IX ÉPOCA

4.3.09

Non todo é imaxe

As analisis postelectorais veñen insistindo en que as causas da derrota son a mala imaxe que deron BNG e PSOE cun goberno partito pola metade, o mal que sentou o despilfarro do coche ou a foto do yate. Sen negar a infuencia destes factores conviría tamén repasar a política desenvolvida. Acaso se esas consellerías autónomas tivesen desenvolvido políticas satisfactorias non perderían valor esos asuntos? Ademáis de espectadores da política somos pacientes do Sergas, familiares de dependientes, pais e nais de alumnos, consumidores, tributarios da facenda, lectores de periódicos, cidadáns.
O cabreo viña de tres anos e medio. E os do bipartito seguindo a eterna manía de pagar pola propia imaxe acabaron crendo que a súa simple presenza xustificaba o cambio. Pois non é así, hai que facer política e non só espectáculos. Claro que para iso precisan partidos e non cargos ocupantes da administración e axencias publicitarias.

13 comentarios:

Anónimo dixo...

O peor de lectura e que parece ameazar con ainda máis gasto na "visualización" de labor de goberno.

ines dixo...

Non todo e imaxe, non, pero a imaxe tamén é moi importante. Respecto a xestión, eu estou a falar con xente que trataba coa administración en distintas consellerías e comentan que se traballaba e xestionaba ben. O propio Nuñez Feijóo o está a recoñecer. Si, os gastos suntuarios fixeron dano e por parte do BNG, o transixir nalgunhas cousas gastaron moito a súa militancia. (Exemplo a aprobación de pensións para os políticos).
Outro punto para analizar son as grandes cidades ¿Canto perdeu o PSOE en Vigo? ¿Non terá parte da culpa na perda de escanos os governos locais?

De tódolos xeitos estamos en democracia e os votos son os votos polo tanto

PARABENS SEÑOR FEIJOO

Anónimo dixo...

La UE insta a abrir una investigación sobre las obras en los cañones del río Sil, cualquier actuación en nuestro entorno protegido, debería tener mil y una lupas, pero los políticos cuando tienen que estar ya no se encuentran porque ya firmaron y yo, y tú y nosotros compuestos y sin la riqueza más importante de Galicia, que es la protección de su riqueza y biodiversidad. Manda ovos.

Anónimo dixo...

Pois agora vai Touriñán, xa o comentou o señor Negreira

Anónimo dixo...

Óla compañeiro:

Quizá conveña esquecerse da política por un intre e desfrutar dunha oferta cultural que alonxe por uns intres as nosas preocupacións cotidiás.

O Centro Cultural Caixanova programaou máis de cen actos para celebrar o seu 25 aniversario na túa cidade: Les Luthiers, Faemino e Cansado; Serrat... Con toda seguridade que atoparás algún evento do teu gosto.

Como sempre un pracer pasar polo teu Blog. Unha aperta.

Anónimo dixo...

Non fago mais que escoitar que o bipartito o fixo mal , como fala Pardaval. Pois nada , felicitacións a ti e a todos os que pensan coma ti. Xa sexan por que son do PP ou porque son tan puristas e tan pefeccionistas que calquera atisbo de imperfección lle provoca malestar e o voto util ao menos malo lles resulta unha traizón aá sua ideoloxia.
Sei de un que como non atopou a parella perfecta , sen defectos, nunca coñeceu o amor e morreu só,
ata eu que pensei que era o seu amigo , me dixo que tamén tiña os meus defectos.
Eu voto ao bipartito igoal que teño amigos que adolecen de certas cousas e igoal que teño amores que ademais de amar me fan sufrir.
Unha cousa é criticar cousa moi sana e recomendable sempre que sexan críticas positivas e outra cousa é axudar a destruir un proxecto que nin moito menos era perfecto pero era o millor que nunca tiveramos nesta terra.
Pois nada señores do PP ou puristas empedernidos gozade co PP, creo que empeza con Touriñan, o galego, a volta a construcción na costa e que sei eu que mais diversións nos deparara.

Anónimo dixo...

A min sigue a preocupar a Santi Dguez. i en mans de quen caiú ó Partigo Galeguísta. Perdón. Marcos.

