Toldo da comisión. Mediodía. Fala Paulino: pantalón curto do alcampo e camiseta co nº 9 de Ronaldo. Escoitan catro parroquianos: pantalón de tergal e camisa branca.
- ...pero, mecago en ningún dios, como vai ganar un rapas 600.000 euros nun mes? Iso non o ganaba eu nin en 20 anos velando tódolos dias en Vulcano!! Dan catro patadas e, veña, unha millonada ó peto e un mátase a traballar toda unha vida e lle dan unha pensión de merda a ainda por enriba agora non a suben. Sabes o que che digo, que se fora eu, mandaba o futbol ó carallo e metia a todos eses a limpar os montes.
Chega David. 8 anos. Camiseta oficial da "roja". Zapatillas "adidas"
-Que dice la abuela que vengas, que vamos al Carrefú.
Famosos namorados de Galicia: Norman Reedus e o seu desexo de ter un fogar
na Costa da Morte
-
O protagonista de The Walking Dead confesa que Galicia é o seu lugar
favorito do mundo polas súas praias "sexis" e a paixón da súa xente.

Ningún comentario:
Publicar un comentario