IX ÉPOCA

22.8.14

Decoración de medianeiras e prioridades urbanas

O Concello de Vigo vén de anunciar o inicio dun programa de decoración de medianerias mediante actuacións artísticas. O programa, suxerido pola asociación Outro Vigo é Posible e recollido con entusiasmo polo goberno municipal, vén sendo a reedición dunha vella iniciativa municipal dos anos 80 do século pasado, encabezada polo daquela concelleiro de cultura do PSOE Francisco Santomé.
Daquel programa executáronse catro ou cinco medianeiras, facéndose posteriormente algunhas poucas máis de xeito esporádico.
Tras aquela ocorrencia oitenteira de curto percorrido, no novo século o Concello de Vigo convocou (pax 16 do BOP) durante varios anos axudas económicas á rehabilitación de fachadas e cubertas de edificios de interese histórico ou destacados na paisaxe urbana. Un programa que, posteriormente se retomou coa creación do Consorcio do Casco Vello con axudas circunscritas ao ámbito deste barrio histórico e do PEPRI de Bouzas.
Axudas que, pensamos, hai anos que non se convocan fóra dos ámbitos do Casco Vello e Bouzas.

Non nos parece mal a iniciativa de decorar as medianeiras sempre e cando se actúe con criterios artísticos contrastados e se executen coa calidade debida. Pero non é o que Vigo necesita urxentemente en canto á mellora da imaxe urbana e crémos que, coa escasez de medios actuais, hai prioridades neste sentido e estas son as da mellora da estética e seguridade das fachadas e cubertas dos edificios de interese histórico ou ambiental.
O fomento da rehabilitación mediante axudas económicas aos propietarios para a rehabilitación de cubertas é imprescindible para garantir a  pervivencia do vello caserío vigués, ao ser un elemento crítico para lograr a conservación dos edificios e a súa futura rehabilitación integral.
O coidado e rehabilitación das fachadas, mediante a súa limpeza, restauración ou renovación de carpinterías exteriores, o pintado de paramentos, é unha operación economicamente asumible e que ten un inorme impacto sobre a apreciación dos edificios e a imaxe urbana.

Por outra parte, as actuacións de rehabilitación destes elementos da edificación, supoñen unha aportación importante nas actuais circunstancias para o sostemento do sector da construcción que ve neste tipo de obra unha posibilidade de combatir a grave crise que padece.

Son virtualidades que non ten un programa de decoración de medianeiras que, á hora de gastar os escasos recursos públicos e privados, debería estar nun segundo plano nas prioridades do goberno municipal. Infelizmente en Vigo prima, dende hai moitos anos, un concepto decorativista da cidade, moi presente nas actuacións nos espazos públicos (nos que sobrancea o gusto obsesivo pola maceta) Concepto puramente circunstancial e que non contribúe á mellora permanente e sostible do espazo e imaxe urbana.

Sensibilidade fronte a sensiblería. Arquitectura fronte a artificiosidade. Decoración ou rehabilitación?

4 comentarios:

Voz en off dixo...

Non me convence de todo a idea!!

Anónimo dixo...

Faltaría más que aquí algo convenciera. NON a la remodelación de la fachada de Elduyen-Princesa-Argüelles y non a acabar con el feísmo urbanístico de las medianeras.

Es una iniciativa fantástica porque a algunos nos gusta vivir en una ciudad bonita y cuidada no en el siglo XIX

Pablo Eifonso dixo...

Anónimo (insistimos en que compriría -se realmente o que se quere e debatir- usar un nome ou alcume para encabezar os comentarios), se queres, entra no fondo do asunto (lér algo máis cá primeira liña, por favor) e poderemos ir argumentando.
Como verás nós si falamos de fachadas da nosa cidade(o de Princesa trátase de espazo público xa rehabilitado que agora se preténde decorar!), pero de poñer en valor a edificación histórica. Como debes saber, os recursos públicos son limitados e cómpre priorizar o gasto. Consideras de maior transcendencia para a imaxe da cidade decorar as medianeiras que rehabilitar as fachadas?

Ataturk dixo...

Me parece más importante preparar las medianeras y la razón es sencilla. Los edificios son particulares y el gasto debe ser de sus propietarios, salvo que el Concello participe en la propiedad, lo cual es una idea a considerar y activar, pero mientras tanto adelante con las medianeras.
Y sigo reclamando la presencia de Raquel en el blog.
Saludos.
Ataturk.