L. Pardavila dixo...

O razonamento que fai o penúltimo anónimo é bastante representativo dun pretendido realismo político que sustitúe o debate por unha pretendida moral progresista universal donde evidentemente están situados el e os elexidos.
Admitirá o penúltimo anónimo que as posicións políticas lexítimas non acaban no PP, PSOE e BNG. Aínda máis recoñecerá que tamén se fai política fora dos partidos.Incluso non votando. Recoñecerá, tamén, que se 120000 votos deixan de apoiar unha opción é porque non teñen razóns para facelo e, polo tanto, a responsabilidade é de quen lle fai a oferta.
Entendo que tódalas críticas fundamentadas son positivas e non o son as que empregan mentiras ou manipulacións. Outra cousa, apreciado anónimo, é que non partamos de posicións semellantes ou de lealdades compartidas. Pero niso, como no amor, hai moitos camiños diferentes.
Non se pode substituir o debate e os argumentos por moral de grupo. Deixemoslle iso ás igrexas e as sectas e discutamos. Foron eles os que inventaron aquilo de "quen non está conmigo, está contra min"
Así que, estimado penúltimo anónimo, pensas que a política do bipartito cos medios de comunicación foi axeitada?
Ah! e desexémonos sorte no amor.

Anónimo dixo...

Eu respeto a quen, defraudado, non votara ao bipartito. Estupendo. A quen convencido, votara ao bipartito, e a quen medio desencantado quixo prorrogar e dar oportunidade ao bipartito. Por respetar, tamén respeto, faltaría máis, aos votantes do PP, amplísima maioría. E aos dos outros partidos, que teñen dereito a recibir votos, sen que lles conten a pesadez do voto útil. O voto é libre.

Pero polo menos, os abstencionistas ou cambiantes de voto, teñen que entender a enorme frustración que produce saber que vai haber PP para moitos mais anos, que ninguén pense que só catro, porque nin de coña. Ademáis, probablemente o PP gañe as próximas do Congreso. Porque se os votantes do PP foran tan exquisitos como os da esquerda, a estas alturas xa teríamos no haber diversos gobernos de esquerda e dereita. Pero non, a inmensa maioría dos votantes do PP sempre votan, pase o que pase, polo que se precisan grandes catástrofes para que a esquerda goberne.

Por iso esa enorme desesperación dos que si votaron por dar outra oportunidade. Tan lícita como os que se alegran da derrota para rexenerar a esquerda. E tan lóxica como a euforia desatada dos votantes da dereita.

Pero o povo é quen máis ordea, que dicía Zeca Afonso. O seu mandato é claro.

Anónimo dixo...

Iso é o que queremos crer, que "o povo é quen máis ordea" pro un home non é un voto!!
Aínda que en galiza hay máis xente de esquerda ca de dereita, infelizmente cáseque sempre mandarán os da dereita, pois é certo que os de esquerda sómosche máis "exquisitos" ao respecto e non delegamos o noso voto así porque sí. Ou queres que sexamos coma os do PP que son fideles aos seus e vótanos "pase o que pase", fagan o que fagan; mesmo sexan, caciques ou corruPPtos??...

Saúdos!!

Anónimo dixo...

Remo, eu non quero nada en especial. Que cada un vote o que queira. E gustaríame un parlamento galego con máis xente representada, como en Baleares, Euskadi, Cataluña, Aragón, e non sei en cal máis, pero nestes hai un mínimo de cinco partidos representados.

Agora ben, eu teño dereito a lamentar a perda da liña de costa, a lei do hábitat e a vivenda protexida, o tímido comezo dunha protección social e ata o carril bici a Baiona, a recuperación das masas forestales autóctonas, e que o Presidente (ten gracia o título) non insultara aos manifestantes diversos, que se crearan reservas mariñas pero sobre todo a sensación de liberdade que había, aínda que fora en xeral, un goberno decepcionante.

