IX ÉPOCA

24.7.09

Entullo ilegal en Candeán

VB vén de comprobar a veracidade da denuncia de ADEGA sobre o masivo vertido de entullo, posiblemente procedente das obras, entre outras, do Plan E en Vigo. Un vertido ilegal disfrazado de pavimentación de supostas pistas forestais, que transforma os nosos montes , outra vez máis, no vertedorio oficial dos contratistas do Concello de Vigo. A recente protesta das empresas xestoras de residuos industriais (así son clasificados os entullos procedentes de obras), denunciando tamén a xestión ilegal deste residuo por parte das empresas que re-repavimentan as rúas viguesas, pon de manifesto que estamos diante dun gran vertido salvaxe, permitido -se é que non auspiciado- polo Concello de Vigo. Esta acción, por falta de control da inertización e da inocuidade do residuo espallado polo monte, provoca non só os xa evidentes danos paisaxísticos, senon tamén, como xa se denunciou, pode provocar a contaminación de acuiferos. Estamos diante non só dun acto posiblemente delictivo sobre o que debería investigar a fiscalía, senon tamén, como sempre, diante dun gran negocio: mentres o Concello paga en proxecto por unha cara xestión especializada e un transporte de residuos a vertedeiro autorizado ou reciclaxe controlado, os contratistas aprópianse deses fondos, ao non empregalos de xeito legal e aforrarse os custos presupostados. O negocio é xa vello en Vigo e nel participan descaradamente algunhas comunidades de montes. Xa no seu dia, aconchabados co difunto Agustín Arca, o monte Alba foi utilizado para un ilegal vertido masivo de terras, que servíu para modificar brutalmente a topografía do seu cumio. Tócalle agora á Comunidade de Montes de Candeán, que vén permitindo tamén dende hai tempo o vertido incontrolado de residuos de poda da concesionaria de xardíns do Concello de Vigo. As fotos que presentamos, feita hai algúns días, presentan un inorme vertido no cerne mesmo do parque forestal do Vixiador, na parroquia viguesa de Candeán. Á ilegalidade de tal vertido, ao abeiro da ampla normatva sobre xestión de residuos, engádese o feito de que as obras de pavimentación do monte tampoco consta que conten con permiso nin licencia das administracións competentes.

Parece que as ideas de Amador Fernández, ex-concelleiro de Medio ambiente co BNG na corporación Castrillista, e destacado comuneiro de Candeán, teñen éxito. Efectivamente, Amador xa utilizou esta práctica ilegal cando usou os entullos procedentes da demolición do antigo cuartel de Barreiro na formación dunha agresiva base para o tramo do paseo da beira do Lagares ao seu paso por Sárdoma e Castrelos, aforrando así miles de euros aos contratistas encargados da demolición. Aínda que sabemos que non é o único: o papelón de Isaura Abelairas (concelleira de Obras) e de Chus Lago (de Medioambiente) é, sinxelamente, de cómplices, coa súa incuria e silenzo, da desfeita.

Outro posible delicto que quedará impune, co Concello mirando, interesadamente, para outro lado, e os nosos montes, un pouco máis tocados pola man dos bárbaros.

2 comentarios:

Galopin dixo...

Son cerca de la 1 de la madrugada del día 25, día do noso señor Santiago, y no he podido enterarme bien de si el Sr. Caballero ha presentado su dimisión irrevocable. Ya sabéis, aquella que dijo que presentaría por lo del tren veloz. Es de suponer que ya está con los pantalones bien abajo. ¿Qué será lo siguiente?
¡¡Jooo que tropa!!
¿Y la Chus tirando colillas a la ría?

Cínico das bágoas secas. dixo...

Tamén podía ser o día no que os cornudos resentidos e envexosos rabean máis ca nunca porque nonos convidan a esa celebración.

O dos entrullos ten tela (seguramente en tódolos sentidos)pro hai moito compice!