IX ÉPOCA

27.9.10

FOLGA XERAL!!

Vou confesar que levo unha tempada tratando de aforrar algúns cartos. Cando Feijoo e cia. completen a manobra e privaticen a caixa única (CAJA2, lembran) , quero ser un deses galegos que compraremos patrioticamente accións para que os fondos de inversións internacionais sigan exercendo o seu "dereito a decidir".
E o caso é que tratei de buscar algúnha razón para non ir á folga xeral e, para a miña desgracia, non atopo nengunha. Pola dereita síntiome insultado cando escoito que a folga xeral impide o dereito ó traballo... con catro millóns de parados e non sei cantos regulados!!! Que se é unha mala noticia para os mércados...pois claro, é que a folga é contra os mercados tamén!!!
Pola esquerda, en voz baixa, dinme que non se pode atacar a Zapatero. Estou de acordo. Unha folga xeral non se pode facer para algo tan cativo. Para iso están as eleccións. Do que se trata é de defender os dereitos dos que traballan frente a gobernos, empresarios e banqueiros que nos explotan coas súas políticas, os seus despidos e a súas hipótecas.
Quedarei, por tanto, sin un dia de salario e as partes proporcionais de pagas e vacacións, non poderei comprar as accións de CAJA2 pero vou pasar o dia paseando e berrando pola cidade adiante xunto con moitos coma mín. Un placer. Vémonos.

2 comentarios:

VIGOdeBAR dixo...

Esta huelga general la tenían que haber hecho los sindicatos hace un año. Y no ahora para hacer el paripé.

HAVI dixo...

vigodebar:
excusas, so excusas. o problema para todos os/as traballadores/as non variou, os argumentos son os mesmos.
claro que as cousas se poden facer mellor, pero iso non é motivo para non poñerse en acción.
TODOS/AS Á FOLGA!!!