Lamento que seguiran coa política asfalteira, en lugar do transporte público e maior énfase no tren, coa política de (in)comunicación dos medios, de que seguira Superpiñeiro na tele, que a Rede Natura non se ampliara, que non se protexera o Courel (aínda que probablemente en referéndum prefira moita xente dalí que haxa canteiras), que non cambiaran a lei electoral, etc. Que o PSG non saiba moi ben que facer con Galicia e que o BNG deixara de lado as súas orixes de esquerda e "buscara o centro galeguista" e fixera videos chorras cos que finalmente fixo o ridículo.

E si, o povo é quen máis ordea, creo que hai unha maioría clara que quere que goberne o PP.

Espero, sinceramente, a renovación da esquerda que temos, a refundación dos partidos que compoñen agora a oposición e que haxa outros máis que contra vento e marea poidan entrar a formar parte da política que se fai en Galicia, e acabar cun tripartidismo aburrido.

Sexa benvida esta derrota.

Anónimo dixo...

Ola a todos
eu son o Penúltimo Anónimo"
Escribín un comentario pero parece que desapareceu, intentarei reproducilo de novo.

Eu non son militante do BNG nin do PSOE . No meu corazón alumea a anarquía . Pero mentres eu soñaba ca miña utopía o PP , facendo e desfacendo , construíu unha Galiza que non me agrada.
Por iso decidín que sen perder a miña esencia , dar o voto a aqueles que menos me desagradaban, ca intención de conseguir polo menos algo dos meus soños.
Se realmente credes que se pode facer política efectiva fora dos partidos politicos é unha mágoa que non o fixerades e paralizárades tanta desfeita como se fixo. Eu en todas as movidas que me metín conseguín unhas cantas carreiras, algún pau e pouco mais . Practicamente todalas cousas contra as que loitei na rua están feitas ou desfeitas agora.
Todalas manifestacións despois do Prestige demostraron o seu trunfo nas urnas . Se tivera gañado o PP houberan sido en balde , como tantas veces.
Xa me gustaría que a Galiza fose como Euzkadi ou Catalunya , onde o PP está practicamente derrotado. Tal vez votaría a outro partido ou tal vez me permitiría o luxo de non votar pero resulta que non, que esto é PPlandia e ata que estas siglas ocupen un papel minoritario na política deste país o voto útil debería ser unha obriga moral de todo esquerdista , esquecendo tanto sectarismo (secta)e tanta hostia. No poder , como ocurre sempre é onde teñen que aparecer as diferenzas .
Coñezo moitos case tan progres coma min. soñando con utopías que parecen semellantes porque están na oposición(ogallá estiveran na oposición) pero estou seguro que se un día chegaran ao poder se convertirían en rivais entre eles ou diferentes tendencias .
Din que o poder corrompe , seguro que é así , pero non só por roubar como pensan moitos senón porque , como dicía Lula " conseguín o goberno pero non o poder". Un tén que empezar a torear ca realidade . cas presións das empresas e dos traballadores.Hai que cuidar a Citroen para que non se vaia pero non se poden descuidar as esixencias dos traballadores. .
¿Como se pode defender a creación dun grupo lacteo competitivo e defender prezos altos do leite?
Non pretendo disculpar a ninguén só recoñecer que é moi facil dicir , " eu o faría millor". Facer unha política lingüistica adecuada para rexenerar a lingoa do pais pero atoparse con tantos atrancos como se atoparon e que estou seguro foi a baza fundamental que provocou o descalabro da esquerda.
Na última manifestación de Galiza Non Se Vende, se dicía " Bloque, Psoe, PP a mesma merda é"
Tal vez sexa así. Ogallá sexa así e nada cambie . Ogallá
O penúltimo Anónimo

Anónimo dixo...

La verdad es que hay tener una visión politica bastante miope para creer que el gobierno bipartito perdió las elecciones por el yate, el Audi o el gallego.No lo digo por vosotros, que nadie sé de por aludido. Pero si que hay un enorme porcentaje del electorado que así lo cree. No hace mucho que leia a un "sesudo" comentarista politico que reflexionaba sobre las elecciones gallegas afirmando que el PSOE las habia perdido por la "imposición" del gallego que pretendía el BNG. Tal y como apuntáis todos las causas han sido otras. Pero ciertamente la estrategia del PP ha calado, tal y como digo, en gran parte de los electores.