IX ÉPOCA

29.8.14

Jonathan en Samil: Abel Caballero, disculpas de mal pagador.

Finalmente Abel Caballero decidíu falar e tentar explicarse sobre a súa decisión de someter a nova concesión a caducada do restaurante Jonathan en Samil. Faino despois de que diversos grupos políticos, asociacións e colectivos cidadáns (entre outras, as máis de 500 sinaturas recollidas a iniciativa de Vigoblog dende a plataforma Avaaz) pedíranlle reiteradamente que frenase ese expediente; faino xa cando está a punto de adxudicarse o concurso convocado para seleccionar ao novo concesionario por un período de 30 anos.

As primeiras razóns expostas por Caballero sobre os prezos do café en Samil, mellor non telas en conta, por respeto á intelixencia dos cidadáns. O Faro de Vigo -que agocha canto pode a oposición  política e cívica a esta nova concesión- recolle hoxe, sen embargo, un intento de xustificación que aconsella  comentario e aclaración:

Non hai ningunha razón, máis alá de excusas e coartadas, para non derribar o edificio do atigo Jonathan e iniciar canto antes a rexeneración da área dunar de Samil, nesta e noutras zonas da praia;  si hai razóns esenciais para  facelo: como se ten confirmado polos estudos científicos da Universidade de Vigo -ou como calquera con sentido común e mínima capacidade de observación pode deducir-, é urxente actuar, sob pena de que o areal desapareza como consecuencia da erosión e perda de area e a non existencia dunha área dunar de reserva. Calquera política responsable neste tema pasa por eliminar tódolos atrancos existentes para acadar a rexeneración, ao menor custo posible e canto antes.

Polo medio, pode Caballero Caballero buscarse coartadas para non actuar, decindo que a concesión rescatarase inmediatamente unha vez que o Ministerio relance o proxecto de rexeneración redactado, consensuado no seu día co Concello. Vén dicir, pois, como excusa, que realmente non é el o culpable de tomar a decisión de manter o Jonathan e ampliar a concesión: a culpa é do PP que non executa o proxecto pactado. A el non lle queda máis remedio que seguir deixando esmorecer a praia e non iniciar a súa rexeneración: a culpa é do PP.

Sen embargo:

- A existencia de edificacións sobre a duna con negocios en réxime de concesión, e o alto custo dos rescates por razóns de interese público, sempre foron un dos principais atrancos esgrimidos por uns e outros para iniciar xa o derribo do muro e a rexeneración da praia. Esta circunstancia, xunta con outras -relacionadas coa non execución de medidas municipais previas indispensables que agora comentaremos-, foron aducidas expresamente polo Ministerio como impedimento de causa maior para non iniciar o proxecto redactado.

- É unha media verdade o que afirma Caballero sobre a posibilidade de rescate inmediato en calquera momento da concesión: esta condición non figura como específica, automática e gratuíta no prego de condicións da concesión (tal e como trata de facer crér entre liñas o alcalde), senon que se recolle en termos xerais -como necesariamente é obrigado en todo expediente de concesión-: remitíndose á legalidade vixente neste precedemento, que prevé a posibilidade de rescate por razóns de utilidade pública. Isto significa que, no caso de aplicación das previsións do PXOM neste ámbito, habería que facer o gravoso pago de rescate, sen condicións específicas ningunhas que obriguen ao adxudicatario. Dubidamos moito, ademais, de que se poida rescatar doadamente aducindo nada máis a decisión simple de "tirar o muro" e non o desenvolvemento do PXOM. Estamos falando dunha indemnización moi alta, tanto polo longo período de 30 anos de concesión previsto no prego de condicións, como pola esixencia contractual de fortes investimentos iniciais a realizar na edificación actual por parte de  quen resulte concesionario, que haberá que compensar... se é que non pleitea, claro, e as cousas adíanse indefinidamente.
Corolario: se non queres pagar o rescate, se queres deixar aberta a posibilidade de recuperar a praia con outros mecanismos distintos á execución completa do proxecto de rexeneración, non fagas a concesión.

Á parte da estupidez dos 30 euros do relaxing cup of café con leche en Samil, ¿que razóns hai para poñer un atranco de semellante categoría a un goberno municipal que realmente queira tirar total ou parcialmente o muro e rexenerar total ou parcialmente a praia no futuro próximo?. Que razóns hai diferentes ás que serviron para ordear e executar polo Concello o recente derribo do Restaurante As Dornas, que se atopaba nas mesmas condicións físicas, de ubicación e administrativas do Johathan?
As excusas aducidas de manter con servizos a praia, é moi difícil de manter cun mínimo de racionalidade: hai abondo e non son servizos indispensables. Serviría ademais igoal para o caso das Dornas, e non se aducíu daquela.

Que cada un busque as razóns. Non se nos ocorre pensar en que teñan que ver coas relacións que persoas de certo sector da hostelería viguesa manteñen co goberno municipal, claro.

- A execución total do Plan do Ministerio de Medio Ambiente, non depende só de consignar nos presupostos xerais do Estado a cantidade para executalo. Depende de cuestións previas de estricta competencia municipal.
  • A eliminación da zona deportiva municipal situada na zona de praia coincidente coa desembocadura do río Lagares.
  • O desenvolvemento do PXOM nas previsións contidas para a zona de Samil, que inclúe a realización dunha carretera interior que permita reubicar servizos e aparcamentos fóra da ára dunar, cos correspondentes procesos de expropiación ou compensacións urbanísticas.

Visto que na actual situación de crise económica isto non vai a ocorrer, e que a praia de Samil debe ser salvada urxentemente como espazo natural e de ocio (as dúas cousas son interdependentes), se hai realmente vontade de rexeneración, é preciso un plan B de actuación progresiva, que está perfectamente ao alcance económico e administrativo das administracións central e municipal.


Como sabemos, polas súas declaracións, que Abel Caballero é partidario da inicia-la rexeneración e de acometela progresivamente, non entendemos que non a inicie agora que está en moito mellores condicións de facelo cá en 2008 -cando realizou estas declaracións-, pois xa non existen as concesións administrativas das Dornas nin do Jonathan.

Para axudalo, ousamos propoñer de seguido algunhas accións perfectamente viables e de baixo custo para deseñar e executar ese Plan B de rexeneración progresiva, que poña de manifesto, máis alá das boas  palabras, a vontade política e a sensiblidade medioambiental de recuperar a praia:

  1. Tal e como se comprometeu, despois do derribo das Dornas, eliminar o muro e xardíns situados sobre o solar resultante da desaparición do restaurante, dando continuidade á zona dunar en proceso de recuperación do adxacente Coho das Dornas. Eliminar as capas superficiais de terra para deixar ao descuberto a area soterrada e iniciar o programa de rexeneración mediante pantallas vexetais de retención de area e limitación de acceso á zona a recuperar. Deseñar e habilitar un paseo de madeira sobre pilotes para facilitar o tránsito peonil entre zonas de praia. [Hai que lembrar que ese tramo do paseo foi construido xa polo Concello en tempos de democracia, nunha desgraciada iniciativa do concelleiro (de varios partidos) Agustín Arca].
  2. Tal e como está previsto no PXOUM, eliminar a zona deportiva municipal que se sitúa sobre un inorme recheo na desembocadura do Lagares. Iniciar os procesos de recuperación dunar desta zona de praia. Deseñar e habilitar un paseo de madeira sobre pilotes para facilitar o tránsito peonil entre zonas de praia [a recuperación desta parte da praia xa fora decidida como consecuencia dun pacto presupostario do ano 1987 entre o PSOE de Manoel Soto e a daquela Esquerda Galega de Camilo Nogueira. Nunca se executaron por completo as condicións pactadas, pois o PSOE incumpríu o pacto para esta zona  e, lonxe de recuperala, urbanizouna máis -"Alameda Ría de Vigo-, á vez que construía un novo tramo do Paseo na zona da Punta]    [sen embargo, o goberno municipal está a adxudicar obras de reforma deste campo de fútbol por importe de 235.000 euros, o que amosa a vontade de consolidar as instalación e non de encamiñarse cara á recuperación desta zona, seguindo as indicacións do PXOM e do proxecto do Ministerio
  3. Eliminar o tramo do paseo e zona urbanizada na que se atopa o Jonathan e zonas axardinadas adxacentes que actualmente non contan con aparcamento. Iniciar os procesos de rexeneración dunar nesta zona recuperada. Deseñar e habilitar un paseo de madeira sobre pilotes para facilitar o tránsito peonil entre zonas de praia. Habilitar servizos de tempada de praia provisionais, compatibles coa rexeneración.



