IX ÉPOCA

1.7.10

Cara a folga xeral (II)

Convencidos case todos de que a crise económica é un fenómeno natural como as erupcións volcánicas, agora toca comulgar co truco trapalleiro da construcción de hospitais pagando 6 veces o seu custo do que unha boa parte son beneficios da iniciativa privada e hipotecando ademais varias xeneracións sen pedir permiso.

A dependencia dos gobernantes cos responsables da crise (das que por certo algúns como Gayoso, Pego e Cia seguen sen ser inhabilitados) tenlles impedido cambiar o seu modelo de macrosolucións e , sen imaxinación nengunha, continuan na vía despilfarradora de recursos. Pode crese que, nunha reunión de responsables do complexo hospitalario vigués, se preguntara que facer coas instalacions do Meixoeiro? Podemos tirar cunha infraestructura de esta importancia? Ou acaso traballan os nosos xestores como os presidentes do club de futbol e agardan unha recalificación para construir un hotel con centro comercial?

Asi non se “mellora o futuro”, asi rouban o futuro. No século XXI , na época das tecnoloxías da información, a concentración física de servizos non pode ser a única solución.

Non as macrosolucións. Non ó macrohospital, non a macrodepuradora, non á macropraza do Rei, non á macrocidade da Cultura, non ós macroportos,

1 comentario:

Alí Babá e os seus 40 amigachos dixo...

Non hai como estar no poder para repartir negocios seguros entre os amigos. O conselleiro de infraestruturas (e médio ambiente!!!) xa tamén ten todo listo para o larpeiro concurso da concesión do desdobramento do corredor do Morrazo. Unha obra ilegal incluída nun inexistente Plan Move e nun Plan Director de Estradas sen aprobar, que ten un presuposto de execución material de 49.489.122,33 €, euros que rapidamente se convirten en 68.314.784,46 € como presuposto base para a licitación (?) e IVE, e que grazas ao sistema de concesión pagarase a inversión inicial en "cómodas" cuotas durante 25 anos. Estas cuotas, que parece que será o posible concesionario o que as oferte, xa adianta o estudo de viabilidade económica (preparado xentilmente pola administración) que poderán ser de 9.540.000 € + IVE anuais, o que da uns ridículos 303.936.696 € + IVE nos 25 anos, maquillados iso si coa conservación da estrada e das outras estradas autonómicas do Morrazo, que o estudo cifra nuns 60 millóns nos 25 anos.
Unha obra de 49 millóns póla que se pagarán máis de 300?
Xa abonda de deixarse manipular, botemos a patadas a estes parásitos!