IX ÉPOCA

7.12.12

Extra morro


Segundo unha información que me chega, os nosos responsables políticos municipais -concelleiros/as- e os seus “asesores” (pero de verdade hai alguén asesorando algo?), SI van cobrar este mes paga extra, provinte dos mesmos fondos municipais que din non son suficientes para pagarlla aos funcionarios e demais traballadores municipais. Ou hai ou non hai, digo eu.

Alguén entende algo?


Se é así, agradezo explicación (máis alá da que se me ocorre: o seu morro non ten límites e o persoal dí que chove cando lle mexan por riba).

Se ademais de morro, teñen dignidade, que renuncien a ela (á extra), como mínimo.

Alguén desminte a información?

Ningún comentario: