IX ÉPOCA

12.4.12

Un partido ausente

Unha das características de Vigo é contar con organizacións partidistas digamos que orixinais. Á dereita contamos cun partido que vai devorando "lideres"  e "lideresas" de forma contínua. A última candidata foi eliminada polo vello sistema de Herrera ,Don Helenio,  do  patadón cara arriba (Consello Consultivo) xa empregado en outras ocasións  por exemplo,para colocar a Pérez en Europa.
Sen embargo, velai temos ao fontaneiro Chema remexendo incansable nos sumidoiros do poder provincial. Este rapaz, saiu dos Valos xurando, en plan Escarlata,  que non traballaría xamais na hosteleria,  e de momento vaino cumprindo. Tampouco quere traballar de alcalde de Vigo e , ainda sendo Presidente do partido, vese claro que non se atreve a contrastar as súas aspiracións e cualidades nas urnas. A cousa ven de lonxe. A oposición do PP no Concello de Vigo é unha sucesión de concelleiros que aparecen e desaparecen. O PP non ten candidato en Vigo e a este paso van ter que inventalo polo tramite de urxencia.
Pero a Chema dalle igual porque el ten un patronato de Turismo provincial  que lle fixo Louzan para que disfrutara de despacho, talonario e micrófonos.Non é de extrañar que cando o xefe dos empresarios Fontenla pide o "adelgazamiento" da administración, suprimindo Deputacións, Chema e Louzan salten como fieras para defender "o seu" importandólles moi pouco a presión dos mercados ou a "prima" que mete tanto medo.
Agora, con dificulatades nos orzamentos,  veñen de inventar outro chiringuito a medida para Chema: unha área metropolitana ideada para que o cerco maoista  da cidade desde o rural  dea como resultado -por fín- a conquista da cidade polo gris PP de Chema.
Asi é como lle gusta, pola porta de atrás, sen chamar a atención. Que humildade!!

3 comentarios:

Ataturk dixo...

El PP necesita gente de la Alameda, muy chyc y del listado de Club de Campo, para encabezar las listas de Vigo. Por eso cae M.Pérez, se la juegan a Corina desde dentro, y ... pobre Chema solo utilizado por pura necesidad pues los de tan alta clase no trabajan como se sabe.
Tendrán que buscar entre los hijos de familia bien y darles estudios de Alcalde, para perder claro.
Y no ganan ni con un Abel en contra, que ya es ser malos vaya.
Saludos.
Ataturk.

ines dixo...

Ë curioso o que a min me pasa con Chema. Ë imposible que teña cen anos, non? E que a min me parece que o coñezo no CONCELLO de toda a vida

Galopin dixo...

Es la paradoja del PP local. Tan "fisnos" ellos y luego utilizan a mediocres como Chema y la Corina para embestir contra las paredes. ¿Como podéis decir que no trabajó ne hostelería? ¿Y que hacía en los 80 en el Persígueme y el No Se lo digas a Mamá? Pues de portero, poniendo copas y controlando a las titis.
En El País de hoy lunes, 7 de mayo, y a propósito de la Fundación Puerto de Vigo, (que esa es otra)hay toda una nómina de notables peperos locales, que a la hora de la verdad no se les ve por ningún lado. Pero si financiaron... aunque me temo que no están todos los que son, ni son todos los que están.