IX ÉPOCA

9.3.17

10 razóns polas que Abel Caballero non vai gañar as próximas eleccións municipais

Como todo o mundo vai decatándose, Abel Caballero non ganará as próximas eleccións municipais e estas son as 10 razóns que motivan ese resultado


1. Caballero ten unha forma antiga de gobernar. Todo xira arredor da súa persoa, non forma equipo e pasan os anos e segue rodeado dos mesmo fieis que practican unha obediencia acrítica. El é o ideólogo, gobernante e portavoz, monopolizando a imaxe e a comunicación. Vai en contra dos tempos de cooperación, liderados compartidos e formación de equipos.

2. A súa presenza enfermiza nos medios de comunicación é a maneira que ten de relacionarse coa sociedade. Para conseguir un trato preferente establece convenios de colaboración que na maioría dos casos son imprescindibles para a supervivencia de periódicos e emisoras. Impide así o desenvolvemento de medios de información veraces que sirvan á sociedade á que se dirixen.
3.Practica un populismo conservador e escasamente democrático simplificando a política mediante

  • a presentación dun enemigo exterior (a Xunta, antes tamén a Deputación, Zona Franca, antes tamén o Porto) como causante dos males da cidade.
  • A concentración de toda actividade nun líder único que establece o contacto directo coa sociedade (os programas tipo Aló Presidente se multiplican) .
  • O encabezamento de mobilizacións seleccionadas e situadas sempre cerca das convocatorias electorais. Son actos aillados que reforzan a súa imaxe.
  • A presenza en todas actividades da cidade donde a súa condición de alcalde vese transformada nunha continua campaña electoral . E todo isto ofrecendo unha imaxe de sacrificio da súa vida pola cidade.

4. Contribúe ao deterioro democrático impulsando un partido ancorado nas institucións con un sistema de recompensas en cargos e salarios para manter a fidelidade dos militantes. Trata de homologarse aos lideres históricos que manteñen unha gran influencia a base de esquivar o funcionamento democrático. Asi apoia a defenestración de Sanchez e cando participa en decisión democráticas, vese nenguneado polas bases (no caso do seu candidato Méndez Romeu e, posiblemente, o mesmo lle pasará con Susana Diaz.) Ignora a unha chea de socialistas que hai tempo cansaron de lle rir os seus chistes xurásicos.

5. Non ten un proxecto de cidade de futuro. O seu urbanismo non existe. Emprega o mesmo un PXOM mal elaborado que unha lei de excepción “ “ad hoc”. Limítase a “conservar” a vella cidade a traveso das humanizacións e engade algunhas “imitacións” como a cidade vertical. O seu modelo de cidade ven converxendo co do PP: ambos ven unha cidade adicada a servizos turísticos. Non hai resposta á previsible crise da industria que cada día avisa da súa presenza.


6. Vigo está quedando fora dos movementos de transformación política que están acontecendo en multitude de cidades. Non participa nas redes que están conformando unha nova institucionalidade deixando atrás as vellas (deputacións, federacións ). Mentras outros equipos de goberno eficaces practican un goberno multinivel conscientes que o localismo é un atraso, Caballero segue encerrado nunha confrontación con réditos electorais dubidosos. Tampouco mostra interese pola recuperación de servizos básicos privatizados que ven acontecendo en toda Europa.


7. Vigo vive no atraso. Os problemas do século XXI non existen para Caballero. A cidade non encara problemas como a degradación medioambiental, o problema de un transporte sostible ou o cambio climático. Herdeiro do peor das políticas dos 80s, a cidade mata a canonazos problemas como a depuración con instalacións megalómanas que aumentan a vulnerabilidade da cidade.


8. A educación para Caballero redúcese a unha foto cos bolseiros que van aprender inglés e co mantemento de -outro servizo privatizado – escolas infantís. Sen embargo, non hai iniciativas para diminuír a fenda dixital, un serio obstáculo para a mobilidade no emprego e para a participación democrática. O mundo dixital non existe na cidade de Caballero que encerrado na súa maioría absoluta, ignora os novos mecanismos de empoderamento dos cidadáns.
9. O poder xustifica os medios. Esta é a máxima que preside o goberno de Caballero no terreo ideolóxico. Nen un impulso ao laicismo que demanda a diversidade da cidade. Segue comprometendo á Alcaldía de todos en actividades e crenzas de algúns. As procesións e símbolos son xustificadas con argumentos dos partidos conservadores.


10 Por último, os datos electorais indican que nas dúas últimas eleccións,Caballero quedou relegado á terceira posición na cidade. O ritmo de desaparición do bipartidismo acelérase. Sen dubida, está é a última maioría de Caballero. 

 

9 comentarios:

Anónimo dixo...

Non sendo persoa de facer apostas sinto ter que decir, lamentablemente, que Caballero non solo vai a conservar a maioría absoluta sinon que, ou moito mudan as cousas, ou non descartaría que esa maioría absoluta aumente nas próximas municipais. Do mesmo xeito que a esquerda galega (nomeadamente Marea e BNG) priorizan de facto as súas liortas antes que facer un frente común contra a dereita, en Vigo temos o mesmo escenario, como de feito tivemos nas anteriores municipais. Marea e BNG cada quen polo seu lado (e si cadra xá falaremos depois das eleccións) e Caballero recollendo os froitos desa fragmentación o mesmo día das eleccións. Cal vai a ser o mellor escenario? Que Marea manteña os tres concelleiros e si cadra o BNG consiga un? Que a "derrota" de Caballero sexa pasar de unha maioría absoluta con 17 concelleiros a unha maioría absoluta con 16?

Pablo Eifonso dixo...

Si. Á racionalidade do escrito oponse a irracionalidade dos feitos. E a incapacidade da esquerda, non de poñerse de acordo para facer frontes comúns, senon de construir unha cultura urbana, un programa e unha acción política que desmonte as falacias de Abel.
Debemos lembrar que o BNG xa despreciou a súa oportunidade gobernando sen que poidesemos diferencialos dos de sempre.
Non abonda con ter concelleiros, senon que hai que saber que facer.

Pablo Eifonso dixo...

http://vigoblog.blogspot.com.es/search/label/BNG

Calvario dixo...

Va a ser que no, optimista redactor, para nuestra desgracia. Con el BNG desaparecido merecidamente por poner a Corina y con Marea falto de iniciativas, difícil lo veo. Es más, para mí que va a sacar más ventaja habida cuenta del papelón que está haciendo el PP poniendo palos en la rueda

ines dixo...

Unha cidade que cada vez perde máis emprego, que deixa atrás o seu pulo industrial para convertirse nun parque de atracións... mais non vemos como nos sitios onde hai máis currupción a xente segue votando aos mesmos?

ines dixo...

Non vai gañar porque está perdendo os nervos


Caballero y la Marea «fascista»
El alcalde carga contra el grupo de la oposición por exigir la lista de contratos de confianza tras la imputación de un funcionario

ines dixo...

Cada vez teño máis dúbidas. A xente non quere pensar e A DEREITA, nas municipais, está con él

Anónimo dixo...

A Vigo no le interesa la mayoría absoluta de Abel, debemos evitarla entre todos.
VIVA VIGO

seguimiento dixo...

La movilidad en las ciudades es uno de los mejores indicativos de modernidad y eficacia. No prestamos suficiente atención al problema del transporte en Vigo opiniones mrw vigo