IX ÉPOCA

7.12.12

Extra morro


Segundo unha información que me chega, os nosos responsables políticos municipais -concelleiros/as- e os seus “asesores” (pero de verdade hai alguén asesorando algo?), SI van cobrar este mes paga extra, provinte dos mesmos fondos municipais que din non son suficientes para pagarlla aos funcionarios e demais traballadores municipais. Ou hai ou non hai, digo eu.

Alguén entende algo?


Se é así, agradezo explicación (máis alá da que se me ocorre: o seu morro non ten límites e o persoal dí que chove cando lle mexan por riba).

Se ademais de morro, teñen dignidade, que renuncien a ela (á extra), como mínimo.

Alguén desminte a información?

6.12.12

Quen é o amigo de Diaz Ferrán en NCG?

As caixas foron e son moi criticadas pola presencia de "políticos" nos seus organos de xestión. Sen embargo os maiores erros de xestión non se poden apuntar na lista de estes políticos senon dos empresarios incrustados como directivos ou conselleiros dos bancos dependentes (Etxebarria e Gallego) A presencia de Alfonso Paz Andrade na CaixaGalicia é un bon exemplo.
Por eso que se de verdade existise a transparencia a estas alturas xa deberaimos saber quen autorizou eses 41 millóns que ese modelo de empresario chamado Diaz Ferrán debe a Novacaixagalicia.

5.12.12

Wanted



                                       de frente                                     de perfil
                                         de frente                                  de perfil

de frente y de perfil

Fichados: aunque sean todos los que están, no están todos los que son.

3.12.12

qué simpáticos


...los bancos; siempre tan simpáticos ellos.