IX ÉPOCA

27.3.09

Apagón? si, pero de ideas.

Hei de confesar que a idea de facer un apagón reinvindicativo sempre me pareceu digna de ser apoiada. Sen embargo, cando vexo que as autoridades tamén participan nestas iniciativas comenzo a sospeitar. Sóname o conto a aquelas rogativas donde o pobo empobrecido saia en procesión presididos por curas e alcaldes de despensas cheas. Porque o cambio climático e a crise enerxética non é nin un temporal nin unha calamidade na que todos e todas teñamos a mesma responsabilidade.

Por iso pediríalle o Sr. Alcalde e mais a Sra Ministra que nos vai honrar no apagón simbólico, que aproveitaran eses minutos de escuridade para meditar sobre as políticas que seguén respecto do tema.
Moi en especial desexaría que o Sr. Alcalde reflexionara sobre a mobilidade nesta cidade. Os cidadáns levamos bastante tempo decíndolle que non queremos máis aparcamentos soterrados. Non queremos compralos nin queremos pagar as elevadas tarifas que fan inviable a súa explotación privada (consulten con Conycase que ten unha forte débeda co Concello). Ben é certo que un brillante concelleiro calificara os elevados prezos como "medidas disuasorias contra o emprego de automóbil". Razonamento retorcido que nos levaría a facer custosas autopistas con elevados peaxes para disuadir ós usuarios.

Parece mais acertado configurar os servizos públicos de maneira que o uso do coche particular se faga innecesario ou, se é o caso, imposible. Hai centos de iniciativas por Europa adiante e o Alcalde, presidente da Rede de cidades contra o cambio climático, as coñece. Por qué non facemos de Vigo un exemplo de cidade con mobilidade sostible? Por qué non podemos aspirar a sermos coñecidos polas iniciativas innovadoras nesta materia e deixamos os hoteis no medio da ría para máis adiante?

Levaríamos unha alegría se no medio do apagón o noso Alcalde apoiado pola Ministra anuncia que os cartos que ten adicados a estudiar novos aparcamentos serán invertidos en desmontar iluminacións ornamentais que "teatralizan" a cidade e comprométese a aumentar o número de viaxeiros no autobús nun 10% anual ou a ter un servizo de tren de cercanias para o próximo ano.

Precisamos medidas e non actos litúrxicos. Que non se apaguen as ideas.


5 comentarios:

Anónimo dixo...

O primeiro que hay que apagar é a violencia. Non é de recibo que persoas que queren dirixir a cidade se lien a paus, caso que está a sair en todos os medios de comunicación.
O parecer a irmán de Carmela e o marido se liaron nunha trifulca cunha “compañeira” que votara a lista contraria a da su irmán e dela mesma, posto que é costumen que o Abel leve nas súas candidaturas e nos postos de “confianza” familias enteiras.
Logo sae o reponsable de organizacón e di que “é unah coisa entre críticos, por que non lle saen as contas”. Ángel Rivas, que xa tuvo das súas como concelleiro e como membro do consello do Porto de Vigo o meter a filla nese organismo e ademais o ser director de unha empresa de formigóns que está traballando nas obras de Vigo sendo él concelleiro de grandes proxectos tal e como publicástedes nalgún comentario, agora o mintir debería de dimitir de tódolos seus cargos, igual que a concelleira alpinistas que se ausenta meses das súas responsabilidades, e non digamos nada do de urbanismo.

O Abel ou fai un cambio rápido no seu goberno e nos seus asesores ou vai en picado.

En canto o aforro energético que empecen a cambiar as bombillas por as de baixo consumo, a tecnoloxia led é apropiada

Anónimo dixo...

dios mio,como está el patio

Remo dixo...

Como está o patio??...Pois, polo que vexo, aparés un tal "Anónimo" e despois de dicir: "O primeiro que hay que apagar é a violencia." (cousa que me parés moi razoable), pasa a relatarnos uns feitos baseándo-se en "O parecer". Despois pide a demisión dun "responsabe de organización", da "concelleira alpinistas" e remata dicindo: "e non digamos nada do de urbanismo.", así, sin máis, non acrarando-nos se o "non digamos nada" é porque ese de urbanismo tamén se "ausenta meses das súas responsabilidades" ou por qué.

Saúdos!!

xos dixo...

A mobilidade de transporte na cidade é o mello que pode facer o alcalde para loitar contra o cambio climático. Desde logo. Non só el. Porque un dos fracasos do bipartito autonómico estivo en non ser quen de crear estructuras de transporte efectivas nas cidades galegas, ou inicialas polo menos, ou crear esas áreas ¿metropolitanas? ¿comarcais? o nome non me importa que compartan recursos, problemas e solucións. Se tiveran feito iso, sería máis doado seguir consignas como o do "apagón"

Roque Soto dixo...

Que os grandes se apunten ao apagón é como cando Fenosa, Iberdrola, Citröen e outros mandaríns depredadores falan de enerxías renovables e traballar por un ambiente limpo para que as xeracións futuras vivan en armonía ca natureza.
Aquí estamos todos polo euro.
Que vaian todos ao carallo e quen lle sigue o conto.