperanza e alegrías diarias... as cousas están cambiando, agora teremos que decidir nós.