IX ÉPOCA

27.10.14

Do síndrome de Estocolmo ao síndrome Detroit

Ainda queda en Vigo moita xente que fala de Citroën como dun deus benefactor que non deixa de derramar regalos sobre a cidade. Como teñen por costume os deuses, Citroën ven pedindo sacrificios que os pacientes desta especie de síndrome de Estocolmo realizan dilixentemente: unha avenida de conexión co porto,  unhas subvencións para o coche eléctrico; ainda a semana pasada, o alcalde declaraba con presas a disposición do concello a facilitar a ampliación das instalacións fa factoría de Balaidos.
Á vista do comportamento empresarial recente xa son moitos os que abandonan as reverencias e constatan que  emprego e  salarios levan baixando nos últimos anos e que as perspectivas empresariais pasan por destruir máis emprego, baixar máis os salarios e apretar aos proveedores mesmo invitándoos a deslocalizarse.
Sen embargo, lonxe de afrontar o problema, semella que caemos no síndrome de Detroit e , non sendo quen de imaxinar unha cidade sen PSA-Citroën, aceptamos as imposicións como se fosen cicloxénesis explosivas.
Vai sendo hora  que esta cidade mire para diante tendo en conta feitos que tarde ou temprano van suceder como, por exemplo, que non é posible manter o consumo de coches mundial nas cifras a que ten chegado, que o petróleo aumentará de prezo de forma exponencial, que o coche eléctrico está sendo atrasado de forma deliberada, que o transporte colectivo é o futuro. Témonos que sacar de enriba o síndrome Detroit e pensar que a fábrica de coches, como a carpintería  de ribeira,  ten data de caducidade. E facelo desde o punto de vista da cidade porque, non sei se se deron conta, eles, os empresarios de PSA-Citroën, xa se decataron e por eso xa non pretenden gañar cartos vendendo coches senón extorsionando traballadores e cidades enteiras.  

1 comentario:

Fran dixo...

A verdade que as ultimas noticias dan que pensar. Xa que comentas o do coche electrico, aparte de algun enchufe de gasoliñeira creo que non hai ningun mais, non sei, quizais si fixeran como en outras cidades que xa dispoñen deles nas ruas igual a xente se decidia a mercalos, ainda que os precios son algo elevados.
Saudos!