IX ÉPOCA

18.1.15

O Bernardo Alfageme e a deber da boa Administración

Colocar o Bernardo Alfageme nunha rotonda é un insulto ao deber que teñen as Administracións públicas de administrar e conservar os bens culturais que pertencen á toda a comunidade. É, neste sentido, dilapidar o diñeiro público, utilizalo impropiamente.

Conservar o barco histórico (que valor material teñen os bens culturais?) de xeito que poida cumprir a súa función social, no lugar que loxicamente lle corresponde, no Museo do Mar de Galicia, non é dilapidar o diñeiro público: é xestionalo con responsabilidade.

Posiblemente a polémica situouse inicialmente nun lugar non moi afortunado, pero cheo de razóns: non se trata de que só se utilicen os diñeiros públicos en axudas sociais, senon que estes se usen conforme á responsabilidade pública e a defensa da maior valoración dos bens públicos.

A virtualidade que ten a mobilización de Coia é poñer sobre a mesa, dunha vez nesta cidade, que a Administración ten que estar orientada á satisfacción do interese público e non ao puro e duro electoralismo dun alcalde que quere perpetuarse no poder municipal a costa do que sexa, usando a manipulación, a mentira e a coacción como forma de goberno. A mobilización de Coia ten a virtualidade de dar o pistoletazo de saída para o control cidadá do gasto público, da defensa a ultranza do bo uso dos recursos de todos.

É fácil descalificar ao movemento cidadá incidindo nas súas lóxicas contradiccións. Pero Coia estanos dicindo que hai que parar a dilapidación do público, que hai que parar o derroche decorativo, os investimentos en fume, a falta de planificación, a ausencia de participación cidadá, o despotismo desilustrado que nos goberna.

Nunca é tarde: as forzas políticas teñen a obriga de coñecer como se gastan en realidade os presupostos municipais, de controlar con información abonda o mal uso dos recursos, a ausencia dunha actuación conforme a prioridades e á sostibilidade futura. Exemplos hai moitos, pero deberiamos centrarnos nos máis próximos no espazo e no tempo:
as escaleiras mecánicas, a insostibilidade das chamadas "humanizacións", máis próximas á mentalidade de novos ricos que a unha autentica e fincional urbanización acorde coas necesidades de mobilidade e calidade medioambiental; a inxustificable e millonaria ampliación da ponte de Rande e o desdobramento do Corredor do Morrazo (cando esmorece o máis lóxico, racional e sostible ambientalmente tráfico de ría); a construción dun vial alternativo á A-9, cun gasto millonario e un tremendo impacto ambiental; a creación de equipamentos culturais perfectamente prescindibles pois non repostan a verdadeiras e prioritarias necesidades, como a Pinacoteca ou o Centro Galego de Fotografía (co MARCO a 500 metros infrautilizado, con dous centros culturais --da antiga Caixa de Aforros- en mans privadas cando foron pagados co esforzo dxs traballadorxs desta cidade), o millonario gasto en Balaídos mentres o Club anda a mercarse unha cara sede social...

Teñen as forzas políticas da esquerda en Vigo que facer un esforzo por espabilar, pois, moitas veces, amosan unhas inercias e un descoñecemento fondo da política municipal e semellan só funcionar a golpes de acción/reacción, como se carecesen dun proxecto elaborado para esta cidade. En Vigo gobérnase dende hai décadas a golpe de ocorrencias e intereses privados de variada índole. Vai sendo hora de que os programas municipais da esquerda partan dun bo diagnóstico e ofrezan máis cá unha relación de boas intencións e reivindicacións.

A mobilización contra o barco na Rotonda, valente e responsablemente encabezada pola Asemblea Aberta de Coia e a Comunidade de Base de Coia transfórmase, máis alá das súas concrecións, contradicións e anécdotas, nunha metáfora dese empoderamento popular que desexamos. Pon crúamente de manifesto a verdadeira cara represiva e antidemocrática do alcalde, das irregularidades (esta é unha de tantas!) na contratación pública, demasiadas veces esquiva co principio de legalidade, arbitraria e sesgada cara ao interese privado.

Defender a mobilización contra a colocación do barco na rotonda vais máis alá, penso, deste feito en si: pon sobre o tapete a capacidade da poboación de dicir que sen nós, non.

E por aí debe continuar: ocasións para dicir non ao dispendio dos recursos públicos hai, e haberá infelizmente, moitas.

8 comentarios:

Voz en off dixo...

Custa máis o barco no estaleiro que na rotonda.

Anónimo dixo...

A medida que pasan as semanas as voces en contra que se pronuncian públicamente aumentan, comezando pola maioría da corporación, as que están a favor (básicamente Caballero e os seus concelleiros/as) siguen sendo as mesmas. Un clamor. A clave do asunto deixouna meridianamente clara o alcalde hai un días "me da igual lo que digan". Democracia?

Voz en on dixo...

Máis barato aínda: afundilo (sería unha singular e visitable nova morada para a fauna mariña da ría), para chatarra (haiche moito sector metal aquí) ou en cachitos comercializables como recordo desta maravillosa cidade...
(verdade que non?... pois iso... non todo vale)

Anónimo dixo...

Juas, no hay obra ni proyecto vigués del gusto del tal Eifonso, jojo, afortunadamente sois cuatro gatos politiqueros, exactamente igual que los alucinados y demagogos de la rotonda.

Ataturk dixo...

El problema no es el barco sino que lo imponga un alcalde sobre todo el Pleno, cosa que puede hacer con Ley de grandes ciudades, que debe cambiarse. La ciudad tiene que ser gobernada por la mayoría democrática que elegimos y esa la representa la Corporación.
Pero que esto no nos distraiga de otros disparates, sobre todo económicos, y me refiero al parque infantíl de Castrelos que sale por 390.000 euros solo en aparatos ytoboganes.
En este momento para gloria electoral de los que solo ven la cáscara de la ciudad o el hormigón,o los regalos al Faro y al Celta. Comisiones aparte claro, clarísimo.
Ataturk.

ines dixo...

Pois este alcalde xa é como Deus, está a conseguir que eses "catro gatos politiqueros" estense a multiplicar. Lembras a parábolo de "los panes y los peces" anónimo???

Marcos Andión dixo...

Cuando un alcalde ignora (a saber por qué)las demandas ciudadanas no está legitimado para seguir en el cargo, aunque sea legal.

Anónimo dixo...

Efectivamente en Vigo temos demasiada xente buscando un sillón no que sentar o cú... e moi pouca xente disposta a traballar con intelixencia a prol das necesidades e proxectar un futuro sostible e racional para Vigo.