IX ÉPOCA

17.7.12

Non é a crise, é a ideoloxía!!!

Decir que a alteración das normas de funcionamento da radiotelevisión pública española obedece a intereses ideolóxicos da dereita gobernante constitúe unha obviedade. Que no cese de J.R.  Lucas non intervíu nin Merkel nin os homes de negro sabémolo todos.
Tampouco a troika dixo nada respecto da nova normativa de Costas que vai agravar o desastre do noso litoral favorecendo a propiedade privada fronte a uso público. Trátase do programa privatizador da dereita agachado na campaña electoral e posto en práctica de forma arrogante desde o BOE.
Atacar a educación pública (porque a dereita non ataca á educación privada;  non lle escoitamos decir que deberíamos "adelgazar" a educación eliminando solapamentos nos servizos e creando sinerxias mediante a inclusión dos centros financiados con fondos públicos nunha rede con unidade de xestión ) pois  atacar á educación pública forma parte do programa de resolución da crise mediante o afondamento das desigualdades deixando a unha boa parte da poboación fora das posibilidades de exito escolar reservando asi os escasos postos de traballo cualificados só para os fillos das clases privilexiadas. Esto é ideoloxía pura e dura é non ven imposto pola crise, mais ben a crise é un excelente oportunidade para levalo á práctica.
Ideoloxía é seguir mantendo un sistema financieiro que funciona a base de enganos, perdas enormes e fraudes pesía ser dirixido por eminentes "figuras" que son premiados con retiros dourados ou nomemamentos ministeriais. Ideoloxía é pensar que uns naceron para tomar decisións e beneficiarse e outros so sirven para pagar os desmáns. Non é certo que todos sexamos culpabeis, hai uns reponsabeis e uns beneficiados pero despreciando as regras democráticas pasean a súa impunidade diante de todos.  Esa é a ideoloxía que nos goberna, a causa do paro e o empobrecemento da nosa sociedade.
Asi que señores e señoras gobernantes,  non é a crise, é a ideoloxía estúpidos! 


Ningún comentario: