Concelleiros e concelleiras do PP, PSOE e BNG, facendo o papelón no palco da Reconquista.
Con cantante fino e todo.
A primeira pola esquerda é Marián García, do PP, co traxe da Sección Femenina rabelo, ao xeito Heidi. Á concelleira do PP, Marta Iglesias, dixéronlle que poñendo uns trapos enriba doutros, apañaba e tal. O que vai vestido de Peter Pan acabado, é o concelleiro milideas do PSOE, David Regades, que comparte modisto co seu colega Angel Rivas, que tira máis a Guillermo Tell. A Santi Domínguez o chapeu na caluga vaille que nin pintado, a xogo funcional co bandullo estourando no chaleque. Á súa esquerda, á UPG Iolanda Veloso, sen as gafaspasta, puxérona da Idade Media, que tanto ten uns séculos máis ou menos.
Todos e todas cumprindo, sen complexos, o seu papel.
Todas e todos preparadas para acabar cos afrancesados do seu pequeno mundo.
Foto @abelcaballero
O reto máis difícil da literatura en galego: como a tradución da Biblia
levou 16 anos
-
Foi realizada pola editorial SEPT, cun grupo de traballo no que
participaron 35 persoas, coordinado polos tradutores Xosé Fernández Lago e
Andrés Torres Qu...
3 comentarios:
Bestial, bestial, a panda de dirixentes indixestos que temos que padecer. Ridículos e trapalleiros, sería para rir sen parar se non fose porque realmente é para chorar e marchar.
¿Qué fixemos tan mal para merecer esto?
Muy buen titulo. Menuda tropa.
E que con toda esta inmundicia , Caballero non pareza mellor...
Publicar un comentario