Son tres medidas moi conservadoras, respectando as actuais zonas de aparcamento e pista de patinaxe. Unha acción máis decidida iría encamiñada a rescatar as dúas concesións existentes aínda -próximas á súa finalización-  minimizar a presencia de vehículos privados, reforzando con lanzadeiras o transporte público de tempada, habilitando mesmo transporte marítimo de pasaxeiros e eliminando os aparcamentos e parques infantís e piscinas actuais (o maior parque infantil dunha praia é a praia mesma, nonsi?). Os servizos hosteleiros precarios de tempada, ben deseñados, son compatibles coa retirada do muro e a recuperación dunar.

Se realmente hai conciencia e vontade de iniciar a rexeneración de Samil, pódese facer sen buscar culpables noutros partidos ou administracións.  Só abonda con ter responsabilidade política e medioambiental e non deixarse levar por meros intereses particulares e/ou electorais inmediatos, Samil pódese salvar e o Jonathan pode e debe ser derribado. Só abonda con cumprir a palabra dada por Abel Caballero da súa disposición a iniciar de inmediato a rexeneración, aínda que fose por fases.

O resto son excusas de mal pagador.

12 comentarios:

Anónimo dixo...

Menudo fárrago para reconocer que metisteis la pata: sí se puede rescatar y sí viene en el pliego de condiciones. No pasa nada, le puede suceder a cualquiera. Sin embargo, esto: "non hai ningunha razón, máis alá de excusas e coartadas, para non derribar o edificio do atigo Jonathan e INICIAR canto antes a rexeneración da área dunar de Samil" es una manipulación torticera de mal perdedor. El presupuesto es la razón, pre-su-pu-es-to, o se creen (claro que no) que las obritas se pagan solas...? En fin, no me extraña, malacostumbrados a los antiguos botarates, los Castrillos, Príncipes, Corinas, etc, pensáis que todo el monte es orégano; cuando el catedrático y ex-ministro os da mil vueltas...

Pablo Eifonso dixo...

Segues insistindo en algo FALSO ou nunha evidencia. Xa cho dixemos: o prego de condicións non prevé en ningures o rescate automático da concesión cando se inicie o proxecto de rexeneración, nada di disto. Inclúe -xa cho dixemos, e mesmo cho reproducimos na outra entrada-, como en TODOS os expedientes de concesión administrativa, a cláusula de rescate pola administración por razóns de utilidade pública. Isto non representa ningunha condición previa que obrigue ao concesionario. Tal vez non entendas que un rescate supón o pagamento dunha indemnización, tanto maior como anos resten da concesión ou condicións iniciais da mesma. .
Isto non é discutible: o prego (xa cho enlazamos tres veces) é público e está consultable na web municipal. Para que o entendas, léeste a cláusula 29 do prego de condicións e xa arranxas.
Ah! As palabras de Abel Caballero nun periódico non teñen capacidade normativa; sei que levas unha desilusión, pero debes sabelo.

Se non queres rescate, non fagas concesión: sinxeliño (para que non teñas que lér moito).
Esfórzate máis en argumentar

Anónimo dixo...

Benquerida troll anónima: faga un esforzo, ande. Si me permite van un par de tarefas (xa sabes, primeiro te documentas e logo falas). Vai por orden cronolóxico:
1º- Porqué Elena Espinosa (Ministra de medio ambiente, PSOE) asina un proxecto de recuperación do litoral de Samil... e acto seguido o mete nun caixón sin chegar a desenvolvelo?
2º.- Porqué a súa sucesora, Rosa Aguilar (Ministra de medio ambiente, PSOE) non saca do caixón ese proxecto?
3º.- Porqué o seu sucesor, Arias Cañete (Ministro de medio ambiente, PP) non saca do caixón ese proxecto?
4º,. Porqué a súa sucesora, Tejerina (Ministra de medio ambiente, PP) non saca do caixón ese proxecto?.
Unha pista: Todos e todas (do PSOE e do PP) argumentan exactamente o mismo motivo para non executar ese proxecto. Dito motivo figura, claro e conciso, no proxecto da dirección xeral de costas. Se trata dunha cousiña, ou máis ben cousiñas, que PEVIAMENTE (condición determinante e imprescindible), debe facer o Concello de Vigo.
A ver si atopas a resposta, miña rula.
(por certo: percibes algunha "paguita" polas loubanzas que fas do alcalde nos blogs e comentarios dos xornais?)
P.d.- Benquerida troll... verdade que molesta que non se identifique quen fai comentarios?

marcos andion dixo...

¡Mimá! Demasiada munición para un blanco tan nítido.
En este asunto no hay necesidad alguna de meterse en los vericuetos de legislaciones aleatorias (aúnque la contumacia de "trolls" a sueldo o, simplemente, abducidos parece exigirlo); es una simple cuestión de voluntad y buen gobierno. Pero está clarísimo que en el Concello escasean ambos.
Nada obliga a prorrogar la concesión; nada impide dotar la playa de servicios por detrás de la zona dunar que se pretende rescatar, y nada puede evitar la sospecha de vaya usted a saber qué espurios intereses está protegiendo el alcalde.
¡Váyase, señor Caballero!, antes de que lo echemos, como es de rigor.
Y, entérese,don Abel: todos los vigueses no somos idiotas.
(AVISO a trolls desaforados: mejor abstenerse, porque con los "argumentos" manejados hasta el momento, lo único que están consiguiendo es exhibir su estulticia, aunque estoy seguro de que esa misma estulticia les impedirá hacerme caso).

Fran dixo...

A verdade que era unha boa oportunidade pra iniciar esa remodelación. Eu non entendo o motivo da nova concesión.
Saudos!

Anónimo dixo...

Jojo, los jerifaltes de la versión underground de El Patio de Cachamuiña (incluido el de Amigos da Curuña, cipayo a sueldo de la Voz) salen en tromba para defenderse de este humilde troll; no vaya a ser que pase como la última vez y provoque otro cisma como el que puso fuera de circulación a la chica que quería cerrar peinador, "tiempo para la reflexión lo llamaron, jojo. El dinero y las competencias no son excusa, ponte al tema y dimite al tiempo, Abel...!!! Que te vamos a echar entre los 4 gatos revenidos, politiqueros redomados, que conformamos VB. Lo que fuisteis y lo que sois, a mí me dais pena...

Tiago Louro dixo...

Eso son argumentos, estomagoagradecido anónimo, e o demais son contos. Certamente, máis tonto, e non naces.

Anónimo dixo...

... en el fondo el palmero este es simpático. Conste que no lo tengo a sueldo para que me haga publicidad (con los ingresos de Cuba, Venezuela y Korea del norte me llega, no necesito más) pero si te lo curras un poco más te nombro presidente de mi club de fans.
Por lo demás, lo de siempre: descalificaciones ad hominem ocultándose en el anonimato pero ni un solo argumento para rebatir los datos que se aportan.
Pues nada, palmero (o palmera), ya que te empeñas en hacerme propaganda, y conste que te lo agradezco, pues ahí va...
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2014/08/31/renovar-jonathan-equivale-condenar-playa-samil/0003_201408V31C6991.htm
Por lo demás, lo dicho: por cortesía con la amabilidad de Vigoblog que nos abre este foro doy una primera respuesta por alusiones a anónimos pero a partir de esta respuesta inicial solo contesto a argumentos (no a descalificaciones personales, que yo no utilizo) y, como siempre, identificándome tranquilamente, como debe ser.
Feliz día.
Antón Lois.

Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Pablo Eifonso dixo...

Troll anómino. Seguiremos utilizando as túas intervencións sempre que nos deas pé para ampliar os nosos argumentos, dirixidos a persoas con sentido crítico e capacidade para lélos.
Deixaremos os teus comentarios mentras sirvan como mostra autodescalificativa dos que se adican ao aplauso tontamente interesado.
E se non nos serves, xa o sabes, deixamos de alimentarte, e a golpe de click, borrámoste (como acabamos de facer co teu último "comentario")
[aplicaremos así, con máis rigor e menos condescendencia, as nosas normas "Participar en VB" que podes lér no noso marco dereito].

Anónimo dixo...

Dos autores de "si no se renueva el Jonathan un café en Samil costaría 25 euros" (Abel Caballero dixit) chega a segunda parte "la renovación del Jonathan es perfectamente compatible con la recuperación de las dunas" (Carmela Silva dixit). A este nivel temos chegado.

Ataturk dixo...

No es posible debatír con Abel y Carmela, sencillamente por su falta de criterio y, sobre todo, por salír por los cerros de Ubeda.
Noto de menos a Raquel en el blog.
Saludos.
Ataturk